13/08/2026
🍋 Cociña, natureza e mans á masa! 🌾
No noso campamento Vida Salvaxe tamén hai tempo para meterse na cociña e descubrir novos sabores. Desta vez, os pequenos cociñeiros prepararon unhas deliciosas magdalenas de avea e limón. 🧁
Medir, mesturar, amasar, experimentar… e, por suposto, probar o resultado! 😋 Unha actividade na que traballamos a autonomía, a creatividade e o gusto por unha alimentación variada mentres aprendemos dunha forma divertida.
🌿 Porque en Vida Salvaxe tamén aprendemos cociñando.
ObradoiroDeCociña Magdalenas Avea ActividadesInfantís Verán2026