19/08/2026
Martes 18 de agosto XEIRA DA COLEXIATA DE BAIONA AO ALTO DE MONTERREAL
Guía: Anxo Rodriguez Lemos, cronísta oficial do concello de Baiona.
Onte martes tivemos unha nova xeira de verán do IEM pola vila de Baiona. Desta volta contamos co noso compañeiro do IEM o doutor en Historia Moderna pola USC Anxo Rodriguez Lemos, que asemade é cronísta oficial do concello de Baiona e que nos levou polas rúas do casco vello da Real Vila, dende a Colexiata ata Monterreal para facer, paseniñamente e con moita e variada información, o que era a vella Procesión do Corpus Cristi. Os trocos e vicisitudes que se foron dando ao longo da historia e unha ollada demorada a historia de Baiona e os seus recantos, casas e rúas.
Grazas a todas/os os que nos acompañastes nesta xeira, e grazas a Anxo por compartir con nós os seus saberes e investigacións. Agardamos con devezo a chegada dese libro que está as portas de saír impreso no que nos fala de máis historia de Baiona e os baioneses, desta volta usando a Danza das espadas como pretexto narrativo.
PD.
Hoxe mércores 19 de agosto temos aínda prazas para a nova xeira en barco, con saída ás 21.30 h do peirao de Baiona, na zona de embarque no pantalán do barco que vai as Cíes.