04/11/2024
ANPA Agro de Abaixo CEIP Xesús Golmar
Esta páxina nace coa idea de informar nais, pais, titoras e titores do alumnado pertencentes ao CEIP Xesús Golmar
04/11/2024
08/10/2024
Recodamos dende o Anpa que o vindeiro día 17 de Outubro de 2024, se realizará a Asamblea Xeral Extraordinaria convocada o pasado día 30 de Setembro na propia Asamblea, recodarvos tamen para os que queiran presentarse a formar parte da Xunta directiva que tedes de prazo ata ese mesmo día, presentando o listado na secretaria do propio colexio.
Queridas familias,
Informámosvos de que, tras a aprobación realizada na Asemblea Ordinaria celebrada o luns, a cota anual da ANPA actualízase. A partir deste ano, a cota será de 20€.
Ademais, queremos comunicarvos que existe a posibilidade de contratar un seguro de accidentes complementario para o alumnado por un importe de 7,50€ anuais, doutra forma o alumnado participante nas actividades extraescolares e o servizo de conciliación deberán firmar o documento de exención de responsabilidade en caso de accidente. Este seguro inclúe unha ampla cobertura tanto no cole, como no serviço de conciliación e de actividades extraescolares, que abrangue:
* Asistencia sanitaria en centros concertados.
* Rotura de gafas.
* Asistencia psicolóxica.
* Asistencia en viaxes.
* Protección contra o ciberacoso.
* Chat médico para consultas de saúde.
* Gastos de estudo por incapacidade temporal.
* Cobertura de próteses e aparellos ortopédicos.
Se estades interesados nesta opción, é imprescindible que o comuniquedes á ANPA o antes do 16 de outubro, ou realicedes o pago especificando ese concepto de Seguro co nome do alumno/a no pago bancario. Necesitamos acadar un número mínimo de alumnado para que o seguro se poida contratar.
¡Non perdades esta oportunidade de proporcionar unha maior protección e tranquilidade para os vosos fillos e fillas!
Para máis información ou para confirmar o voso interese, non dubidedes en poñervos en contacto connosco.
¡Grazas pola vosa colaboración!
ANPA Agro de abaixo
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Categoría
Contacto la escuela/facultad
Página web
Dirección
Memorias Dun Neno Labrego, S/n
Lalín
36500
Horario de Apertura
| 09:00 - 10:00 |