iTERRA

iTERRA Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de iTERRA, Educación, Facultade de Veterinaria, Pavillón 4, Planta 3, Campus Terra, Lugo.

🌳 Comprender mellor a contribución dos soutos á resiliencia territorial, á conservación da biodiversidade e ao mantement...
05/10/2026

🌳 Comprender mellor a contribución dos soutos á resiliencia territorial, á conservación da biodiversidade e ao mantemento de paisaxes culturais.

A isto contribúe un estudo que Joaquín Camba, estudante da EPS de Enxeñaría, e Emilio Díaz, investigador do iTERRA, veñen de presentar sobre as paisaxes de soutos do noroeste de España como sistemas socioecolóxicos multifuncionais.

Os investigadores compartiron o seu traballo en Toquio, nun workshop organizado polo Instituto de Estudos Avanzados sobre Sustentabilidade da Universidade das Nacións Unidas (UNU-IAS).

O estudo será publicado xunto con outros na Satoyama Initiative Thematic Review (SITR12), unha colección científica editada por Springer Nature.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/epse-aborda-xapon-avanzar-cara-relacion-equilibrada-sociedades-humanas-natureza

🧪 Como se determina o patrón de resistencia aos antibióticos en E. Coli?Iso é o que puideron aprender durante a iTERRA T...
02/10/2026

🧪 Como se determina o patrón de resistencia aos antibióticos en E. Coli?

Iso é o que puideron aprender durante a iTERRA Talent Week os estudantes que participaron no taller práctico do grupo LREC (BEZESA).

Mentres que outro grupo de estudantes aprendeu que nos poden contar os minerais sobre a saúde das persoas, dos animais ou o medio ambiente da man do grupo se investigación IMedA.

Estas actividades foron dúas das 12 experiencias prácticas de investigación que organizaron os diferentes grupos do iTERRA para decenas de estudantes do Campus Terra USC ao longo desta semana.

👩🏻‍🔬 Decenas de estudantes do Campus Terra USC estanse mergullando no eido da investigación a través das 12 actividades,...
30/09/2026

👩🏻‍🔬 Decenas de estudantes do Campus Terra USC estanse mergullando no eido da investigación a través das 12 actividades, seminarios e cursos que conforman a iTERRA Talent Week!

🩸 Hoxe, un grupo de estudantes descubriu, no laboratorio do grupo SUPRABOIN, que é a biopsia liquida e o seu papel na investigación en cancro.

🧪 Mentres que varios grupos de participantes asistiron a un obradoiro de fabricación de dispositivos microfluídicos en PDMS mediante impresión 3D para a análise de alimentos, impartido por investigadoras do grupo LHICA.

As investigacións que levan a cabo os grupos do iTERRA contribúen a buscar solucións aos grandes desafíos aos que nos enfrontamos e facer partícipe delas aos futuros investigadores é clave para asegurar a súa continuidade!

Como se poden transformar os residuos agrogandeiros, agroalimentarios e forestais en novos recursos para avanzar cara un...
29/09/2026

Como se poden transformar os residuos agrogandeiros, agroalimentarios e forestais en novos recursos para avanzar cara unha economía máis circular e sostible?

Sobre esta cuestión xirou Agrovalor 2026, un encontro organizado polo iTERRA, o Campus Terra USC e a Unidade de Xestión Ambiental e Forestal Sostible da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co IRNAS-CSIC e a Fundación INFIAR.

Ao longo de dous días, máis dun cento de investigadores, profesionais, emprendedores, cooperativistas e estudantes abordaron cuestións como a xestión e valorización de xurros e outros residuos gandeiros, a produción de bioenerxía ou a recuperación e reciclaxe de nutriente.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/foro-agrovalor-reivindicou-necesidade-avanzar-xestion-residuos-cara-valorizacion-recursos

🔬✨ A ciencia vén de tomar esta tarde o corazón de Lugo!A iTERRA Night 2026 encheu o soto da Praza de Abastos de experime...
25/09/2026

🔬✨ A ciencia vén de tomar esta tarde o corazón de Lugo!

A iTERRA Night 2026 encheu o soto da Praza de Abastos de experimentos, curiosidade e moitas ganas de descubrir.

🧬 ADN, células, saúde animal, microminerais, alimentación, solo, árbores, fibra óptica… Investigadoras e investigadores de iTERRA, o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra USC, achegaron o seu traballo á cidadanía a través de obradoiros e experiencias para todas as idades.

Unha xornada inolvidable para mozas e mozos de todas as idades.

🧪✨ A Noite Galega das Persoas Investigadoras está de volta en Lugo!Este venres terá lugar, no Mercado Municipal Quiroga ...
23/09/2026

🧪✨ A Noite Galega das Persoas Investigadoras está de volta en Lugo!

Este venres terá lugar, no Mercado Municipal Quiroga Ballesteros e na Praza de Abastos, unha nova edición da G-Night, que ofrecerá ao público unha vintena de obradoiros e experiencias interactivas de balde entre as 18:00 e as 22:00 horas.

Organizado polo grupo de innovación docente XuvenCiencia e pola asociación de persoal investigador novo AgroMar, o evento permitirá ás persoas asistentes afondar en temas tan variados como a influencia dos algoritmos na decisión de compra, os riscos para a infancia e adolescencia dos terminais móbiles e das redes sociais ou a resistencia aos antibióticos das bacterias.

