CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán - Xove

CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán - Xove Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán - Xove, Escuela, Agramonte 23, Jove.

⚓🐟 SAÍDA BURELA 4º EP🐟⚓️O alumnado de 4º de Educación Primaria desfrutou dunha xornada chea de aprendizaxes e diversión ...
17/06/2026

⚓🐟 SAÍDA BURELA 4º EP🐟⚓️

O alumnado de 4º de Educación Primaria desfrutou dunha xornada chea de aprendizaxes e diversión en Burela.

A visita comezou no Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, onde puideron coñecer de preto como era a vida a bordo dun barco boniteiro e descubrir a importancia do mar e da pesca na nosa comarca

Ao longo da xornada tamén tiveron a oportunidade de ver A Moncloa e desfrutar dun tempo de xogo e convivencia no parque da Praia da Marosa.

Unha saída para aprender, compartir e coñecer un pouco mellor o noso patrimonio marítimo e a contorna que nos rodea.

Seguimos aprendendo tamén fóra da aula! ✨

🎙️PETISCOS DE GALICIA🎙O noso centro participou no proxecto “Petiscos de Galicia”, unha iniciativa arredor da gastronomía...
16/06/2026

🎙️PETISCOS DE GALICIA🎙

O noso centro participou no proxecto “Petiscos de Galicia”, unha iniciativa arredor da gastronomía galega que reuniu centros educativos de toda Galicia para compartir tradición, cultura e lingua a través dos podcasts.

Da man do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Equipo de Biblioteca, o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria (5º EP A-B e 6º EP) converteuse en auténticos comunicadores, investigando, escribindo e gravando receitas tradicionais da nosa terra.

As receitas escollidas polo noso cole foron:

🔹️ Bonito en rolo.
🔹️ Roupa vella.
🔹️ Chulas.

Esta actividade permitiu traballar a expresión oral, a competencia dixital e o coñecemento do noso patrimonio gastronómico, ao tempo que deu protagonismo aos Polos Creativos, empregando a radio e os medios dixitais como ferramentas de aprendizaxe e creación.

Seguimos apostando por proxectos que unen tradición e innovación, facendo da lingua galega unha ferramenta viva para comunicar, crear e compartir.

Parabéns ao alumnado participante polo seu gran traballo! 👏✨

Podedes escoitar o podcast completo na seguinte ligazón:

🔗 https://go.ivoox.com/sq/3110536

🚣‍♂️💙 REMOERGÓMETROS: RETO SUPERADO‼️💙🚣‍♂️Durante este curso, os remoergómetros cedidos polo  convertéronse nun recurso ...
16/06/2026

🚣‍♂️💙 REMOERGÓMETROS: RETO SUPERADO‼️💙🚣‍♂️

Durante este curso, os remoergómetros cedidos polo convertéronse nun recurso máis dos nosos Patios Inclusivos e Activos e tamén das sesións de Educación Física.

A través deles, o alumnado puido coñecer e seguir a súa evolución individual, mellorando as súas marcas e descubrindo unha modalidade deportiva moi vinculada á nosa contorna.

Ademais, puxemos en marcha un reto por niveis para calcular a distancia percorrida por cada curso e tamén a nivel de centro.

Esta actividade permitiu traballar non só a condición física, senón tamén a competencia matemática, analizando datos, comparando resultados, realizando estimacións e interpretando as distancias percorridas.

E os resultados non deixaron de sorprendernos...

Entre todas e todos percorremos unha distancia equivalente á que separa Xove de Viveiro, demostrando que o esforzo compartido pode levarnos moi lonxe.

Esta aventura co remo puxo o seu broche final coa participación no II Campionato de Remoergómetro Escolar A Mariña, onde o alumnado puido compartir a súa experiencia con outros centros e poñer en práctica todo o aprendido.

Máis alá dos quilómetros acumulados, esta experiencia serviunos para fomentar hábitos de vida activa e saudable, a superación persoal e o gusto pola actividade física.

Queremos agradecer ao Club de Remo de Celeiro a súa colaboración e a oportunidade de achegar este deporte ao noso alumnado.

