14/03/2025
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, mantivo onte 13 de marzo, unha charla cos estudantes do instituto Terra de Turonio, en Gondomar, que están a cursar o ciclo Guía de Actividades no medio Natural e Tempo Libre, cos que puido compartir algunhas das accións que o seu departamento desenvolve relacionadas con ese ámbito.
Así, a representante da Xunta tivo a oportunidade de expoñer e comentar co alumnado deste ciclo as posibilidades profesionais que se lle presentan de fronte ao futuro vinculadas con estes estudos, así como os distintos programas que a Dirección Xeral de Xuventude pon ao dispor dos mozos e mozas tanto no campo da formación como do lecer cultural.