Lembramos que, de xeito simultáneo, desenvolverase no soto da Praza de Abastos a primeira iTERRA Night, unha xornada na que a cidadanía poderá coñecer de primeira man as investigacións que se fan dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (iTERRA) do Campus Terra USC no que será unha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para tódalas idades.

https://www.usc.gal/gl/xornal/eventos/noite-galega-persoas-investigadoras-night-lugo

🚨 Últimas horas para inscribirte nas actividades da iTERRA Talent Week!Se es estudante de grao ou master, tes ata mañá m...
22/09/2026

🚨 Últimas horas para inscribirte nas actividades da iTERRA Talent Week!

Se es estudante de grao ou master, tes ata mañá mércores 23 de setembro para escoller entre un amplo abanico de talleres e experiencias prácticas que abarcan materias como a investigación da patoloxías en peixes, a transformación dos espazos rurais, os patóxenos alimentarios, o control de parasitos ou os biomarcadores de estrés para garantir o benestar do gando.

En función das túas preferencias, os horarios das actividades e as prazas dispoñibles, a organización deseñarache un itinerario personalizado.

Os talleres e experiencias son totalmente gratuítos e realizaranse entre o martes 29 de setembro e o xoves 1 de outubro no Campus Terra USC.

Ademais, o luns 28 presentaremos aos grupos participantes e entregarémosche un pasaporte no que poderás ir engadindo cada adhesivo que recibas por participar nunha actividade.

E o venres 2 de outubro organizaremos un encontro con investigadores para abordar como é traballar en investigación, como se inicia un na carreira investigadora, que bolsas e contratos hai ou que oportunidades existen no eido empresarial.

✍🏻 Inscríbete neste formulario: https://forms.cloud.microsoft/Pages/ResponsePage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe-eOkrL4SRhFqSeXJRY4rmNUOFc5NTRJUkxTUjU2Q09MSTEzSzFRNzVDQi4u

🔬🌛 Este venres tes unha cita coa ciencia no centro de Lugo!O día 25, entre as 18.00 e as 22.00 horas, terá lugar no soto...
21/09/2026

🔬🌛 Este venres tes unha cita coa ciencia no centro de Lugo!

O día 25, entre as 18.00 e as 22.00 horas, terá lugar no soto da Praza de Abastos un novo evento de divulgación científica que non te podes perder: a iTERRA Night 2026.

Esta actividade, que se realiza como evento asociado á European Researchers’ Night, será un escaparate perfecto para achegar á cidadanía as investigacións que se fan dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (iTerra) do Campus Terra USC, no que será unha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para tódalas idades.

Durante a xornada as persoas asistentes poderán participar en diversos obradoiros e actividades prácticas que porán o foco en temáticas ben variadas, como o ADN, as células, a saúde animal, os microminerais, a alimentación, o solo, as árbores ou a fibra óptica.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/ciencia-experimentacion-aprendizaxe-principais-ingredientes-primeira-edicion-iterra-night

🔬 Queres participar directamente nas investigacións que levan a cabo os grupos do iTERRA?Entre o 28 de setembro e o 2 de...
15/09/2026

🔬 Queres participar directamente nas investigacións que levan a cabo os grupos do iTERRA?

Entre o 28 de setembro e o 2 de outubro vai ter lugar a iTERRA Talent Week, unha semana na que organizaremos talleres prácticos, demostracións, experiencias de campo, análises de datos ou obradoiros sobre técnicas experimentais.

O obxectivo destas actividades gratuítas e destinadas a estudantes é descubrir se a investigación «chegará a formar parte do futuro académico ou profesional das persoas participantes», en palabras de Marta López, directora do instituto.

Na web da iTERRA Talent Week podes consultar tódalas actividades dispoñibles, os espazos do Campus Terra USC onde terán lugar e o horario. Ademais podes inscribirte seleccionando as actividades nas que queres participar. A organización elaborará un itinerario para cada participante en función das súas preferencias e da dispoñibilidade de prazas.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/nace-iterra-talent-week-semana-inmersion-investigacion-cientifica-desenvolve-campus-lugo

10/09/2026

«A sociedade non nos expón por separado un problema agrícola, un forestal, un tecnolóxico e outro ambiental; exponnos retos complexos que requiren coñecementos diversos, capacidade para traballar en equipo e unha visión global».

Desta maneira, Carlos Amiama reivindicou na súa toma de posesión como novo director da EPS de Enxeñaría o potencial que ten a escola para xerar sinerxías entre diversos eidos e formar a profesionais capaces de intervir nos grandes desafíos aos que nos enfrontamos.

O investigador do iTERRA puxo en valor a integración da EPSE no Campus Terra USC, de cara a consolidar á EPSE como un referente científico e social «nos ámbitos de coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e ambiental do uso da terra».

No acto, presidido pola reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, tamén interveu a directora saínte, Rosa Romero.

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/carlos-amiama-mantera-epse-escola-aberta-esixente-innovadora-profundamente-conectada-sociedade

Dirección

Facultade De Veterinaria, Pavillón 4, Planta 3, Campus Terra
Lugo
27002

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando iTERRA publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir