Centro Move

Centro Move Cremos nunha visión da saúde integral: o movemento e a rehabilitación de patoloxías son a base do benestar.

Especialistas sanitarios e do deporte traballamos cos pacientes e usuarios do centro para lograr o seu nivel óptimo de saúde. Servicios en MOVE (adultos, nenos, mamás & bebés):
- Fisioterapia xeral, deportiva e perineal.
- Osteopatía e osteopatía pediátrica.
- PNI clínica (psiconeuroinmunoloxía).
- Adestramentos individuais e en grupo para adultos, adolescentes, nenas e nenos.
- Readaptación física e recuperación de lesións.
- Adestramentos adaptados á patoloxía.
- Técnica de carreira.
- Preparación física de equipos federados e opositores.
- Valoración do estado de forma e charlas formativas.
- Ioga.
- Danza Barre.

🙌🏼 Ampliamos horarios de ioga en Move 🧘‍♀️Agora podes practicar desde ben cedo pola mañá, ao mediodía ou pola tarde ata ...
04/10/2026

🙌🏼 Ampliamos horarios de ioga en Move 🧘‍♀️
Agora podes practicar desde ben cedo pola mañá, ao mediodía ou pola tarde ata a última clase que será ás 20:30h.

🪴 Nunha aula chea de luz natural que invita á práctica, con grupos reducidos para unha atención personalizada e sen necesidade de que veñas cargada 🤲🏻 temos todo o material dispoñible no centro.

Se estás pensando en comezar, escríbeme por WhatsApp e buscamos o horario que mellor che encaixe. 🤍

📲 Naomi · 623 630 939

🍂 Outubro está chegando… comezan as clases de ioga🧘🏻🤸🏻 Info e reservas 📲 623 630 939✔️ Horarios amplos: primeira clase á...
22/09/2026

🍂 Outubro está chegando… comezan as clases de ioga🧘🏻🤸🏻 Info e reservas 📲 623 630 939

✔️ Horarios amplos: primeira clase ás 7 da mañá ata a última ás 20:30 da noite (tamén a mediodía ;)
✔️ Grupos pequenos con prazas limitadas para estar a gusto e ter unha atención máis personalizada.
✔️ Da igual se empezas de cero ou xa es yoguini, es benvid@ e avanzaremos xunt@s.

Por certo! Próximamente (work in progress):
🧒🏻👦🏼Yoga Kids (ioga para nen@s de 5/6-10 anos)
👩🏼‍🦰🧑🏻‍🦱Vinyasa Junior (ioga para adolescentes de 11 a 14 anos)

Interesados? 🤔 💭

🎉 10 anos de Marcos en Centro Move!Hoxe celebramos unha década compartindo adestramentos, aprendizaxes, retos e, sobre t...
14/09/2026

🎉 10 anos de Marcos en Centro Move!

Hoxe celebramos unha década compartindo adestramentos, aprendizaxes, retos e, sobre todo, moitos momentos con Marcos.

10 anos acompañando a persoas nos seus procesos, axudándoas a mellorar, a superar retos e a g***r do movemento. 🏋️‍♂️

Pero tamén 10 anos sendo parte da familia Move e contribuíndo, día a día, a facer crecer este proxecto.

Grazas por estes 10 anos, Marcos. E por todos os que quedan! 😊

03/09/2026

Cada proceso é diferente, pero todos teñen algo en común: o primeiro paso é decidir comezar.

Hoxe deixamos que sexa unha das persoas que forma parte de Move quen conte a súa experiencia. Como chegou, que cambiou desde que empezou e que lle diría a alguén que está pensando en dar o paso.

Porque, ás veces, a mellor forma de coñecer un lugar é escoitar a quen xa o vive desde dentro. 💚

Grazas por confiar en nós e por compartir a túa historia.

¿Cal destas frases dixeches ou escoitaches algunha vez? 👀En setembro falaremos un pouquiño máis de ioga por aquí. E se e...
28/08/2026

¿Cal destas frases dixeches ou escoitaches algunha vez? 👀

En setembro falaremos un pouquiño máis de ioga por aquí. E se estás pensando en probalo este outubro, xa sabes onde atoparnos. 🌿

📍 Centro Move
🧘‍♀️ Grupos reducidos
📩 Escríbenos para máis información

27/08/2026

Cada persoa ten un punto de partida diferente. Por iso, no adestramento individualizado non existen as rutinas estándar nin as solucións iguais para todos.

Neste vídeo falamos do que realmente significa adestrar de forma individualizada: escoitar, avaliar, adaptar e acompañar a cada persoa para que avance ao seu ritmo e con seguridade.

Porque o importante non é facer máis, senón facer o que ti necesitas para conseguir os teus obxectivos. 💪

Grupo Move ou Híbridos? 🤔Non hai unha opción mellor ca outra. Hai unha opción que encaixa mellor contigo.👉 Grupo Move es...
24/08/2026

Grupo Move ou Híbridos? 🤔

Non hai unha opción mellor ca outra. Hai unha opción que encaixa mellor contigo.

👉 Grupo Move está pensado para persoas que queren iniciarse, adestrar nun ambiente de grupo e progresar con exercicios adaptados ao seu nivel.

👉 Híbridos é a opción para quen xa conta cunha base de adestramento e busca unha metodoloxía máis avanzada, con maior frecuencia de adestramento e un nivel de esixencia superior.

O importante non é escoller o programa "máis difícil", senón o que che axude a avanzar de forma segura e constante.

💬 Se non sabes cal é o teu, escríbenos e axudámosche a decidir.

06/08/2026

🎁 Este agosto, recomendar Move ten premio.

Se traes un amigo e finalmente se apunta a adestrar con nós, regalámosche 3 sesións de adestramento.

Un pequeno agradecemento por confiar en Move e por axudarnos a seguir medrando coa mellor publicidade que existe: a recomendación das persoas que xa forman parte da nosa comunidade. 💙

30/07/2026

Chegou a Move tras unha operación de ligamento cruzado anterior e menisco 🦵

Co traballo de fisioterapia, forza e unha recuperación adaptada ás súas necesidades, hoxe está cada vez máis preto da recuperación total.

👉 Cada recuperación é diferente e require tempo, constancia e un acompañamento profesional en cada etapa.

💬 En Move, acompañámoste en cada fase da túa recuperación para que volvas con confianza e seguridade.

Dirección

Rúa Otero Pedrayo Nº8
Lalín
36500

Horario de apertura

Lunes 07:00 - 22:00
Martes 07:00 - 22:30
Miércoles 07:00 - 22:00
Jueves 07:00 - 22:30
Viernes 07:00 - 21:15
Sábado 09:00 - 12:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Centro Move publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Centro Move:

Atajos

Compartir