BNG Foz

BNG Foz Por un Foz novo.

Mañá ás 20.30h na Casa da Cultura, convidámosvos a participar no Acto público, no que participarán, entre outros, Fanego...
15/04/2019

Mañá ás 20.30h na Casa da Cultura, convidámosvos a participar no Acto público, no que participarán, entre outros, Fanego e Maite Ferreiro, candidata ao Congreso. Agardámosvos.

O venres desvelamos o misterio.
10/04/2019

O venres desvelamos o misterio.

O BNG de Foz volve a reivindicar o dereito ao correcto funcionamento dos servizos sanitarios do concelloSemella que a ac...
02/01/2019

O BNG de Foz volve a reivindicar o dereito ao correcto funcionamento dos servizos sanitarios do concello

Semella que a actual equipa directiva do SERGAS confórmase con mentir reiteradamente en notas informativas cando o BNG informa sobre as deficiencias xa sistémicas no noso Centro de Saúde, máis outra vez o SERGAS continúa co desleixo na adecuación do servizo que presta no Centro de saúde de Foz.

O portavoz-alcalde do PP non sabe ou non contesta (segue sen facelo ao respecto das urxencias no Centro de Saúde, desmontadas hai xa catro anos cando nos acusara de mentir, e fora él quen unha vez máis mentira).
O Centro de Saúde continúa “funcionando” cun sobreesforzo xa eterno dos seus traballadores, por mor das reiteradas e inadecuadas coberturas con medias xornadas das e dos DUE, a inexistencia da cobertura das baixas de sanitarios e de PSXs, a non reposición da xubilación en 2018 dunha auxiliar de enfermería, e continúa sen cubrirse a reducción de xornada do Servizo de Odontoloxía e o de Pediatría. O BNG sabeo polos usuarios, que comezan a recibir recitacións das datas destes días de nadal, que o Centro de Saúde de Foz quedará sen Servizo de Odontoloxía e Pediatría máis dunha semana (xa quedou o pasado día 24 de decembro). Se non fora máis que unha semana sería grave pero sendo a enésima non cobertura de ausencias programadas destes e doutros dos profesionais que exercen o seu dereito ao descanso, é moi grave. Roza o delito como xa se puido ver no PAC da Estrada recentemente e conta co aplauso pechado do PP, que na Xunta e no Concello non saben como xustificarse. Declaran que non hai persoal, ou peor ainda, que é culpa dos profesionais.

So hai un responsable, o goberno do PP. As veciñas e os veciños de Foz e o BNG, esixen o adecuado funcionamento dos seus servizos públicos, tamén no Centro de Foz.

Quen é o maior produtor de enerxía do estado?Que custos ambientais ten a produción de enerxía?Canto pagamos os galegos p...
01/12/2018

Quen é o maior produtor de enerxía do estado?

Que custos ambientais ten a produción de enerxía?

Canto pagamos os galegos por esa enerxía?

Canto pagan no resto do estado?

E paréceche normal?

Se queres coñecer a resposta a estas e outras preguntas, non deixes de achegarte hoxe pola Casa da Cultura. Empezamos ás 19.00h. Non faltes!

Paréceche normal?Mañá sábado estaremos na Avenida da Mariña durante a mañá e o martes 27 pola mañá no mercado, recollend...
23/11/2018

Paréceche normal?

Mañá sábado estaremos na Avenida da Mariña durante a mañá e o martes 27 pola mañá no mercado, recollendo sinaturas para o abaratamento da luz e informando sobre as medidas deste proxecto presentado polo BNG.

Para rematar celebraremos un acto coa presenza de Olalla Rodil, Xosé Paleo e Francisco Xavier Fanego. Será o sábado 1 de decembro ás 19:00 na Casa da Cultura.

Se a ti tampouco che parece normal, non faltes!

Chegou o día! Ainda non tedes as camisetas de deseño exclusivo máis molonas do vrao? Pois correde que se acaban! Chichar...
21/07/2018

Chegou o día! Ainda non tedes as camisetas de deseño exclusivo máis molonas do vrao? Pois correde que se acaban! Chicharros ou barcos edición limitada.

Fin da primeira parte! Mañá agardámosvos a todos na festa máis auténtica do vrao 🐟🐟🐟
20/07/2018

Fin da primeira parte! Mañá agardámosvos a todos na festa máis auténtica do vrao 🐟🐟🐟

Un ano máis, e van xa 25, celebramos a Festa da patria con chicharros lañados, torresmos e chourizos. Saben que consolan...
17/07/2018

Un ano máis, e van xa 25, celebramos a Festa da patria con chicharros lañados, torresmos e chourizos. Saben que consolan!

Se os orzamentos para o 2018 nos parecían malos, o plan económico financeiro parécenos un auténtico despropósito, un esc...
05/07/2018

Se os orzamentos para o 2018 nos parecían malos, o plan económico financeiro parécenos un auténtico despropósito, un escándalo, un roubo.

