ANPA Alecrín do CEIP do Foxo

ANPA Alecrín do CEIP do Foxo Páxina da ANPA Alecrín do CEIP do FOXO

🎁 Xa temos gañador da cesta de Nadal! 🎁No sorteo celebrado o pasado 19 de decembro, o boleto gañador foi o 364,  rifa fo...
23/12/2025

🎁 Xa temos gañador da cesta de Nadal! 🎁

No sorteo celebrado o pasado 19 de decembro, o boleto gañador foi o 364, rifa foi vendida por Breixo Brey.

Queremos agradecer especialmente a Pintaletras, que foi quen donou a cesta de Nadal, facendo que este sorteo fose aínda máis especial para toda a comunidade educativa. Grazas polo voso apoio e colaboración! 💛

Grazas Pintaletras por ofrecer descontos especiais as familias da nosa comunidade educativa!
24/09/2025

Grazas Pintaletras por ofrecer descontos especiais as familias da nosa comunidade educativa!

É un verdadeiro pracer contar con aliados como Stradanza, que apoian a educación e o desenvolvemento integral dos nosos ...
25/08/2025

É un verdadeiro pracer contar con aliados como Stradanza, que apoian a educación e o desenvolvemento integral dos nosos peques. ¡Xuntos seguimos movendo o mundo do baile!"

Desde a Anpa Alecrin queremos expresar o noso  agradecemento a Sondodance por colaborar con nos a través da oferta de de...
25/08/2025

Desde a Anpa Alecrin queremos expresar o noso agradecemento a Sondodance por colaborar con nos a través da oferta de descontos exclusivos para os nosos socios.

✨ **Excursión as Illas Ons!** ✨🌊Este pasado fin de semana, o alumnado do CEIP O Foxo tivo a oportunidade de vivir unha e...
18/05/2025

✨ **Excursión as Illas Ons!** ✨🌊

Este pasado fin de semana, o alumnado do CEIP O Foxo tivo a oportunidade de vivir unha experiencia inolvidable nas fermosas Illas Ons, como parte do programa +Convivencia da Deputación de Pontevedra. 🌿🌅

A xornada comezou cun espectacular paseo en barco, onde os nosos alumnos e familias puideron contemplar a beleza natural da zona e aprender sobre a rica biodiversidade do lugar. Ao chegar, exploramos as calas e praias, desfrutamos de xogos ao aire libre e realizamos actividades de educación ambiental que fomentaron o respecto e a conservación da natureza. 🐚🥾

Ademais de g***r do ambiente natural, esta excursión permitiu ao alumnado convivir e fortalecer lazos de amizade, algo fundamental para a nosa comunidade educativa. 🤝💚

Agradecemos á Deputación de Pontevedra por apoiar estas iniciativas. 🚀✏️

01/03/2025

📢 ROSA FERREIRA, PREMIO HONORÍFICO AO LABOR DA MULLER DO CONCELLO DA ESTRADA

“Évos a luz que alumea. O faro que sempre nos vai guiar”🔦. Con estas e outras fermosas palabras xusficouse a candidatura -alentada pola ANPA Alecrín do colexio estradense do Foxo- de Rosa María Ferreira Castro ao Premio Honorífico ao Labor das Mulleres, que o Concello da Estrada concede co gallo da conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller. ♀️
🙌A proposta obtivo a unanimidade do xurado encargado de fallar este galardón, que dende hai 13 anos impulsa o departamento que dirixe Amalia Goldar a través do Centro de Información á Muller (CIM).
👩‍🏫Rosa Ferreira consagrou á ensinanza 44 anos da súa vida, 23 deles como directora.
📚Da súa man, o colexio do Foxo acadou cotas moi altas como centro sempre aberto e fondamente implicado coa actividade cultural. De feito, foron claves na súa traxectoria profesional o fomento da cultura na escola e o feito de entender a comunidade educativa en maiúsculas, apostando sempre pola xestión en equipo.
🖼️🚶‍➡️Exposicións, libros, roteiros culturais, obradoiros teatrais, obradoiros de poesía ou encontros con escritores, pintores e cantautores levan impreso o selo de Rosa María Ferreira Castro.

📆⏰ O acto de entrega do premio será o VENRES 7 de marzo, ás 20.00 horas.
📍 Será na Sala MOME e estará aberto a toda a cidadanía.

Dirección

Rubin
La Estrada

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ANPA Alecrín do CEIP do Foxo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a ANPA Alecrín do CEIP do Foxo:

Atajos

Compartir

Categoría