Campus Industrial Ferrol

Campus Industrial Ferrol Perfil Oficial do Campus Industrial de Ferrol
(Universidade da Coruña)
e-mail: [email protected]
tfno.: +34 881 01 3621

O Campus Industrial de Ferrol está especializado principalmente no ámbito da Enxeñaría e ademáis, comprende estudos nas Ciencias do Artificial, Ciencias do Traballo, Ciencias da Saúde e as Ciencias Humanísticas. Conta con 6 centros onde se imparten 11 grados, 7 másteres e 6 programas de doutoramento e alberga multitude de actividades e servizos. Estudan ó redor de 2.600 alumnos e serve como motor da investigación, a innovación e o desenrolo conectando a universidade có entorno.

  A profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín Doce, vén de ser nomeada codirectora da ...
05/10/2026

A profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín Doce, vén de ser nomeada codirectora da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, impulsada pola Universidade da Coruña e máis por Navantia. Exercerá esta función xunto con Rafael Morgade, responsable de Transformación Dixital e Industrial en Navantia Ría de Ferrol e codirector desde o curso 2025/26. Toma o relevo da tamén profesora neste centro do Campus Industrial Ferrol, Ana Álvarez García, quen a codirixiu deste o seu nacemento en 2017.

  A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, visitou, este xoves 1/OUTUBRO, ao a...
01/10/2026

A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, visitou, este xoves 1/OUTUBRO, ao alumnado aloxado na Residencia Universitaria do Campus Industrial Ferrol para darlle a benvida neste novo curso 2026/27.

  O Castro de Esmelle acolle desde este luns 28/SETEMBRO e ata o venres 9/OUTUBRO unha quinta intervención arqueolóxica,...
29/09/2026

O Castro de Esmelle acolle desde este luns 28/SETEMBRO e ata o venres 9/OUTUBRO unha quinta intervención arqueolóxica, a segunda que se desenvolve neste xacemento da Idade de Ferro no que vai de ano. Os traballos darán continuidade á campaña realizada durante o pasado mes de xullo e centraranse no estudo dun edificio localizado na zona de acceso ao castro. A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial, promovida pola Universidade da Coruña xunto co Concello de Ferrol, e conta co apoio económico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude.

  Nova Conferencia da Cátedra Jorge Juan Universidade da Coruña Armada: "Evolución do deseño dos sistemas para a protecc...
28/09/2026

Nova Conferencia da Cátedra Jorge Juan Universidade da Coruña Armada: "Evolución do deseño dos sistemas para a protección fronte ao risco de inundacións en contornas urbanas", impartida polo catedrático de Ingeniería Hidráulica y vicerrector de Investigación y Transferencia da Universidade da Coruña, Jerónimo Puertas Agudo.
📅 Xoves 1/OUTUBRO 🕖 Ás 19:00 horas
📍 Sala Carlos III - Museo de la Construccion Naval. Fundacion Exponav

  Disfruta da   no Campus Industrial Ferrol da Universidade da Coruña. O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e...
24/09/2026

Disfruta da no Campus Industrial Ferrol da Universidade da Coruña. O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni ten preparadas un total de 10 actividades con propostas prácticas sobre diferentes ámbitos da ciencia e a enxeñaría. Reserva xa a túa praza. Non quedes sen ela!
📆 25/SETEMBRO 🕔 de 17:00 a 20:00 horas 📍 Gratuíto
🔗 https://gnight.gal/cidades/ferrol/

  A primeira promoción do programa de Máster Erasmus Mundus Renewable Energy and Sustainable Construction (RESCO) vén de...
23/09/2026

A primeira promoción do programa de Máster Erasmus Mundus Renewable Energy and Sustainable Construction (RESCO) vén de iniciar oficialmente os seus estudos. A Budapest University of Technology and Economics (BME) acolleu estes días o primeiro encontro presencial entre o estudantado e representantes das universidades académicas que forman parte do consorcio. No segundo semestre, o estudantado achegarase á construción sostible e a eficiencia enerxética na Universidade do Minho (UMinho), en Portugal, e na Universidade da Coruña, no Campus Industrial Ferrol, da man do profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.

  Éxito de participación na xornada “Experiencias do estudantado egresado” da Facultade de Ciencias do Traballo. A activ...
23/09/2026

Éxito de participación na xornada “Experiencias do estudantado egresado” da Facultade de Ciencias do Traballo. A actividade, impulsada polo Plan de Acción Titorial (PAT) do centro, contou coa participación da responsable CAE e de Operacións Administrativas e de RRHH en ARMACON, Cristina Castro Barcala; da Experienced Senior na Área de HR & PlayRoll en Deloitte, Andrea Vieites Estraviz; da consultora laboral no Grupo Atlante, Rebeca Enríquez Allegue; da xestora de persoas en Leche Celta, Cynthia García Ramonde, e dos graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos, José Zar Varela e Iván Montero Barros.

  A adxunta de Mobilidade e Convenios da Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización, Carmen Garcimartín, recibi...
22/09/2026

A adxunta de Mobilidade e Convenios da Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización, Carmen Garcimartín, recibiu, este martes 22/SETEMBRO, na Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación, aos primeiros 36 estudantes estranxeiros que se incorporan ao Campus Industrial Ferrol neste primeiro cuadrimestre. Proceden de Alemaña, Arxentina, Cambodia, Corea do Sur, Italia, México, Países Baixos, Polonia, Romanía, Turquía e de Ucraína. Benvidos/as á Universidade da Coruña!

  A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o director do Programa Afrontemos...
21/09/2026

A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o director do Programa Afrontemos da Universidade da Coruña, Valentín Escudero, recibiron, o pasado venres 18/SETEMBRO, no Campus Industrial Ferrol, aos representantes dos servizos de atención psicolóxica da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo no marco dunha reunión para a posta en marcha dun protocolo común de acompañamento psicolóxico ao estudantado das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG), desenvolvido en colaboración co Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

  Menudo comezo de curso! Este xoves 17/SETEMBRO, de 11:00 a 14:00 horas, tivo lugar a nosa Xornada de Benvida á Univers...
17/09/2026

Menudo comezo de curso! Este xoves 17/SETEMBRO, de 11:00 a 14:00 horas, tivo lugar a nosa Xornada de Benvida á Universidade da Coruña e foi un verdadeiro pracer compartir este día con todos e todas vós. Somos un campus pegado á cidade, vencellado á sociedade e á industria. Somos Campus Industrial Ferrol. Grazas por formar parte desta comunidade ❤️❤️❤️

Dirección

R/Drive Vázquez Cabrera S/n
Ferrol
15403

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 19:00
Martes 09:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 19:00
Sábado 09:00 - 14:00

Teléfono

+34881013621

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Campus Industrial Ferrol publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Campus Industrial Ferrol:

Atajos

Compartir

Categoría