25/09/2025
👋 Ola! Son Cristina Fernández, e este ano cumpro 10 anos como profesora independente de inglés. 10 anos 🤪
Formeime co CELTA de Cambridge University, fun estudante visitante na Universidade de Oxford e tamén cursei iniciación Montessori no IMI Barcelona para aplicar parte desta pedagoxía ás miñas aulas.
Acompaño a estudantes de todos os niveis, especialmente na etapa de escolarización, reforzo académico e preparación de exames de Cambridge, sempre en grupos reducidos e con atención personalizada.
Ademáis son historiadora e investigo no campo da etnoarqueoloxía, e encántame divulgar o patrimonio da miña zona.
Vémonos! O luns comezamos 🤓