O Formigueiro de Forcarei

O Formigueiro de Forcarei É un achegamento do centro á comunidade educativa. Contarémosvos as noticias de interese, tanto se ocorren dentro como fóra do colexio.

🌿📚 PECHAMOS O CLUB DE LECTURA CUNHA TRADICIÓN MOI NOSAPoñemos o punto e final ao Club do Formigueiro deste curso cunha a...
24/06/2026

🌿📚 PECHAMOS O CLUB DE LECTURA CUNHA TRADICIÓN MOI NOSA

Poñemos o punto e final ao Club do Formigueiro deste curso cunha actividade moi especial. A través dos libros e das historias que compartimos, achegámonos á tradición das sete herbas de San Xoán e descubrimos o significado do facho ou cacho nesta noite tan máxica.

O noso alumnado investigou, aprendeu e elaborou os seus propios fachos, mantendo viva unha das tradicións máis fermosas da nosa cultura popular.

Aquí podedes ver algunhas imaxes dos fachos realizados polos nosos nenos e nenas. ✨🔥🌿

CEIPNosaSeñoraDasDores

📚☕CAFÉ CON LETRAS: NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA PARA FAMILIASAnimámosvos a participar nunha nova sesión de Café con Le...
11/06/2026

📚☕CAFÉ CON LETRAS: NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA PARA FAMILIAS

Animámosvos a participar nunha nova sesión de Café con Letras, o noso espazo de encontro, conversa e lectura compartida entre familias.

Nesta ocasión achegarémonos á novela Redes, de Eloy Moreno, unha lectura que nos convida a reflexionar sobre o uso das redes sociais, a identidade dixital e os retos que afrontan os nenos, nenas e adolescentes no mundo actual.

Contaremos, ademais, coa participación de Verónica Barros, psicóloga especializada en educación dixital e benestar emocional, que nos axudará a compartir ideas, dúbidas e estratexias para acompañar mellor ás nosas crianzas.

💬 Unha oportunidade para falar, aprender e facer comunidade arredor da lectura.

Podedes consultar toda a información e acceder ao enlace no blog da biblioteca.
http://bibloenforcarei.blogspot.com/2026/06/club-de-lecctura-para-familias-falamos.html

Agardámosvos! 💛

UN ENCONTRO ARREDOR DA BIBLIOTECA ESCOLAR ✨ Onte tivemos a honra de recibir no noso centro a visita de Isabel, asesora d...
04/06/2026

UN ENCONTRO ARREDOR DA BIBLIOTECA ESCOLAR

✨ Onte tivemos a honra de recibir no noso centro a visita de Isabel, asesora de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Ao longo da mañá puido coñecer de preto a nosa biblioteca escolar e percorrer os distintos espazos do centro, Radio Formigueiro, a biblio creativa,… compartindo con nós impresións, ideas e reflexións arredor do importante papel que desempeñan as bibliotecas e, en concreto, a nosa dentro da vida escolar.

Tamén tivemos a oportunidade de presentarlle a exposición final do noso Proxecto Documental Integrado “Tesouros Verdes de Galicia”, un traballo colectivo que nos permitiu descubrir, investigar e poñer en valor a riqueza natural e patrimonial da nosa terra. Foi unha satisfacción poder amosar todo o esforzo, a ilusión e a creatividade que o alumnado e o profesorado puxeron neste proxecto ao longo do curso.

Queremos agradecerlle a súa visita, a súa proximidade, a súa escoita e todas as achegas que compartiu connosco. Encontros como este anímannos a seguir cara diante, facendo da biblioteca un espazo de encontro, aprendizaxe e investigación.💚📚

📚💙 ASÍ VIVIMOS O NOSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026!💙📚O noso centro celebrou unha xornada moi especial chea de lingua, mús...
18/05/2026

📚💙 ASÍ VIVIMOS O NOSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026!💙📚

O noso centro celebrou unha xornada moi especial chea de lingua, música, teatro, creación e convivencia xunto ao alumnado do CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo.

Nesta fermosa romaría das letras achegámonos á figura de 🌸 Begoña Caamaño a través de múltiples propostas compartidas.

🎶 Comezamos cantando e bailando “Begoñísima”, interpretada por Uxía Senlle e Malvela, acompañados dunha coreografía preparada polo profe Toño.
👀 Pronto compartiremos o vídeo da nosa actuación!

🎭 Desfrutamos, grasas á colaboración da Editorial Anaya da obra “A señora Osa quere xogar”, da man de Trécola Teatro, enchendo a mañá de risas, participación e imaxinación.

