Educalecrín

Educalecrín Educación alternativa

Grazas por tantas vivencias, aprendizaxes e cariño 🥰Verónica: 634 61 61 92 : 687 37 46 67
31/08/2026

Grazas por tantas vivencias, aprendizaxes e cariño 🥰

Verónica: 634 61 61 92
: 687 37 46 67

28/05/2026

‼️ COMUNICADO IMPORTANTE 📣

Despois de 6 anos da creación da nosa cooperativa, e de 3 anos da apertura da Bosquescola A Merla Branca, este ano Educalecrín pecha de modo definitivo.

Sentímonos profundamente agradecidas por tódalas aprendizaxes adquiridas durante estos anos como persoas e como profesionais, algo que non sería posible sen vós.

Actualmente a cooperativa non cubre as nosas necesidades como traballadoras, é por eso que pechamos.

Só nos queda despedirnos de tod@s vós co corazón na mán e lembrando cada un dos momentos máxicos que vivimos neste proxecto e nesta etapa única para nós.

Educalecrín pechará de modo definitivo o día 30 de Agosto. Mentres tanto, tódolos seus servizos seguirán funcionando con normalidade.

Animámosvos a que as vosas crianzas participen dos últimos campamentos da bosquescola este verán, que coma sempre serán moi divertidos e estarán cheos de amor!

🌱 Para aqueles centros educativos, concellos, universidades, asociacións ou particulares que queredes seguir contando coas nosas formacións, coa nosa esencia e cercanía de sempre, informamos de que seguiremos ofrecendo charlas, obradoiros, xornadas, actividades extraescolares, campamentos, aniversarios, etc.

Estas formacións serán dirixidas por Verónica Ledo.

➡️ Para a súa contratación podedes contactar directamente no seguinte número:

☎️ Verónica Ledo 634 61 61 92

🌱 Igualmente para as persoas que lle queredes seguir ofrecendo ás vosas crianzas un espazo como o da bosquescola, informámosvos de que o curso que ven abrirá un proxecto moi similar, esta vez no casco urbán de Lalín, chamado A Aula de Nati.

Este proxecto será dirixido por Natalia González.

A continuación deixamos o enlace ás novas redes deste proxecto:

https://www.instagram.com/auladenati?igsh=MXh6NnFkdXFzcDFpZw==

https://www.facebook.com/share/1D1TR6B18b/

➡️ Para a reserva de praza podedes contactar directamente no seguinte número:

☎️ A Aula de Nati 687 37 46 67

Grazas e ata sempre.

Cada sorriso das vosas crianzas e cada palabra de cariño vosa, vivirán sempre no noso corazón ❤️🤗

Seguimos medrando 🌱🌳

27/05/2026

☀️🎒 𝐋𝐀𝐋𝐈́𝐍 𝐏𝐑𝐄𝐒𝐄𝐍𝐓𝐀 ❜𝐋𝐀𝐋𝐈́𝐍 𝐂𝐀𝐌𝐏❜
Os concelleiros Avelino Souto, Paz Pérez e Raquel Lorenzo presentaron a nova programación estival do Concello. Unha proposta que combina lecer, natureza, conciliación e unha aposta pola desconexión dixital (os menores non poderán usar aparatos tecnolóxicos durante as estancias).

𝗔𝘀 𝗺𝗼𝗱𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲𝘀 𝗱𝗼 ❜𝗟𝗮𝗹𝗶́𝗻 𝗖𝗮𝗺𝗽❜:

🧸 Campamento Miúdo (De 3 a 6 anos): Do 6 ao 10 e do 13 ao 17 de xullo (10:00 a 14:00 h). Cun total de 40 prazas dispoñibles.

🌲 Campamento Carballos (De 7 a 12 anos): Do 3 al 14 de agosto (9:00 a 14:00 h). Ofértanse 40 prazas.

♻️ Campamento Verde (De 3 a 13 anos): Do 13 ao 24 de xullo (9:00 a 14:00 h). Conta con 50 prazas enfocadas no coidado do medio ambiente.

🏖️ Campamento de Praia en Ribadeo: Este ano os nenos e nenas de 9 a 12 anos súmanse aos de 13 a 17 anos. Durmirán en réxime de pensión completa no Albergue A Devesa de Ribadeo, cun total de 60 prazas e actividades adaptadas a cada idade.

🏢 Servizo de Conciliación (De 3 a 12 anos): O bloque máis amplo con 80 prazas. Desenvolverase no Edificio Sociocultural da rúa Manuel Rivero do 22 de xuño ao 7 de setembro.

⚠️ 𝐂𝐨𝐦𝐨 𝐞 𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐚𝐧𝐨𝐭𝐚𝐫𝐬𝐞❓

Prazos: O período de inscrición abrirase o luns 1 de xuño e pecharase o vindeiro 12 de xuño.

Vías: Poderá tramitarse tanto de xeito presencial como por vía telemática.

Criterios de inscrición: Terán prioridade as solicitudes nas que traballen ambos proxenitores (ou un no caso de familias monoparentais) para favorecer a conciliación laboral e familiar. En principio, cada menor poderá participar nunha soa proposta agás que queden prazas libres.

04/03/2026
25/02/2026

💚 Tardes na bosquescola
🌱 Prazas dispoñibles 634 61 61 92 / 687 37 46 67

Dirección

Lalín

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 19:00
Martes 08:30 - 19:00
Miércoles 08:30 - 19:00
Jueves 08:30 - 19:00
Viernes 08:30 - 19:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Educalecrín publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Educalecrín:

Atajos

Compartir

Categoría