22/06/2023
Bueno amiguiñxs este curso xa finalizou pero non vos preocupedes isto non é un adeus senón un ata pronto, vémonos en setembro coas pilas cargadas. Foi un pracer compartir o noso día a día con todXs vós.
FELIZ VERÁN A TODXS!
20/06/2023
Hoxe foi un día moi “chuli” fixemos unha saída a un parque da contorna, merendamos e xogamos. Os alumnos/as de 6º de E.I. tamén realizaron unha visita ao C.E.I.P. Rosalia de Castro ao que acudirán o seguinte curso. Moitas grazas polo recibimento.
12/06/2023
Boas a todXs!♟️
A semana pasada e esta puidemos g***r dunhas sesións de xadrez con .c.xaquedrum . Non vos podedes nin imaxinar o ben que o pasamos e o moito que nos gusta xogar ao xadrez.☺️
05/06/2023
Hola a todXs!
Hoxe, 5 de xuño, día Mundial do Medio Ambiente 🌱 plantamos unha moreira na contorna da nosa escola. Coidar, protexer e respectar a natureza forma parte dos nosos ideais.
02/06/2023
Boas amigXs!
Hoxe unha representación da nosa escola desprazouse á Cidade da Cultura para recoller o premio de Retos de Polos Creativos, na categoría de mellor proxecto de fomento de hábitos de vida saudable e sostibilidade, co proxecto Dragón Plasticón.
26/05/2023
Boas amiguiñxs!
Tanto o martes como o xoves desta semana fixemos unha saída cos distintos grupos á Casa dos mosaicos así como ao Centro de Interpretación da Muralla, puidemos aprender moitísimo a cerca da historia da nosa cidade.
Máis tarde puidemos g***r dunha merenda ao aire libre e dun intre de xogo no parque.
Pero sabedes que?? Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de E.I. que realizamos a visita o xoves puidemos coñecer a o cal foi moi amable connosco, un pracer coñecerte Boris.
22/05/2023
Boas!🧬
O pasado martes 16, OS nen@s da escola tivemos a oprtunidade de disfrutar do obradoiro SCIENCE IN ENGLISH. Durante esta xornada aprendimos en que consistía o chamado "Círculo de Newton" e mesmo tivemos a oportunidade de confeccionalo e experimentar de primeira man o seu funcionamiento.
19/05/2023
Pero aquí non acaban as sorpresas non… tivemos a sorte de coñecer a Máximus a mascota do C.B. Breogán que veu acompañada de dous xogadores Marko Lukovic e Justus Hollatz. Xogamos con eles, bailamos e puidemos facerlles preguntas. Que emoción!
Moitísimas grazas, volver cando queirades.
🏀