En primeiro lugar porque a Xunta de Galicia leva máis de un ano reclamando este plan como requisito indispensable para poder abrir a nova residencia. Repetimos: Máis de un ano! Que fixo o señor Castiñeira neste tempo?

En segundo lugar porque é un plan bianual, isto fainos sospeitar que en 2019 non vai haber orzamentos. O cal, por outra parte, non sería de estrañar en vista de que o máis habitual deste goberno é que nos presenten os orzamentos en maio-xuño, e tendo en conta que o ano que vén hai eleccións, para que molestarse?

En terceiro lugar porque é un plan económico financeiro virtual, irreal, ficticio... Chamádelle como queirades. Por que? Porque para tapar o furado que deixan os 500.000€ das actualizacións do IBI que se van gastar en 2018 e que en realidade corresponden a 2019, inclúe unha partida de ingresos de 500.000€ a conta do canon da concesión da auga cando ese contrato de concesión aínda non está feito, é máis, nin sequera están feitos os pliegos do concurso. Como pode saber o señor Castiñeira que vai ingresar eses cartos? A nós parécennos as contas da leiteira e por iso votamos NON.

A semana pasada celebrouse pode que o pleno más importante do mandato. Foi un pleno longo, denso, tenso e intenso, no qu...
04/07/2018

A semana pasada celebrouse pode que o pleno más importante do mandato. Foi un pleno longo, denso, tenso e intenso, no que se trataron varios temas que van ser vitais para o concello durante os próximos anos. Por iso queremos explicalo ben, expor as nosas razóns e deixar claras as nosas posturas.

Empezamos polos orzamentos. Se a primeira proposta de orzamentos que nos presentou Castiñeira en maio nos pareceu mala, a proposta que presentou en xuño pareceunos aínda peor. E por moito que diga o señor Castiñeira, nin estes orzamentos son os mesmos de 2017, nin o BNG axudou a aprobalos (os de 2017, xa que nos abstivemos por imperativo legal) nin a solución pasaba por que o BNG fixese propostas, xa que os orzamentos son responsabilidade do equipo de goberno, non da oposición.

Que problemas había? Moitos:

Non nos gusta que se presenten con seis meses de retraso, convertíndonos así no último concello de Galiza en presentalos.

Non nos gusta que se inflen os ingresos, incluíndo aqueles dereitos de cobro que sabemos fixo que non imos cobrar e incrementando así o déficit.

Non nos gusta que se inclúan 500.000€ do IBI que pertencen aos orzamentos de 2019, porque é unha forma de facernos trampas a nosoutros mesmos.

Non nos gusta que nos vendan a subida salarial e as becas de transporte e natalidade como melloras, cando xa tiñan que estar incluídas no primeiro borrador por xustiza.

Non nos gusta que o señor Castiñeira utilice a nova residencia como arma arreboladiza, porque se a residencia non está aínda aberta é pola súa propia desidia e incompetencia.

Non nos gusta que o señor Castiñeira nos acuse de sermos os culpables de que non se cumpla a regra de gasto por "obrigalo" a reformar o pavillón de Marzán. En serio? En primeiro lugar, nosoutras non o obrigamos a nada, foi vostede o que aceptou a proposta a cambio dos nosos votos a favor; e en segundo lugar, se vostede, grazas aos técnicos municipais que traballan mau a mau con vostede, sabía que esa inversión incumplía a regra de gasto, non debera tela realizado. A decisión final foi en calquera caso exclusivamente súa.

E por último, non entendemos como FPF, que hai un mes estaba en contra destes orzamentos, agora, despois dunha pequena maquillaxe, está a favor. Nas grandes ocasións é cando se coñece o que hai no fondo das persoas, neste caso dos políticos, e esta é unha desas ocasións. Non será que había outros intereses en xogo?

Non vos perdades o noso artigo de hoxe na prensa. É un pouco longo, mais paga a pena. As cousas claras.O verdadeiro rela...
09/05/2018

Non vos perdades o noso artigo de hoxe na prensa. É un pouco longo, mais paga a pena. As cousas claras.

O verdadeiro relato da residencia de Foz

Pódese enganar a todo o mundo algún tempo. Pódese enganar a algúns todo o tempo. Pero non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo. No relato da Residencia de Foz cúmprese novamente esta frase. Recentemente unhas declaracións dalgún membro da corporación, trata de estrangular a verdade e enganar, pode que a algúns, mais non a todos nin todo o tempo. Cómpre contar o verdadeiro relato deste intento de manipulación.

