ANPA Deza - CEIP Manuel Rivero

ANPA Deza - CEIP Manuel Rivero Asociación de Nais e Pais Deza do CEIP Manuel Rivero

📣 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIAEstimadas familias, o vindeiro martes 29 de setembro celebraremos a Asemblea Xeral O...
28/09/2026

📣 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA

Estimadas familias, o vindeiro martes 29 de setembro celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA Deza.

🕗 1ª convocatoria: 20:15 h
🕣 2ª convocatoria: 20:30 h
📍 Biblioteca do CEIP Manuel Rivero

Agardámosvos! 💙

🔬 OFERTAMOS NOVA EXTRAESCOLAR: “PEQUENOS/AS CIENTÍFICOS/AS” 🧪✨Unha actividade para experimentar, descubrir e aprender ci...
25/09/2026

🔬 OFERTAMOS NOVA EXTRAESCOLAR: “PEQUENOS/AS CIENTÍFICOS/AS” 🧪✨

Unha actividade para experimentar, descubrir e aprender ciencia dun xeito divertido, a través de experimentos, retos, natureza e proxectos creativos. 🌱🔎

📅 Martes de 16:00 a 17:00 h
📍 CEIP Manuel Rivero de Lalín
📞 Contacto: 634 616 192

👉 Aprender ciencia tamén é tocar, probar, preguntar e sorprenderse! 💙

💃 ZUMBA KIDS! 🎶Unha actividade para bailar, divertirse e facer deporte cos amigos! 🥳📅 Mércores⏰ De 17:00 a 18:00 h📍 CEIP...
22/09/2026

💃 ZUMBA KIDS! 🎶

Unha actividade para bailar, divertirse e facer deporte cos amigos! 🥳

📅 Mércores
⏰ De 17:00 a 18:00 h
📍 CEIP Manuel Rivero de Lalín

✨ Animádevos a participar!

🥋 CLASES DE KUNG FU INFANTIL💪 Unha actividade para aprender, divertirse e traballar a disciplina, a concentración, a con...
15/09/2026

🥋 CLASES DE KUNG FU INFANTIL

💪 Unha actividade para aprender, divertirse e traballar a disciplina, a concentración, a confianza e o respecto.

🗓️ Martes ou mércores
⏰ De 16:00 a 17:00 h
📍 CEIP Manuel Rivero de Lalín
🥋 Impartidas polo Club Kung Tai

✨ Anímate a probar!

⚽💙 SEGUIMOS CON XIRAFUTSAL NO CEIP MANUEL RIVERO! 💛⚽Un ano máis, o fútbol sala forma parte das nosas extraescolares para...
13/09/2026

⚽💙 SEGUIMOS CON XIRAFUTSAL NO CEIP MANUEL RIVERO! 💛⚽

Un ano máis, o fútbol sala forma parte das nosas extraescolares para desfrutar, aprender e facer deporte en equipo. 🙌

📅 Martes e xoves | 16:00–17:00 h
📲 Info: 666 703 127

🎨🏀🎭 XA TEMOS O LISTADO DEFINITIVO DAS EXTRAESCOLARES DO CURSO 2026/2027! 🎉Xa podedes consultar todas as actividades que ...
11/09/2026

🎨🏀🎭 XA TEMOS O LISTADO DEFINITIVO DAS EXTRAESCOLARES DO CURSO 2026/2027! 🎉

Xa podedes consultar todas as actividades que teremos este curso no ANPA Deza 💙

⚽️🎶⛸️ Moitas opcións para aprender, divertirse e compartir! 🤩

📲 Botádelle unha ollada ao cartel e anotádevos á que máis vos guste!

💙 Comezamos un novo curso cargadiño de actividades! 🚀

⛸️💚 Presentámosvos extraescolar no CEIP Manuel Rivero!Abrimos inscricións para Patinaxe Artística coa colaboración de Cl...
10/09/2026

⛸️💚 Presentámosvos extraescolar no CEIP Manuel Rivero!

Abrimos inscricións para Patinaxe Artística coa colaboración de Club AEHDE. ✨

📅 Luns, de 17:00 a 18:00 h
📍 Pavillón do CEIP Manuel Rivero

Unha actividade divertida para aprender, practicar e desfrutar sobre rodas! 🛼😊

👉 Animádevos a participar!
Para máis información e inscricións: ANPA Deza/ Club AEHDE.

UN PATIO PARA XOGAR, APRENDER E COMPARTIR 💛🎨Comezamos un novo curso cunha pequena gran transformación no noso patio! ✨Du...
09/09/2026

UN PATIO PARA XOGAR, APRENDER E COMPARTIR 💛🎨

Comezamos un novo curso cunha pequena gran transformación no noso patio! ✨

Durante estes días estivemos traballando para encher o patio de cor, xogos e novas posibilidades para desfrutar nos recreos. 🎲🧩🎨

Creamos diferentes propostas pintadas no chan para que os nenos e nenas poidan xogar, divertirse, moverse e aprender mentres comparten momentos cos seus compañeiros e compañeiras.

Porque un patio tamén pode ser un lugar para imaxinar, crear, experimentar e, sobre todo, g***r sendo nenos e nenas. 💫

Desde a ANPA, estamos moi felices co resultado e esperamos que este novo espazo lles regale moitos recreos cheos de xogos, risas e momentos compartidos. ❤️

Que comece o xogo! 🥳

🎶 MÚSICA E MOVEMENTO 🎶Comezamos a presentar as nosas actividades extraescolares para o curso 2026/2027! 💛🎵 Música e Move...
07/09/2026

🎶 MÚSICA E MOVEMENTO 🎶

Comezamos a presentar as nosas actividades extraescolares para o curso 2026/2027! 💛

🎵 Música e Movemento é unha proposta pensada para que os máis pequenos descubran e gocen da música dunha maneira divertida e participativa.

A través de xogos, cancións, danzas, dramatizacións e instrumentos de pequena percusión, traballarán o ritmo, a audición, a voz, a coordinación e a conciencia corporal. 🎶🥁💃

E, ademais de pasalo ben, a música favorece o seu desenvolvemento integral, potenciando a sensibilidade, a expresión, a creatividade, a interacción social e a intelixencia.

👧🧒 De 3 a 6 anos
🏫 Infantil e 1º de Primaria
📅 Xoves | 16:00 – 17:00 h
📍 Cole Manuel Rivero, Lalín
🎼 A cargo de Verónica L. Cid, profesora de música especializada en idades temperás. Descrición MÚSICA E MOVEMENTO.pdf

📞 Máis información: 677 705 068

Unha actividade para medrar, descubrir e expresarse… ao ritmo da música! 💕🎵

📚 APOIO EDUCATIVO NO VERÁNO Gabinete multidisciplinar de Psicoloxia e logopedia deAna García ofrece sesións de apoio edu...
17/06/2026

📚 APOIO EDUCATIVO NO VERÁN

O Gabinete multidisciplinar de Psicoloxia e logopedia deAna García ofrece sesións de apoio educativo dirixidas ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria.

🎯 Un servizo pensado para:
✅ Mellorar os hábitos de estudo durante as vacacións.
✅ Reforzar os contidos que presenten máis dificultade.
✅ Traballar técnicas de estudo.
✅ Potenciar a organización e a planificación do traballo escolar.

Unha oportunidade para afrontar o próximo curso con máis confianza e seguridade. 💪📖

TécnicasDeEstudo VeránEducativo

Dirección

Ronda Leste
Lalín
36500

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ANPA Deza - CEIP Manuel Rivero publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a ANPA Deza - CEIP Manuel Rivero:

Atajos

Compartir

Categoría