IES Auga da Laxe

IES Auga da Laxe Páxina en FB do IES Auga da Laxe de Gondomar IES Auga da Laxe de Gondomar. Centro galego de ensino medio.

13/03/2026

Velaquí uns vídeos do estupendo Concerto no Recreo de onte con 2º Bacharelato Música🩵

Que ben o está a pasar o alumnado de 4º ESO na viaxe de fin de etapa en Andorra! Están descubrindo as montañas dos Piren...
11/03/2026

Que ben o está a pasar o alumnado de 4º ESO na viaxe de fin de etapa en Andorra! Están descubrindo as montañas dos Pireneos mentres aprenden a esquiar nas pistas da estación de Pal. Velaquí unhas fotos. Desfrutade moito!🩵

Esta mañá alumnado de secundaria asistiu na praza da Paradela ao acto institucional do 8M. Participaron tamén na lectura...
09/03/2026

Esta mañá alumnado de secundaria asistiu na praza da Paradela ao acto institucional do 8M. Participaron tamén na lectura do manifesto, conxuntamente co IES Terra de Turonio e o concello de Gondomar. Velaquí unhas foto💜

A nosa glicinia botou esta tarde moitas flores e púxose así de bonita para celebrar o Día da Muller, grazas ao traballo ...
05/03/2026

A nosa glicinia botou esta tarde moitas flores e púxose así de bonita para celebrar o Día da Muller, grazas ao traballo colaborativo de moitas asociacións que participaron ao longo do mes de febreiro na proposta "Glicinias para o 8M", promovida polo noso instituto coa colaboración da Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar. Grazas ao movemento veciñal A Nosa Escola, de San Cibrán; á ANPA do IES Terra de Turonio; á ANPA Pousa de Fontán, do CEIP Chano Piñeiro; á ANPA As Gaiandas, do noso centro; ao profesorado do CEIP Souto-Donas; á asociación de Mulleres Rurais de Gondomar; a Espazo Lectura; ao Gondomar ACRO Club; á AD Gondomar de fútbol sala; ao Club de Tenis Gondomar; ao Centro Cultural de Mañufe; á asociación de veciños de Borreiros e ao centro de día de Aprehendo. E grazas tamén á Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar e a Icy Dolche 1921. Sentímonos emocionadas, honradas e agradecidas por toda a xenerosidade e ilusión das persoas que fixestes glicinias para este proxecto, un labor que complementa o traballo iniciado polo alumnado, o profesorado e as familias do noso centro e que fortalece o sentido de colectividade e de comunidade. GRAZAS! 💜💜💜

04/03/2026

👏👏👏

Velaquí unhas cantas fotos e vídeos do magnífico Concerto no Recreo de 1º Bach Música🩵👏Parabéns!!!!
04/03/2026

Velaquí unhas cantas fotos e vídeos do magnífico Concerto no Recreo de 1º Bach Música🩵👏

Parabéns!!!!

Como centro socio protector de Espazo Lectura, achegamos a proposta de actividades da asociación para o mes de marzo.
28/02/2026

Como centro socio protector de Espazo Lectura, achegamos a proposta de actividades da asociación para o mes de marzo.

Onte á mañá varios cursos da ESO asistiron ao acto institucional do concello de Gondomar para conmemorar o Día de Rosalí...
28/02/2026

Onte á mañá varios cursos da ESO asistiron ao acto institucional do concello de Gondomar para conmemorar o Día de Rosalía na praza que leva o seu nome no centro da vila. Alumnado de Oratoria de 4° ESO e de Proxecto Competencial de 1º-2º ESO leu uns poemas durante a celebración do mesmo. Velaquí unhas fotos🩵

Na nosa árbore agromaron esta semana, ademais de glicinias, moitos poemas. Por que? Porque estamos a celebrar a Rosalía ...
26/02/2026

Na nosa árbore agromaron esta semana, ademais de glicinias, moitos poemas. Por que? Porque estamos a celebrar a Rosalía de Castro e este pasado luns 23 de febreiro cumpríronse 189 anos do seu nacemento. E que mellor maneira de facelo que cos seus versos?💜 Mañá venres participaremos cunha lectura de poemas, por parte de alumnado do centro, no acto que, ás 11:30 horas, organiza o concello na praza de Rosalía. Velaquí algunhas fotos💜🩵💜

O pasado luns o Club de Cómic do Auga da Laxe reuniuse para compartir impresións sobre "Buena Gente" de Isaac Sánchez, p...
26/02/2026

O pasado luns o Club de Cómic do Auga da Laxe reuniuse para compartir impresións sobre "Buena Gente" de Isaac Sánchez, primeira obra candidata ao premio Tinta de Lura de BD en castelán. O club, xunto con outros centros de Galiza, forma parte do xurado e reflexionou sobre o tema central da obra: a fronteira entre o ben e o mal. A xuntanza rematou cun pequeno ágape para celebrar o encontro🩵

O alumnado de 2º ESO ten esta semana uns obradoiros de educación sexual grazas á OMIX do Concello de Gondomar🩵
26/02/2026

O alumnado de 2º ESO ten esta semana uns obradoiros de educación sexual grazas á OMIX do Concello de Gondomar🩵

Sementando o Bo trato. O vínculo familiar é o motor do cambioLembrámosvos  que a Concellaría de Xuventude do Concello de...
25/02/2026

Sementando o Bo trato. O vínculo familiar é o motor do cambio

Lembrámosvos que a Concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar pon en marcha a iniciativa "Sementando o Bo trato. O vínculo familiar é o motor do cambio".

O primeiro encontro terá lugar o venres, 27 de febreiro, ás 19:30h: "Do desacordo ao Entendemento".

Nesta cita tratarase de entender os cambios emocionais, cognitivos e sociais propios da adolescencia; aprenderase a ter unha comunicación eficaz, a escoitar, a validar emocións e expresar límites de forma clara e respectuosa. Tamén se abordarán os diferentes estilos de resolución de conflitos.

Lugar: Centro Neural do Concello Gondomar.

Para participar é preciso inscribirse no 986369746 (OMIX).

Dirección

Campo Da Feira S/n
Gondomar
36380

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES Auga da Laxe publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir