Coprodega

Coprodega Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

Desde COPRODEGA subscribimos a declaración institucional de Unión Profesional de Galicia   e trasladamos a nosa profunda...
02/08/2026

Desde COPRODEGA subscribimos a declaración institucional de Unión Profesional de Galicia e trasladamos a nosa profunda preocupación polos graves incendios forestais que están a afectar a distintas zonas de España, causando vítimas e provocando importantes danos ambientais, animais, sociais e económicos.

Nestes momentos difíciles, queremos expresar a nosa solidariedade e apoio a todas as persoas e comunidades afectadas, así como o noso recoñecemento ao labor exemplar dos servizos de extinción, protección civil, forzas e corpos de seguridade, e de todos os profesionais que interveñen en cada fase da emerxencia.

Estes acontecementos lémbrannos a necesidade de reforzar as políticas de prevención, anticipación, planificación e adaptación, promovendo ademais a cooperación entre as administracións públicas, a comunidade científica, as corporacións profesionais e a sociedade civil.

Desde as profesións colexiadas reafirmamos o noso compromiso co interese xeral e coa achega de solucións técnicas, científicas e sociais que contribúan á protección das persoas, á recuperación dos territorios afectados e ao fortalecemento da resiliencia das nosas comunidades.

É tempo de descansar, desconectar… e, por suposto, de sorrir máis ca nunca. Vémonos á volta!
31/07/2026

É tempo de descansar, desconectar… e, por suposto, de sorrir máis ca nunca. Vémonos á volta!

Lamentamos profundamente a perda dun gran profesional alacantino do sector dental e, sobre todo, dunha gran persoa. Dura...
26/07/2026

Lamentamos profundamente a perda dun gran profesional alacantino do sector dental e, sobre todo, dunha gran persoa. Durante máis de tres décadas, dedicou o seu talento, esforzo e xenerosidade a mellorar sorrisos e a compartir coñecemento cos que tiveron a sorte de traballar ao seu carón.

O seu dominio da técnica, o seu compromiso co traballo sen présa e ben feito, e a súa maneira de ensinar desde a humildade deixan unha pegada imborrable na profesión. Desde Coprodega enviamos o noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e compañeiros; sempre o lembraremos con gratitude, admiración e agarimo.

Descanse en paz.

📷 Na imaxe, á esquerda, no congreso Dental Tècnic 2018

Creemos en lo nuestro, en nuestra tierra y en las personas que la hacen crecer cada día. Hoy celebramos nuestras raíces,...
25/07/2026

Creemos en lo nuestro, en nuestra tierra y en las personas que la hacen crecer cada día. Hoy celebramos nuestras raíces, nuestra cultura y el valor de un territorio lleno de oportunidades.

Vimos de renovar a convenio coa entidade Eurostars Hoteles e temos unha formidable nova para ti: como colexiado de COPRO...
20/07/2026

Vimos de renovar a convenio coa entidade Eurostars Hoteles e temos unha formidable nova para ti: como colexiado de COPRODEGA terás dun 12% de desconto en reservas durante todo 2026. Este verán, benefíciate dos convenios do Colexio e accede ás mellores tarifas para as túas vacacións coa familia!

Explora as opcións dispoñibles en https://www.eurostarshotels.com/ e reserva xa!

📌 Máis información: [email protected]

En Galicia, o mar non só nos rodea… defínenos. No día da Virxe do Mar —a que acompaña aos que faenan e aos que agardan e...
16/07/2026

En Galicia, o mar non só nos rodea… defínenos. No día da Virxe do Mar —a que acompaña aos que faenan e aos que agardan en terra coa mirada posta no horizonte— queremos render homenaxe a quen co seu esforzo enche a nosa mesa e a todas as Carme... porque aquí todos temos unha Carmiña na vida, e con ela un vínculo invisible que nos une ao mar.

En COPRODEGA estamos sempre ao teu carón, non só no ámbito profesional, senón tamén no teu tempo de descanso e lecer. Es...
15/07/2026

En COPRODEGA estamos sempre ao teu carón, non só no ámbito profesional, senón tamén no teu tempo de descanso e lecer. Este verán, benefíciate dos convenios do Colexio e accede ás mellores tarifas para as túas vacacións coa familia:

📌 Convenio con AMA Seguros: hoteis, apartamentos, casas rurais, cámpings ou cruceiros… goza de múltiples opcións con condicións especiais por ser mutualista do "Club AMA". Máis información: https://www.amaseguros.com/club-a.m.a./ofertas/

📌 Convenio con Unión Profesional de Galicia: viaxes a medida e experiencias únicas, deseñadas para adaptarse a ti, cunha forma diferente de descubrir o mundo. Máis información: https://unionprofesionaldegalicia.org/atlantida-travel-union-profesional-galicia/

Explora as ofertas dispoñibles e reserva xa!

A solidariedade tamén se marca na túa declaración da renda. Ao sinalar a casiña de Empresa Solidaria, estás contribuíndo...
13/07/2026

A solidariedade tamén se marca na túa declaración da renda. Ao sinalar a casiña de Empresa Solidaria, estás contribuíndo directamente a apoiar proxectos sociais que melloran a vida de moitas persoas. Non supón ningún custo adicional para ti, pero ten un impacto real.

Ademais, se marcas esta casiña podes solicitar o "Selo Empresa Solidaria", un distintivo que recoñece o teu compromiso e que podes incorporar á ptúa áxina web e redes sociais.

Marca a diferenza cun xesto sinxelo!

👉 Infórmate en: https://www.casillaempresasolidaria.es/

Desde COPRODEGA apoiamos iniciativas como o II Foro de Innovación e Emprendemento, que contribúen a xerar conexións reai...
06/07/2026

Desde COPRODEGA apoiamos iniciativas como o II Foro de Innovación e Emprendemento, que contribúen a xerar conexións reais entre empresas, profesionais e novos perfís, facilitando a actualización e modernización do tecido industrial galego. Este tipo de encontros permiten compartir coñecemento, detectar oportunidades e fortalecer unha rede empresarial máis competitiva, sostible e preparada para os retos actuais.

Seguiremos traballando para dar visibilidade e reforzar estas actuacións clave para construír un ecosistema empresarial máis dinámico, innovador e conectado coa realidade do mercado.

👉 Máis información en inscricións: https://www.apd.es/jornada-foro-innovacion-emprendimiento-santiago/

A nosa presenza en Valencia, para asistir á celebración do 20º aniversario do Centro de Formación Profesional Folguera V...
03/07/2026

A nosa presenza en Valencia, para asistir á celebración do 20º aniversario do Centro de Formación Profesional Folguera Vicent, permitiu seguir fortalecendo vínculos institucionais e subscribir acordos de colaboración intercolexiais.

📷 Nas imaxes, os presidentes de COPRODEGA e do Colegio Oficial de Protésicos Dentales de Castellón y Valencia —D. Avelino J. Sanmartín Caamaño e D. Miguel Ángel Martínez Gómez— asinando un convenio de cooperación.

Dirección

Hórreo, 7/1° D
Galicia
15702

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Martes 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00

Teléfono

+34981571017

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Coprodega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Coprodega:

Atajos

Compartir