25/11/2024
// As violencias machistas son reproducidas baixo o paraugas do modelo de dominio e submisión aprendido e sostido pola socialización diferencial na que o masculino é percibido como superior respecto do feminino.
As violencias son mecanismos utilizados para poder manter as desigualdades de poder sociais e poner freo aos avances cara á igualdade, a equidade e á xustiza social.
A loita contra a violencia de xénero e a educación en igualdade teñen que ir xuntas da man. Educar aos nenos, as nenas e as adolescencias é a chave para crear unha sociedade máis igualitaria na cal non se lles dea opción aos comportamentos machistas. É urxente traballar esta problemática dende os fogares e dende os centros de ensino para poder recoñecer e combater dende a infancia o machismo e os cmportamentos violentos cara ás mulleres.
A educación e a prevención das condutas machistas constitúen a panca de cambio. Para previr este tipo de violencia son necesarios modelos alternativos de relación e educación afectivo-sexual, repensar os roles e estereotipos de xénero así como educar nun uso seguro e responsábel das tecnoloxías
https://www.anpasgalegas.gal/2024/11/a-indiferenza-non-pode-ser-unha-opcion/
FANPO Foanpas Vigo Federación de centros públicos de Cangas "A Gameliña" Fanpa Compostela Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra Fapacel Fed. Provincial de ANPAS da Coruña - Costa da Morte Anpas Redondela