Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña

  • Home
  • Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña

Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña Contact information, map and directions, contact form, opening hours, services, ratings, photos, videos and announcements from Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña, Education Website, Rúa Orzán 21, Baixo, .

A Federación de ANPAs de Centros Públicos da Provincia da Coruña asesora e representa as ANPAs dos centros públicos de A Coruña e a máis está integrada en CONFAPA-Galicia e CEAPA.

Hai días que se celebran no calendario. E hai días que se senten.Hoxe, 25 de xullo, é o día para poñer en valor todo aqu...
25/07/2026

Hai días que se celebran no calendario.
E hai días que se senten.

Hoxe, 25 de xullo, é o día para poñer en valor todo aquilo que nos une: a nosa terra, a nosa xente, a nosa cultura e un patrimonio que recibimos das xeracións que nos precederon e que temos a responsabilidade de conservar e transmitir.

Pero, en realidade, todos os días son días de Galicia.

Orgullosas e orgullosos de ser galegos, desde a Federación Provincial de ANPAS da Coruña, seguiremos traballando ao lado das familias e da escola pública.
Porque as nosas nenas e nenos son as cidadás e os cidadáns galegos do futuro: nós construímos a Galicia que herdarán, e eles construirán a que deixarán ás súas fillas e fillos.

Que nunca nos falten motivos para celebrar Galicia, nin o compromiso para seguir facéndoa medrar.

Feliz Día de Galicia! 💙

📚✨ FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2026-2027Xa podes solicitar as axudas para libros de texto e...
19/05/2026

📚✨ FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2026-2027

Xa podes solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para o próximo curso.

📅 Prazo de solicitude:
Do 19 de maio de 2026 ás 08:00
ata o 19 de xuño de 2026 ás 15:00

👦👧 Dirixido a alumnado de:
✔ Educación Primaria
✔ ESO
✔ Educación Especial

🏫 En centros sostidos con fondos públicos de Galicia.

📖 Inclúe:
📚 Fondo solidario de libros
✏ Axudas para material escolar
🛒 Axudas para compra de libros

💻 Podes presentar a solicitude:
✔ Na sede electrónica da Xunta
✔ Ou presencialmente no centro educativo

https://sede.xunta.gal/es/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Link en Stories e destacadas

ESO Primaria EducaciónEspecial Familias Curso20262027 Galicia XuntaDeGalicia

🎓 BECAS NEAE 2026-2027Xa está aberto o prazo de solicitude das axudas para alumnado con necesidade específica de apoio e...
19/05/2026

🎓 BECAS NEAE 2026-2027
Xa está aberto o prazo de solicitude das axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

📅 Prazo:
Do 19 de maio de 2026 ás 08:00
ata o 10 de setembro de 2026 ás 15:00

👧🧒 Dirixidas a alumnado con:
✔ Discapacidade
✔ TEA
✔ Trastornos graves de conduta
✔ Trastornos da comunicación e da linguaxe
✔ Altas capacidades intelectuais

📚 Axudas para:
🚍 Transporte escolar
🍽 Comedor
🏠 Residencia
🗣 Reeducación pedagóxica e da linguaxe

💻 Solicitude exclusivamente online na sede electrónica do Ministerio.

📌 Código SIA: 050140

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2026.html

Link en Stories e destacadas.

TEA Discapacidade AltasCapacidades Familias Curso20262027 BecasEducación Galicia

Hai linguas que se aprenden… e hai linguas que se herdan co latexo da terra, co sal do mar e co son da choiva nas ventás...
17/05/2026

Hai linguas que se aprenden… e hai linguas que se herdan co latexo da terra, co sal do mar e co son da choiva nas ventás.

O galego é unha delas.

É a lingua na que falaron os nosos avós e avoas, na que escribimos o noso presente e na que tamén se contará o futuro das xeracións que veñen.

Unha lingua viva que lembra, crea e permanece.

Cada palabra en galego leva dentro un anaco da nosa historia, da nosa cultura e da nosa maneira única de entender o mundo.
Porque falar galego é moito máis ca comunicarse: é manter viva a nosa esencia!!

Dende a escola e dende as familias temos a responsabilidade e o privilexio de coidar a nosa lingua, facéndoa vivir nas aulas, nos patios, en cada conto, en cada xogo e no día a día. Educar en galego é educar en identidade, cultura e diversidade.

Neste Día das Letras Galegas celebramos a forza dunha lingua que segue medrando en cada conversa, en cada libro, en cada canción e en cada neno ou nena que a fai súa.

Feliz día das nosas letras!
Feliz día das letras galegas!


💙📢 Novidade para as ANPAs federadas!!Desde a nosa federación, e a través de acordos firmados pola nosa confederación, CO...
07/05/2026

💙📢 Novidade para as ANPAs federadas!!

Desde a nosa federación, e a través de acordos firmados pola nosa confederación, CONFAPA Galicia, seguimos traballando para achegar ás ANPAs ferramentas útiles que faciliten o voso día a día 🧩📲

As ANPAs federadas xa podedes acceder a condicións especiais en distintas plataformas de xestión:

🟢 ÁBACO
✔️ Xestión integral de socios, cobros e comunicación
✔️ Formularios, reservas e informes
🎁 30% desconto o primeiro ano
🎁 15% desconto permanente
🎁 Acceso gratuíto ata xuño de 2026
🌐 https://abacoapp.es/

🟠 APPAMPAS
✔️ Carné de socio dixital
✔️ Ferramentas de organización e xestión
🎁 15% de desconto
🌐 https://appampas.com/

E por suposto a aplicacion da nosa confederación estatal:

🟢 CEAPA
✔️ App gratuíta para ANPAs
✔️ Recursos e apoio para familias e asociacións
🌐 www.ceapa.es

📌 Como podedes acceder aos descontos?