O Pleno do Concello de Foz de maio do 2009, aprobou por unanimidade (PSOE, BNG e PP), unha moción instando á Xunta de Galiza para dotar a Foz dunha Residencia e dun Centro de Día con capacidade para máis de 100 persoas e para que a súa construción non se demorara máis aló do 2013. Recalcamos que se solicitou á Xunta de Galiza, non á Deputación de Lugo.

O PP da Xunta atrasou a obra de xeito inmoral, mesmo na sesión da comisión 5º do parlamento de Galiza (Comisión de Traballo e de Benestar Social) en decembro de 2010, votando en dúas ocasións contra a construción do Centro de Día e da Residencia en Foz tal como se solicitaba en dúas emendas, unha presentada polo BNG. A residencia foi finalmente construída e entregada con desvergonza para aproveitarse naquela miserenta campaña electoral do PP de Foz, que baseou en que un candidato doutro partido asinara a solicitude de afiliación ao PP; xa se viu: alta política. Entregouse máis de dous anos tarde e ben máis cativa ca o aprobado en pleno, marca PP. E durante o actual mandato, dentro das numerosísimas mostras de incompetencia do equipo de goberno do PP, leva dous anos rematada, dotada e o PP local non foi quen de elaborar un plan económico financeiro, requisito indispensable para poder abrila, polo que teremos que lamentar novos retrasos na súa apertura.
O BNG sempre quixo e defendeu que a xestión deste servizo fose pública e non renunciamos a isto, mais a residencia é da Xunta de Galiza, non da Deputación nin do Concello. E lamentablemente, no modelo PP de xestión neoliberal, a Consellería de Benestar permite aberracións como que unha aparente xestión directa supostamente pública pola Xunta, remate nunha subcontratación privada que despediría automáticamente aos traballadores actuais do asilo e, peor aínda, que remataría botando, si, botando aos residentes á rúa. Si, a moitos grandes dependentes e con graves discapacidades, tutelados mesmo pola Funga diante da ausencia de familias que os representen, a estes tamén os expulsarían. Tamén estes son veciños de Foz, certo que non se lles pode enganar nin "vender a moto" porque moitos non teñen dereito ao voto pola súa grave discapacidade e probablemente nin a Xunta do PP nin algún membro da corporación de Foz lamentarían que foran expulsados de Foz e estrados polo país como cascallos inservibles. Poden non ser valiosos pra eles, mais si importan ao BNG, cuestión de prioridades.

O modelo de xestión temporal proposto actualmente é imperfecto mais tamén transitorio. Pero por riba de todo, evitaría semellante aberración que atenta contra os dereitos dos traballadores (si, é legal mesmo ao igual que a reforma laboral despiadada do PP) e contra a dignidade dos máis vulnerables como os severos discapacitados que alberga actualmente o asilo, como a falta de financiamento da lei de dependencia que fai que o PP aforre a base de agardar inmoralmente a que finen os dependentes sen cobrar a axuda. As tarifas son as do DOG, as que fai estándar o PP para os centros da súa responsabilidade, con ou sen a proposta de xestión actual.

A vontade política e a política local significa facer posible as melloras para os cidadáns que permitan as circunstancias e tratar de impedir inxustizas e atentados inaceptables, traballando nos intereses dos veciños de Foz, de todos. A demagoxia vende moito, acada algún voto, mais non dura sempre. O PP amosa unha crueldade infinita nas súas regulacións legais, un cálculo frío en función de movementos electorais e que mesmo fai aparecer cartos para as pensións un mes despois de dicir que era imposible, e algún membro da corporación amosa unha irresponsabilidade sen límites agochando as consecuencias deleznables das súas impostadas defensas dunha xestión falsamente pública e delirando con insinuacións fóra de toda realidade. Este é o verdadeiro relato do centro sociosanitario de Foz. Vale máis ser vencido contando a verdade e defendendo os dereitos dos veciños de Foz, tamén dos máis vulnerables, que triunfar coa manipulación e a mentira.

Cansas de levalo a pleno, en forma de rogo, pregunta e moción, cansas de preguntar por activa e por pasiva, de recibir l...
04/05/2018

Cansas de levalo a pleno, en forma de rogo, pregunta e moción, cansas de preguntar por activa e por pasiva, de recibir largas habendo unha sentencia firme do Tribunal Superior de Xustiza do ano 2006, que prohíbe voltar a instalar antenas de ningún tipo nesa azotea, vai sendo hora que se retire o mamotreto.

Convídámosvos a pasar pola Praza de Galicia este sábado a partir das 12.00h e adherirvos á nosa de campaña de recollida de sinaturas para poñer fin a ese despropósito dunha vez por todas.

Dirección

Avenida Da Mariña, 32
Foz
27780

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
Martes 10:00 - 14:00
Miércoles 10:00 - 14:00
Jueves 10:00 - 14:00
Viernes 10:00 - 14:00

Teléfono

+34982140654

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando BNG Foz publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a BNG Foz:

Atajos

Compartir

Categoría