01/07/2026
O pasado sábado vivimos unha xornada moi especial coa graduación do noso alumnado dos ciclos de grao medio e grao superior de Administración.
Foi un día cheo de emocións, sorrisos e momentos inesquecibles, no que celebramos o esforzo, a dedicación e o crecemento de todas as persoas que hoxe pechan unha etapa para comezar novos retos.
Queremos darvos os parabéns polo camiño percorrido e desexarvos moita sorte nesta nova etapa. Estamos seguros de que o futuro vos agarda con grandes oportunidades.
Grazas tamén ás familias, ao profesorado e a todas as persoas que fixeron posible este día tan especial.
💙 Moitos parabéns, promoción 2026! Estamos moi orgullosos/as de vós.