📩 Escribídenos a:

[email protected]

Indicando a plataforma que vos interesa e facilitarémosvos o código correspondente.

Seguimos sumando recursos para fortalecer as ANPAs e facilitar a participación das familias na escola pública 💙

07/05/2026

💡📲 NOVAS FERRAMENTAS E DESCONTOS PARA AS ANPAs FEDERADAS!

Desde CONFAPA Galicia seguimos traballando para ofrecer máis recursos, máis apoio e unha xestión máis sinxela ás ANPAs federadas en:
👉 FANPA Pontevedra
👉 FAPA Ourense
👉 FEDAPAS Coruña
Grazas aos novos acordos de colaboración, as ANPAs federadas poden beneficiarse de condicións especiais en plataformas dixitais de xestión:

🟢 ÁBACO
✔️ Xestión integral de ANPAs
✔️ Comunicación, formularios, reservas e informes
🎁 30% desconto o primeiro ano
🎁 15% desconto permanente
🎁 Acceso gratuíto ata xuño de 2026
🌐 https://abacoapp.es/

🟠 APPAMPAS
✔️ Carné de socio dixital
✔️ Ferramentas de organización e xestión
🎁 15% de desconto
🌐 https://appampas.com/

E por suposto sigue ao voso dispor a da confederación estatal:
🟢 CEAPA
✔️ App gratuíta para ANPAs
✔️ Recursos, información e apoio para familias
🌐 www.ceapa.es

📌 Como acceder aos descontos?

Se a túa ANPA está federada, contacta coa túa federación provincial para solicitar o código correspondente.

30/04/2026

📣 AVISO IMPORTANTE

Peche de inscricións: acadamos o límite de aforo 🙌

A gran acollida desta xornada confirma o interese das familias por este tipo de formación. Grazas 💛

👉 Ás persoas inscritas: se recibistes confirmación de praza, pregamos que confirmedes a vosa asistencia.
👉 Se finalmente non podedes asistir, comunicádeo canto antes para poder ofrecer esa praza a outra familia en lista de espera.

Para que máis familias poidan beneficiarse destas iniciativas, é fundamental facer un uso responsable das prazas. Aínda que son actividades gratuítas para as familias, levan asociados custos de organización, poñentes e materiais.

Na anterior formación houbo 75 persoas inscritas, con 25 ausencias e só 6 avisos previos. Evitar estas situacións axúdanos a optimizar cada oportunidade.

Grazas pola colaboración 🤝

📣 XORNADA DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS🗓 9 de maio 🕘 9:00–13:30📍 Fórum Metropolitano – Sala Marilyn Monroe“Comprendendo a c...
23/04/2026

📣 XORNADA DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS

🗓 9 de maio
🕘 9:00–13:30
📍 Fórum Metropolitano – Sala Marilyn Monroe

“Comprendendo a conduta infantil: berrinches, medos e regulación emocional”

👩‍🏫 Poñentes: Lorena Cotelo (terapeuta ocupacional) e Jacobo Mosquera (educador social)

Criar non vén con manual… pero ás veces aparecen mapas que axudan a non perderse polo camiño. Nesta xornada falaremos de berrinches (eses pequenos terremotos 🌋), dos medos que medran en silencio e de como acompañar aos nenos e nenas na súa regulación emocional sen perder nós tamén o norte.

Un espazo para entender, compartir e levar ferramentas prácticas para o día a día. Porque detrás de cada conduta hai unha historia que merece ser escoitada.

🎟 Inscrición aberta ata o 7 de maio (link en stories e destacadas)
👨‍👩‍👧‍👦 Dirixido a familias

Organiza:
Colabora:

Queremos dar as grazas a todas as familias que asististes á charla sobre desenvolvemento infantil do pasado 11 de abril ...
23/04/2026

Queremos dar as grazas a todas as familias que asististes á charla sobre desenvolvemento infantil do pasado 11 de abril 💫

Foi unha mañá moi enriquecedora, chea de aprendizaxes e reflexións compartidas.
A vosa participación e implicación fan que todo o esforzo valla a pena e dan sentido a este tipo de iniciativas.

Grazas tamén ao Fórum Metropolitano por cedernos o espazo e axudar na organización.

Seguimos medrando en comunidade 🌱
Grazas por estar aí 💙

Xunta directiva

Organiza:
Colabora:

Address

Rúa Orzán 21, Baixo

15003

Opening Hours

Monday 09:00 - 13:30
16:00 - 19:30
Tuesday 09:00 - 13:30
16:00 - 19:30
Wednesday 09:00 - 13:30
16:00 - 19:30
Thursday 09:00 - 13:30
16:00 - 19:30
Friday 09:00 - 13:30
16:00 - 19:30

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The School

Send a message to Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña:

Shortcuts

  • Want your school to be the top-listed School/college?

Share