Colexio Martínez Otero - Foz

Colexio Martínez Otero - Foz O CPR Plurilingüe Martínez Otero é un centro concertado que imparte Educación Infantil, Primaria e ESO.

Ofrece servizos como madrugadores, comedor e actividades extraescolares, garantindo unha educación integral e enriquecedora para o seu alumnado.

📚 DISTRIBUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO | CURSO 2026/27A partir do 3 de setembro estará dispoñible a recollida dos libros de t...
24/08/2026

📚 DISTRIBUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO | CURSO 2026/27

A partir do 3 de setembro estará dispoñible a recollida dos libros de texto no centro.

🕙 Horario:
De 10:00 a 13:15 h
De 16:15 a 19:00 h

ℹ️ Lembramos que, para poder acceder aos libros de texto, é necesario estar ao día no pagamento dos servizos ofertados polo colexio.

🙏 Grazas pola vosa colaboración.

📖✨ Xa está dispoñible o novo número de VIEIRO!Presentamos a edición nº 145 da nosa revista escolar, un percorrido por mo...
25/06/2026

📖✨ Xa está dispoñible o novo número de VIEIRO!

Presentamos a edición nº 145 da nosa revista escolar, un percorrido por moitos dos momentos máis especiais vividos ao longo deste curso no colexio.

Actividades, proxectos, saídas, deporte, celebracións, experiencias e moitas outras historias que reflicten o traballo, a ilusión e o compromiso de toda a comunidade educativa.

🔎 Queres descubrilo? Podes ler a revista completa na nosa páxina web. Só tes que acceder e premer no botón correspondente para consultar este novo número.

💙 Grazas a todas as persoas que colaboran para que VIEIRO siga sendo unha memoria viva da nosa escola.

🥥💙 Un curso compartindo e aprendendo xuntosAo longo do curso, o alumnado de 3º e 4º de Primaria participou en tres activ...
21/06/2026

🥥💙 Un curso compartindo e aprendendo xuntos

Ao longo do curso, o alumnado de 3º e 4º de Primaria participou en tres actividades solidarias dentro do proxecto Namana da organización Agua de Coco 🌍

🎲 No primeiro trimestre, un xogo xigante en equipo para aprender e cooperar
💻 No segundo, unha emocionante videochamada cunha escola de Madagascar
🥥 E neste terceiro, todo o centro participou nunha merenda solidaria como xesto de intercambio e apoio

✨ Pequenos xestos que conectan realidades e nos axudan a medrar en valores

🧭🌊 Remata a nosa viaxe cultural a Cantabria!Onte puxemos fin a unha experiencia inesquecible para o alumnado de ESO 💙🟢 O...
20/06/2026

🧭🌊 Remata a nosa viaxe cultural a Cantabria!

Onte puxemos fin a unha experiencia inesquecible para o alumnado de ESO 💙

🟢 O xoves continuaron descubrindo Santander 🌆, cun paseo en barco pola ría 🚤 acompañado dun guía que lles mostrou os recunchos máis destacados da cidade, ademais de tempo para desfrutar da praia 🏖️ e pasear pola fermosa península da Magdalena 🌿

🟢 Onte, de regreso, visitaron as covas de Altamira 🏞️, deron un paseo por Santillana del Mar 🏘️ e viviron unha auténtica aventura co descenso do río Deva 🛶💦

✨ Unha viaxe chea de aprendizaxes, convivencia e momentos que quedarán para sempre!

📢✨ Actividades extraescolares 2026/27 xa dispoñibles!No CPR Plurilingüe Martínez Otero apostamos por aprender, divertirs...
19/06/2026

📢✨ Actividades extraescolares 2026/27 xa dispoñibles!

No CPR Plurilingüe Martínez Otero apostamos por aprender, divertirse e medrar 💙

🏃‍♂️ Deporte
🇬🇧 Idiomas
🤖 Robótica

📝 Prazo de inscrición aberto ata o 17 de setembro

👉 Infórmate e reserva a túa praza!

🌟 Últimos días de curso cheos de actividade!O noso alumnado está a vivir unha última semana intensa e moi especial, chea...
18/06/2026

🌟 Últimos días de curso cheos de actividade!

O noso alumnado está a vivir unha última semana intensa e moi especial, chea de experiencias diferentes e momentos para compartir 💙

🟢 O martes, o alumnado de 1º ciclo desfrutou dunha saída ás pistas de petanca, onde puideron iniciarse neste deporte e pasar un rato moi divertido 🎯
👏 Queremos agradecer ao Club Petanca Foz a súa acollida e a súa colaboración, ensinándolles o xogo aos nosos rapaces e rapazas 💚

🤖 E onte, mércores, foi a quenda da innovación coa actividade de robótica levada a cabo por Robotix, na que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria, descubrindo e aprendendo a través da tecnoloxía 💡

✨ Seguimos sumando experiencias que fan do final de curso algo inesquecible!

🧭🌄 Viaxe cultural a Cantabria en marcha!O alumnado de ESO xa vai pola metade da súa aventura… e non deixa de sumar exper...
18/06/2026

🧭🌄 Viaxe cultural a Cantabria en marcha!

O alumnado de ESO xa vai pola metade da súa aventura… e non deixa de sumar experiencias inesquecibles 💙

🟢 O martes iniciaron a súa viaxe de fin de curso visitando os impresionantes Lagos de Covadonga 🏔️ e facendo unha pequena parada en Cangas de Onís 📸

🟢 Onte foi o turno de descubrir o Parque da Natureza de Cabárceno 🐘🦒 e comezar a coñecer Santander 🌊🏙️

✨ Aprendizaxe, convivencia e moita ilusión nunha viaxe que está a ser toda unha experiencia!

👉 A aventura continúa…

Dirección

R/Paco Maañón, 12
Foz
27780

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 20:00
Martes 09:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Colexio Martínez Otero - Foz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Colexio Martínez Otero - Foz:

Atajos

Compartir

Categoría