🎨📖 Ao longo da xornada o alumnado participou en diferentes estacións:
✨ Obradoiro de chapas
✨ “Palabras de Begoña”
✨ “A imaxe que nos une”, creando un gran puzzle colaborativo

Un día cheo de cooperación, creatividade e amor pola nosa lingua. Porque o galego tamén se canta, se baila, se crea e se comparte. 💙

Grazas ao CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo por acompañarnos nesta celebración tan especial e grazas a todo o alumnado e profesorado por facer posible esta fermosa romaría das letras! 🌸📚🐜

Máis información: https://arxineando.wordpress.com/2026/05/18/chegou-o-dia-chegou-a-romaria-das-letras/

O noso centro celebrou o Día das Letras Galegas cunha xornada moi especial, chea de lingua, música, teatro, creación e convivencia. Este ano tivemos a sorte de compartir a celebración co alumnado d…

📚💙 FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026! 💙📚Hoxe celebramos a nosa lingua, a nosa cultura e a figura de 🌸 Begoña Caamaño, au...
17/05/2026

📚💙 FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2026! 💙📚

Hoxe celebramos a nosa lingua, a nosa cultura e a figura de 🌸 Begoña Caamaño, autora homenaxeada neste 2026.

No noso cole decidimos festexar con 🎙️ Radio Formigueiro, ilustracións 🎨, música 🎶, lecturas e moita creatividade arredor da súa vida e obra.

O alumnado de Infantil participou cun programa especial da radio escolar, 5º inspirouse en Andy Warhol para crear os seus retratos pop e 6º ilustrou a canción 🎵 “Begoñísima” de Uxía Senlle, entre outras moitas propostas que estivemos a realizar estes días.

Porque o galego lese, cántase, créase… e sobre todo, vívese! 🌿✨

E isto é só o comezo… 😉
📖 Mañá máis e mellor!

🌿📚 ACHÉGATE Á FIGURA DE BEGOÑA CAAMAÑO 📚🌿Desde a biblioteca escolar convidámosvos a descubrir as súas obras, a súa histo...
09/05/2026

🌿📚 ACHÉGATE Á FIGURA DE BEGOÑA CAAMAÑO 📚🌿

Desde a biblioteca escolar convidámosvos a descubrir as súas obras, a súa historia e a súa maneira única de entender a literatura e a lingua galega. 💙✨

📖 Quen se anima a participar?
Temos preparada unha selección de libros da autora e tamén publicacións para coñecer mellor a súa figura. Se estás interesado/a cubre o formulario que atoparás no blog da biblioteca (https://bibloenforcarei.blogspot.com/2026/05/descubrindo-begona-caamano.html).

📱 E se prefires a lectura dixital, lembra que tamén podes acceder a diferentes títulos a través da plataforma E-LBE.2, o servizo de lectura dixital das bibliotecas escolares galegas: https://bega-elbe2.edu.xunta.es/.

🌱 Ler en galego é descubrir, sentir e compartir.

📚✨ TARDE DE LECTURA E FAMILIAS ✨📚Hoxe vivimos unha tarde moi especial na nosa biblioteca 💛A actividade “Familias de libr...
24/04/2026

📚✨ TARDE DE LECTURA E FAMILIAS ✨📚

Hoxe vivimos unha tarde moi especial na nosa biblioteca 💛

A actividade “Familias de libro” encheu o centro de creatividade, emocións e momentos compartidos. Pequenos e maiores mergulláronse na creación dos seus propios libros de artista, dando forma a recordos, historias e imaxinacións únicas 🎨📖

Da man de Pablo Otero “Peixe”, descubrimos novas maneiras de entender o libro, non só como lectura, senón como un espazo para crear, expresar e sentir.

Foi unha experiencia fermosa na que cada familia construíu algo propio, pero ao mesmo tempo compartido, facendo da biblioteca un lugar vivo, cheo de ideas e comunidade 🤝

Grazas a todas as familias pola vosa participación e por facer posible momentos así 💫

📚✨ LECTURA E FAMILIAS ✨📚Este venres 24, de 16:00 a 18:00 h, abrimos a biblioteca para compartir unha tarde moi especial ...
20/04/2026

📚✨ LECTURA E FAMILIAS ✨📚
Este venres 24, de 16:00 a 18:00 h, abrimos a biblioteca para compartir unha tarde moi especial en familia. 👉 Inscrición e máis información no blog da biblioteca: http://bibloenforcarei.blogspot.com/

20/04/2026

📚✨ LECTURA E FAMILIAS ✨📚
Este venres 24, de 16:00 a 18:00 h, abrimos a biblioteca para compartir unha tarde moi especial en familia. 👉 Inscrición e máis información no blog da biblioteca:

Dirección

Rúa Maleitas S/n
Forcarey
36550

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 16:30
Martes 09:30 - 17:00
Miércoles 09:30 - 16:30
Jueves 09:30 - 16:30
Viernes 09:30 - 16:30

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando O Formigueiro de Forcarei publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a O Formigueiro de Forcarei:

Compartir

Categoría