28/07/2026
Axudas da Xunta de Galicia para establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira
A Xunta de Galicia publicou unha nova liña de axudas destinada, entre outros beneficiarios, a establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
📅 Prazo de solicitude: do 30 de xullo ao 31 de agosto de 2026.
As axudas concederanse por orde de entrada das solicitudes, polo que se recomenda tramitar a solicitude canto antes.
Liñas de axuda para establecementos de negocio
Liña 1.1 – Redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma (MR502B)
Axuda de ata o 70 % do investimento subvencionable.
Importe máximo: 35.000 €.
Liña 2.1 – Utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma (MR502F)
Axuda de ata o 70 % do investimento subvencionable.
Importe máximo: 200.000 €.
Usos dos establecementos
As actuacións poderán estar destinadas a establecementos de uso:
Industrial
Comercial
Recreativo
Hoteleiro
Oficinas
Sanitario
Asistencial
Educativo e cultural
Deportivo
Prazo de execución
As actuacións subvencionables deberán estar comprendidas dentro dos seguintes períodos:
1ª anualidade: do 1 de xaneiro de 2026 ao 9 de outubro de 2026.
2ª anualidade: ata o 30 de xuño de 2027.
⚠️ Importante: quedan excluídas as actuacións que xa estean rematadas na data de presentación da solicitude.
Se estás a planificar unha nova construción, rehabilitación ou reforma dun establecemento e queres incorporar produtos de madeira na estrutura, esta convocatoria pode ser unha oportunidade para financiar parte dos custos do proxecto e/ou da obra.