A fala do Fole

A fala do Fole Páxina de Facebook do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Ánxel Fole de Lugo

'Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística' (Consello da Cultura Galega, 2025) é a última obra adquirid...
02/10/2026

'Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística' (Consello da Cultura Galega, 2025) é a última obra adquirida pola biblioteca escolar para formar parte da sección de normalización e dinamización lingüísticas.

Editado por Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo-Garra e Miguel Guisantes-Alonso, o libro aborda algúns dos temas fundamentais da sociolingüística contemporánea, tanto galega como doutros contextos multilingües: o papel das persoas neofalantes, os conflitos arredor do estándar, a intermediación lingüística, o contacto entre variedades ou as dinámicas de lexitimación e exclusión que operan sobre as linguas minorizadas. Achegarnos ás súas páxinas é un bo xeito de reflexionar verbo da riqueza que supón a diversidade lingüística.

Consello da Cultura Galega

"Temos o deber moral [...] de enriquecer o noso patrimonio histórico e cultural. O que herdamos dos nosos antepasados e ...
21/09/2026

"Temos o deber moral [...] de enriquecer o noso patrimonio histórico e cultural. O que herdamos dos nosos antepasados e o que sexamos capaces de crear [...]. Galicia espera iso de nós. O pobo que non ten unha cultura de seu acaba sendo parasito de culturas alleas".
XOSÉ NEIRA VILAS

"inventar mapas
subir nun avión
buscar unha illa"

"fuxir dun cuarto pequeno
ser ousada
esperar a vida
como as cereixas"
SILVIA GARCÍA

Velaí dous obxectivos posibles para un curso que comeza: enriquecer o noso patrimonio histórico e cultural, seguindo os pasos de Xosé Neira Vilas, a quen se dedicará o Día das Letras Galegas de 2027, e saír ao encontro da vida, coa ousadía de quen, ao xeito de Silvia García, soña cousas grandes pero tamén sabe g***r das pequenas: 'esperar a vida / como as cereixas'.

Un ano máis, seguimos a confeccionar, por medio do 'plotter' de impresión e corte dos Polos Creativos, vinilos literarios con textos en galego para decorar as dependencias do centro. Oxalá resulten inspiradores para a comunidade educativa.

Durante os meses de maio e xuño, celebráronse, nos recreos dos mércores e os xoves respectivamente, un obradoiro de pand...
22/06/2026

Durante os meses de maio e xuño, celebráronse, nos recreos dos mércores e os xoves respectivamente, un obradoiro de pandeireta e canto e mais outro de baile tradicional galego.

O singular e marabilloso destes encontros é que estaban destinados principalmente ao profesorado e eran impartidos por alumnado, nun intercambio de papeis que resultou moi satisfactorio e enriquecedor.

Grazas inmensas a Nerea e a Sofía polas súas ensinanzas, o seu tempo e a súa ledicia. Foron as mellores mestras que poderiamos desexar. A tradición vive nelas e por elas.

Parabéns ao alumnado do Fole gañador no certame Consumópolis! 👏👏👏
19/06/2026

Parabéns ao alumnado do Fole gañador no certame Consumópolis! 👏👏👏

O alumnado dos clubs de lectura do Fole participou, o día 17 de xuño, nunha ruta literaria por Mondoñedo, seguindo as pe...
17/06/2026

O alumnado dos clubs de lectura do Fole participou, o día 17 de xuño, nunha ruta literaria por Mondoñedo, seguindo as pegadas que deixou na localidade o escritor Álvaro Cunqueiro (1911-1981).

Coa axuda dunha audioguía ficcionada da compañía teatral Chévere, o grupo fixo un percorrido, duns cincuenta minutos de duración, que o levou dende o antigo consistorio (actual Oficina Municipal de Turismo) ata o cemiterio vello, pasando por diversos puntos vencellados á figura de Cunqueiro: a estatua do escritor realizada por Juan Puchades, o seminario, as dúas casas (natal e vital) de Cunqueiro na vila, a fonte Vella, a Sociedade de Obreiros Católicos, a igrexa parroquial de Santiago etc.

