Serei eterna se me levas nos beizos
EDLG Xan Viaño
Equipo de Dinamización da Lingua Galega
17/11/2024
04/11/2024
Exitoso e musical magosto no Xan Viaño 🎶🍂🍁🎃
08/10/2024
O equipo de lingua do Xan Viaño deste curso, loitando pola nosa lingua contra vento e marea!
13/03/2024
Mañá xoves 14 de marzo ás 18:30 h, estades todas e todos convidados ao Concerto didáctico "Alma quere unha tuba" onde poderemos escoitar o conto de Ana María Alonso con música de David Rivas. Ademais escoitaremos moita máis música e aprenderemos moitas cousas deste marabilloso instrumento. Non volo perdades!!
11 de marzo Día Internacional da Gaita! Esperámosvos!!
09/03/2024
O vindeiro luns 11 de marzo ás 19:00 h celebramos o Día Internacional da Gaita cunha homenaxe a Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira que se coñece na historia da música galega. Participará todo o alumnado de gaita e proxectaremos un vídeo que fixeron falando de Aurea, a raíña da gaita galega!
Actividade organizada polo EDLG do Xan Viaño.
03/03/2024
O Coro de Grao Profesional participa tamen no noso proxecto de innovación lingüística "A música da nosa poesía", interpretando unha canción da compositora galega María Mendoza sobre un texto de Eva Veiga. Será o próximo venres 8 de marzo ás 16:30 h nos recitais de Música Mestra! polo 8M.
03/03/2024
O xoves 7 de marzo ás 18:30 h terá lugar un novo concerto dentro da programación de Música Mestra!, o recital de alumnado de piano As nosas compositoras. Teremos a oportunidade de escoitar obras de compositoras galegas como Eugenia Osterberger, María Mendoza, Ermitas García, Sofía Oriana Infante, Julia Dopico e Esther Sobral.
03/03/2024
O próximo mércores 6 de marzo ás 10:00 h e ás 17:00 h, terá lugar o II Recital Poético a cargo do alumnado do IES Carvalho Calero e do CMUS Xan Viaño de Ferrol, no que se recitarán poemas de Luísa Villalta, escritora e música homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Actividade enmarcada dentro dos recitais organizados polo 8M e pertencente ao proxecto de innovación lingüística "A música da nosa poesía" do Plan Proxecta+.
25/02/2024
Algunhas fotos do encontro con Sés do pasado venres. Moitísimas grazas a Sés por achegarse ata o Xan Viaño e compartir as súas experiencias e coñecementos co noso alumnado. O tempo pasóusenos voando, escoitando a esta gran muller, marabillosa experiencia para todos e todas! Grazas á profesora Sofía Oriana Infante e ao EDLG do Xan Viaño pola organización da actividade.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Categoría
Página web
Dirección
Ferrol