Porque, ás veces, sen saír do cole tamén se poden facer grandes viaxes!

🏊‍♂️🎓 GRADUACIÓN 6⁰ EP “NADAMOS CON BARTOLIÑO”🎓🏊‍♂️O alumnado de 6º de Educación Primaria celebrou a súa graduación no c...
15/06/2026

🏊‍♂️🎓 GRADUACIÓN 6⁰ EP “NADAMOS CON BARTOLIÑO”🎓🏊‍♂️

O alumnado de 6º de Educación Primaria celebrou a súa graduación no curso de habilidades acuáticas “Nadamos con Bartoliño", poñendo o broche final a unha actividade que os acompañou durante toda a etapa de Educación Primaria.

Ao longo destes anos, os nenos e nenas medraron na auga gañando autonomía, confianza e habilidades acuáticas, vivindo experiencias e aprendizaxes que levarán sempre consigo.

Esta graduación supón o peche dunha etapa moi especial e é tamén unha mostra do valor da colaboración entre o centro educativo e a Piscina Municipal de Xove, promovendo hábitos de vida activa e saudable desde as primeiras idades.

Queremos expresar o noso máis agradecemento ao persoal da piscina pola súa profesionalidade, dedicación e cariño ao longo de todos estes anos, acompañando ao noso alumnado en cada brazada.

Parabéns ao alumnado de 6ºde EP por este logro! Agora toca seguir nadando cara a novos retos. 🚀💚

🏛️SANTIAGO DE COMPOSTELA 5º EP🏛️O alumnado de 5º de Educación Primaria desfrutou dunha completa xornada en Santiago de C...
11/06/2026

🏛️SANTIAGO DE COMPOSTELA 5º EP🏛️

O alumnado de 5º de Educación Primaria desfrutou dunha completa xornada en Santiago de Compostela, combinando aprendizaxe, actividade física e convivencia.

A mañá comezou cunha visita á Cidade da Cultura de Galicia, onde puideron descubrir unha interesante exposición sobre realidade virtual, achegándose ás posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

Posteriormente, gozaron dunha sesión chea de diversión e movemento en Diver Jump, poñendo a proba as súas habilidades e descargando enerxía.

Despois do xantar nas Cancelas, realizaron unha ruta polo centro histórico de Santiago, coñecendo algúns dos seus recunchos máis emblemáticos ata chegar á impresionante Catedral de Santiago de Compostela.

Unha xornada moi especial na que aprender, compartir e descubrir foron os grandes protagonistas.

📚💙PREMIOS LETRAS GALEGAS 2026💙📚Hoxe tivemos o pracer de recibir no noso centro ao alcalde de Xove e á concelleira de Cul...
08/06/2026

📚💙PREMIOS LETRAS GALEGAS 2026💙📚

Hoxe tivemos o pracer de recibir no noso centro ao alcalde de Xove e á concelleira de Cultura, que fixeron entrega dos premios ao alumnado gañador do concurso organizado polo Concello con motivo do Día das Letras Galegas.

Queremos felicitar a todas as nenas e nenos participantes polo seu esforzo, creatividade e interese por coñecer e valorar a nosa lingua e a nosa cultura.

Este tipo de iniciativas contribúen a fomentar o uso do galego e a achegar ao alumnado o noso patrimonio cultural dun xeito motivador e participativo.

Moitas grazas ao .xove por promover actividades que axudan a manter viva a nosa lingua.

Parabéns ás persoas premiadas e tamén a todo o alumnado pola súa participación!

🚨🏫SIMULACRO PLAN DE EVACUACIÓN🏫🚨No día de hoxe levamos a cabo no centro o noso Plan de Evacuación, unha actividade funda...
04/06/2026

🚨🏫SIMULACRO PLAN DE EVACUACIÓN🏫🚨

No día de hoxe levamos a cabo no centro o noso Plan de Evacuación, unha actividade fundamental para garantir que toda a comunidade educativa saiba como actuar ante unha posible situación de emerxencia.

Durante o simulacro, seguíronse as indicacións establecidas, evacuando o edificio de maneira ordenada, segura e responsable.