Ademais, o alumnado visitou a catedral románica da Asunción (as naves, a terraza, os denominados "salóns góticos", o rosetón, o claustro etc.) e o Centro de Interpretación da Imprenta.

A xornada completouse coa procura, xa fóra da ruta, do graffiti 'Leva un traxe de chuvia', tributo do artista urbano Primo ao gran soñador que foi Cunqueiro.


asecas

Alumnado de 1.° ESO amósanos a biodiversidade do planeta: coñecer para valorar, valorar para preservar.
11/06/2026

Alumnado de 1.° ESO amósanos a biodiversidade do planeta: coñecer para valorar, valorar para preservar.

Alumnado de 4.º ESO participou, o día 4 de xuño, nun encontro coa escritora, xornalista e xestora cultural Eva Mejuto.A ...
08/06/2026

Alumnado de 4.º ESO participou, o día 4 de xuño, nun encontro coa escritora, xornalista e xestora cultural Eva Mejuto.

A charla xirou ao redor da novela xuvenil 'Memoria do silencio', que o estudantado asistente leu no presente curso. A autora reflexionou sobre o contexto espazo-temporal en que se desenvolve a acción (Galicia durante a II Guerra Mundial), o proceso de investigación previo á escrita (centrado na figura das ribadavienses irmás Touza, integrantes dunha rede de apoio a persoas fuxidas do nazismo), a creación e caracterización dos personaxes, a mestura de realidade e ficción etc.

Do 3 ao 17 de xuño, o IES Ánxel Fole acolle a exposición itinerante "Galegoza! A canción en galego", promovida pola Vice...
03/06/2026

Do 3 ao 17 de xuño, o IES Ánxel Fole acolle a exposición itinerante "Galegoza! A canción en galego", promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A mostra, que pretende dar a coñecer ao público máis novo a amplísima oferta musical no noso idioma, repasa a historia da música galega dende as últimas décadas do século XX ata a actualidade, a través das bandas e solistas máis influentes en diferentes estilos: o folk, o rock, o pop, o rap etc.

O alumnado de 1.º BAC desprazouse, o pasado 28 de maio, a Padrón e Santiago de Compostela para realizar varias visitas c...
01/06/2026

O alumnado de 1.º BAC desprazouse, o pasado 28 de maio, a Padrón e Santiago de Compostela para realizar varias visitas culturais.

En Padrón, o estudantado participou nunha ruta rosaliana, a través da cal descubriu, da man do escritor e profesor Manuel Lorenzo Baleirón, algúns dos lugares do concello vinculados á figura de Rosalía de Castro: a estatua do paseo do Espolón; a casa da antiga rúa do Sol onde a poeta pasou parte da súa infancia; a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o cemiterio parroquial, que acolleu os restos de Rosalía antes de ser trasladados a Santiago; a casa da Matanza, última morada da escritora, hoxe convertida en Casa Museo de Rosalía de Castro etc.

Pola tarde, o alumnado visitou, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura compostelá, a exposición temporal "Mundo expandido. Entre o físico e o virtual", que explora os límites da realidade física e da simulación dixital e afonda nos efectos da explosión dos mundos virtuais nas nosas vidas.


Alumnado de 3.º e 4.º ESO asistiu, o día 21 de maio, á proxección e coloquio de 'Morgana en Esmelle', serie audiovisual ...
22/05/2026

Alumnado de 3.º e 4.º ESO asistiu, o día 21 de maio, á proxección e coloquio de 'Morgana en Esmelle', serie audiovisual que adapta, en catro episodios curtos, a novela homónima de Begoña Caamaño. A miniserie, en cuxa difusión colabora a Deputación de Lugo, é un proxecto da cooperativa Aqueladas, dedicada á creación de contidos audiovisuais interactivos e transmedia en galego. Grazas a Irene Pin, directora da peza e exalumna do centro, por acompañarnos.




Dirección

Rúa Angelo Colocci, S/n
Lugo
27003

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A fala do Fole publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir