Centro Arqueolóxico do Barbanza

Centro Arqueolóxico do Barbanza Primera colección de ámbito local y naturaleza arqueológica creada en Galicia

👧 Navia, acompañada de Iria e dos seus pais, achegouse ata Montefurado para coñecer un dos grandes vestixios da enxeñarí...
02/09/2026

👧 Navia, acompañada de Iria e dos seus pais, achegouse ata Montefurado para coñecer un dos grandes vestixios da enxeñaría romana en Galicia. 🏛️

⛏️ Alí visitou o impresionante túnel de Montefurado, unha obra coa que os romanos desviaron o curso do río Sil para facilitar a extracción do ouro. ✨

👀 Durante a visita tamén puido descubrir outros restos das antigas explotacións mineiras de ouro que aínda se conservan nesta zona, testemuñas dun pasado no que o río e a minería estiveron intimamente ligados.

🚗 A nosa aventureira castrexa xa se prepara para un novo destino…

Hoxe, consultando á nosa galería de imaxes 📸, atopamos esta fotografía que xa ten máis dun ano.Cando os Castros de Neixó...
28/08/2026

Hoxe, consultando á nosa galería de imaxes 📸, atopamos esta fotografía que xa ten máis dun ano.

Cando os Castros de Neixón 🏛️ se converteron no escenario perfecto para a gravación dun vídeo promocional da Mancomunidade do Barbanza 🎥.

Non temos palabras para expresar o que sentimos ante esta noticia 😡😡
27/08/2026

Non temos palabras para expresar o que sentimos ante esta noticia 😡😡

El conjunto lo forman 11 cuencos, 28 brazaletes y tres botellas, todos ellos de oro, además de varias piezas diversas realizadas con otros materiales

👧 Navia, acompañada de Freyja e os seus pais, foi visitar o Castro de Santa Trega, o Barrio de Mergelina e o Museo Arque...
25/08/2026

👧 Navia, acompañada de Freyja e os seus pais, foi visitar o Castro de Santa Trega, o Barrio de Mergelina e o Museo Arqueolóxico de Santa Trega (MASAT), na Guarda.

🔎 Sabías que o Castro de Santa Trega é un dos xacementos castrexos máis grandes e emblemáticos do noroeste da Península Ibérica? Cunha superficie de arredor de 20 hectáreas, os seus primeiros asentamentos remóntanse ao século IV a. C., aínda que alcanzou o seu máximo esplendor no cambio de era, cando chegou a albergar entre 3.000 e 5.000 habitantes. A súa situación privilexiada sobre o monte permitía controlar a desembocadura do río Miño e o tráfico marítimo, converténdoo nun enclave estratéxico de gran importancia.

🏛️A visita complétase no Museo (MASAT), onde se expoñen pezas orixinais recuperadas nas escavacións, como cerámicas, ferramentas, obxectos de adorno e outros achados que permiten coñecer mellor a historia deste emblemático castro.

🚗 A nosa aventureira castrexa xa se prepara para un novo destino…

🏺 Hoxe vivimos a derradeira visita do verán aos Castros de Neixón! 🥾☀️Poñemos así o broche final ao programa de visitas ...
22/08/2026

🏺 Hoxe vivimos a derradeira visita do verán aos Castros de Neixón! 🥾☀️

Poñemos así o broche final ao programa de visitas de verán cun pequeno grupo que se achegou ata este enclave arqueolóxico para descubrir os seus segredos e coñecer de primeira man a historia dos dous asentamentos. 🔎✨

E lembrade que, aínda que o programa de visitas aos castros chega ao seu fin, as visitas ao Centro Arqueolóxico do Barbanza continuarán durante todo o mes de agosto. 😉

🦴 Entre os ósos atopados nos cuncheiros dos Castros de Neixón destacan algúns restos que nos falan da alimentación e da ...
21/08/2026

🦴 Entre os ósos atopados nos cuncheiros dos Castros de Neixón destacan algúns restos que nos falan da alimentación e da contorna dos seus habitantes. Entre eles consérvanse un anaco dunha mandíbula de ovella ou cabra, así como varios dentes de xabaril, testemuñas da gandaría e da caza practicadas hai máis de dous mil anos.

Se aínda non tes plan para este sábado pola mañá, non sei a que estás esperando! 😏Anótate á visita guiada aos Castros de...
20/08/2026

Se aínda non tes plan para este sábado pola mañá, non sei a que estás esperando! 😏

Anótate á visita guiada aos Castros de Neixón e descubre este fascinante recuncho da nosa historia. 🏺🌿

👉 Reserva a túa praza aquí: https://forms.gle/axjMNbvF1EyeR9j7A

Agardámoste! 💚

Contan as lendas que existe un túnel secreto baixo o mar que conecta o Castelo da Lúa cos Castros de Neixón. 🌊🏰Mito ou r...
18/08/2026

Contan as lendas que existe un túnel secreto baixo o mar que conecta o Castelo da Lúa cos Castros de Neixón. 🌊🏰

Mito ou realidade? O misterio segue vivo nunha terra chea de lendas. ✨

🌌 Xeiras Chinesas 2026 – Despedida en ShangháiChegamos ao final desta extraordinaria aventura. As luces dos rañaceos de ...
14/08/2026

🌌 Xeiras Chinesas 2026 – Despedida en Shanghái

Chegamos ao final desta extraordinaria aventura. As luces dos rañaceos de Shanghái brillan na noite, reflectindo a forza e modernidade dunha cidade que nos acolleu con maxia e intensidade.

✨ Remata a xeira, comeza o regreso, mais levamos connosco a memoria de cada visita, cada encontro e cada instante vivido.

📸 A imaxe da noite iluminada será o noso último recordo compartido antes de volver a casa, cunha mochila chea de experiencias únicas.

✨ Xeiras Chinesas 2026Esta tarde tivemos a oportunidade de visitar o impresionante Templo do Buda de Jade en Shanghái, u...
13/08/2026

✨ Xeiras Chinesas 2026

Esta tarde tivemos a oportunidade de visitar o impresionante Templo do Buda de Jade en Shanghái, un dos lugares máis emblemáticos da espiritualidade budista en China.

🪷 O templo alberga dúas estatuas de Buda talladas en xade, auténticas xoias artísticas que transmiten serenidade e devoción.

🌏 Un espazo único onde tradición, espiritualidade e beleza arquitectónica se unen, engadindo unha lembranza inesquecible á nosa viaxe.

Dirección

Lugar De Neixon
Ibias
15991

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro Arqueolóxico do Barbanza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Centro Arqueolóxico do Barbanza:

Atajos

Compartir

Categoría