Este tipo de actuacións permiten comprobar o correcto funcionamento dos protocolos de seguridade, identificar posibles aspectos de mellora e, sobre todo, fomentar hábitos de prevención e autoprotección desde idades temperás.

Parabéns a todo o alumnado e ao persoal do centro pola súa colaboración, responsabilidade e excelente comportamento durante a actividade.

A seguridade é responsabilidade de todos e todas.

🏐XORNADA CONVIVENCIA FÚTBOL GAÉLICO🏐O alumnado de 5⁰ e 6⁰ de Educación Primaria participou nunha xornada de convivencia ...
03/06/2026

🏐XORNADA CONVIVENCIA FÚTBOL GAÉLICO🏐

O alumnado de 5⁰ e 6⁰ de Educación Primaria participou nunha xornada de convivencia co alumnado do CEIP Península da Paz de San Ciprián, tendo como fío condutor o Fútbol Gaélico.

Ao longo da mañá, as nenas e nenos tiveron a oportunidade de familiarizarse co ambiente dun torneo deportivo, formando equipos mixtos con alumnado dos dous centros. A competición desenvolveuse cunha fase de grupos, cuartos de final, semifinais e final.

Porén, nesta ocasión o máis importante non foi o resultado, senón a convivencia, o compañeirismo, o respecto e a diversión compartida. Como recoñecemento ao esforzo e á participación, todo o alumnado recibiu a súa medalla.

Queremos expresar o noso agradecemento ao Concello de Xove pola cesión das instalacións, a XOGADE polas medallas entregadas ao alumnado e, moi especialmente, a Mateo, polo enorme traballo realizado na organización desta actividade e por achegar ao noso alumnado un deporte novo e cheo de valores.

Agardamos que dentro de pouco o Fútbol Gaélico forme parte da oferta deportiva da nosa contorna e que cada vez máis nenas e nenos teñan a oportunidade de practicalo.

Foi unha xornada inesquecible de deporte, amizade e convivencia! 💚

🏊‍♀️💦NADAMOS CON BARTOLIÑO💦🏊‍♂️O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria finalizou o curso de habilidades acuáticas “N...
27/05/2026

🏊‍♀️💦NADAMOS CON BARTOLIÑO💦🏊‍♂️

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria finalizou o curso de habilidades acuáticas “Nadamos con Bartoliño” desenvolvido na Piscina Municipal de Xove.

Ao longo das sesións, os nenos e nenas melloraron a súa adaptación ao medio acuático, a confianza na auga e diferentes habilidades básicas de natación, sempre a través do xogo e da diversión.

Queremos expresar o noso agradecemento ao persoal da piscina pola súa implicación, profesionalidade e cariño co alumnado durante todo o curso.

Seguimos apostando por actividades que fomentan hábitos de vida activa e saudable desde as primeiras idades.

🚣‍♂️O REMO CHEGA AO COLE🚣‍♀️O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu a visita do Club de Remo de Celeiro, ach...
24/05/2026

🚣‍♂️O REMO CHEGA AO COLE🚣‍♀️

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiu a visita do Club de Remo de Celeiro, achegándonos un deporte moi ligado á nosa costa e á nosa identidade mariñeira.💙⚓

Durante a sesión explicáronnos:

🔹 Que é o remo de banco fixo.
🔹 Como son as regatas.
🔹 O funcionamento e historia do seu club.
🔹 O uso dos ergómetros e a técnica básica de remo.

Ademais, o alumnado puido probar os ergómetros e experimentar de primeira man as sensacións deste deporte.

Unha actividade moi interesante para seguir dando a coñecer a oferta deportiva da nosa contorna e fomentar hábitos de vida activa e saudable.

Grazas ao Club de Remo de Celeiro pola visita, pola cercanía e por transmitir con tanta paixón os valores do deporte e do traballo en equipo.

Dirección

Agramonte 23
Jove
27870

Horario de Apertura

Lunes 09:35 - 18:30
Martes 09:35 - 15:30
Miércoles 09:35 - 15:30
Jueves 09:35 - 15:30
Viernes 09:35 - 15:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán - Xove publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán - Xove:

Atajos

Compartir

Categoría