14/08/2026
🌒 Que mellor peche para unha semana histórica que revivir a eclipse do 12 de agosto a través destas imaxes.
📸 O investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citenic Saúl Beceiro, do grupo de Física e Tecnoloxía Nuclear e de Altas Enerxías ( ), comparte connosco esta secuencia de 14 fotografías tomadas desde Ferrol.
🔭 Máis alá do seu valor visual, permítenos analizar a súa evolución. Cos metadatos EXIF pódese reconstruír a progresión temporal e, a partir da xeometría dos discos, estimar que porcentaxe do disco solar estaba oculto, seguir o movemento da Lúa sobre o Sol e comparar os seus tamaños aparentes.
☀️ As imaxes da totalidade permiten tamén estudar a extensión e orientación da coroa solar e buscar fenómenos como as perlas de Baily ou o anel de diamante.
📊 Finalmente, combinando estas medidas coas efemérides astronómicas calculadas para as coordenadas exactas de Ferrol, pódese comparar o observado co previsto: os horarios dos contactos, o máximo da eclipse, a altura e o acimut do Sol, a duración da totalidade ou a xeometría Sol–Lúa.
✨ Grazas, Saúl, por deixarnos tamén a mirada máis científica dun momento máxico.
13/08/2026
🦿 E se puidésemos anticipar como se comportará a rótula antes dunha intervención de prótese de xeonllo?
💻 Un estudo do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni da Universidade da Coruña emprega simulacións por ordenador para anticipar, antes da cirurxía, como diferentes opcións de colocación do implante poden afectar ao comportamento e á estabilidade da rótula.
📄 Os resultados acaban de publicarse na revista científica Arthroplasty. O estudo, desenvolvido no Campus Industrial Ferrol, está asinado por Florian Michaud, Ánxela Pérez e Daniel Dopico, do equipo de biomecánica do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica ( ), xunto con Simon Talbot, do Departamento de Cirurxía Ortopédica de Western Health (Footscray, Australia).
🦵 Os resultados indican que a aliñación do cuádriceps antes da intervención pode influír na estabilidade da rótula tras a operación, polo que convén tela en conta ao valorar a colocación do implante.
🤝 Un novo exemplo de como a investigación do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni conecta a enxeñaría coa medicina na procura de novas solucións en saúde. 📰❗Velaquí a nova.
06/08/2026
⚡ Cada día, unha parte importante da enerxía que consume a industria pérdese en forma de calor. E se fose posible aproveitala mellor para obter así máis electricidade?
📙 A revista Energy acaba de publicar unha investigación do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni do Campus Industrial Ferrol, asinada pola doutoranda Ana Ortega e o profesor Alberto Arce, investigadores do grupo da Universidade da Coruña.
🏭 O traballo propón novas estratexias para mellorar o rendemento dos ciclos Rankine orgánicos (ORC), unha tecnoloxía que transforma a calor residual da industria en electricidade.
🐝 Para atopar a combinación de funcionamento máis eficaz empregaron o algoritmo Particle Swarm Optimization (PSO), inspirado no comportamento dun enxame de abellas. O resultado: obter máis electricidade a partir da mesma cantidade de enerxía. 📰❗Velaquí a nova. https://citeni.udc.es/gl/o-citeni-estuda-como-xerar-mais-electricidade-coa-calor-residual-da-industria
31/07/2026
🏆 Laura Castro Santos, Premio Nacional de Investigación Ángeles Alvariño 2026.
A investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni coordinadora do grupo da Universidade da Coruña recibe este galardón do Ministerio de Ciencia e Innovación pola súa traxectoria no ámbito das enerxías renovables mariñas e o desenvolvemento de tecnoloxías orientadas á transición enerxética.
💬 “Nunca imaxinei que algún día podería recibir un premio deste nivel. Cando era pequena, desde logo, non pensaba que chegaría ata aquí. Recibir este galardón faime unha enorme ilusión porque o sinto como o resultado de moitos anos de dedicación e do esforzo compartido con moitas persoas”, recoñece a investigadora.
Unha distinción que celebramos desde o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni do Campus Industrial Ferrol e que, como destaca o equipo directivo, “pon de manifesto a calidade da súa traxectoria e representa unha gran satisfacción para toda a comunidade do centro”.
Parabéns, Laura! 👏👏👏
📰❗Velaquí a nova.
A investigadora do CITENI Laura Castro Santos recibe o Premio Nacional Ángeles Alvariño 2026 - CITENI
A coordinadora do grupo MARES do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais da Universidade da Coruña obtén un dos premios nacionais á investigación para xente moza que concede o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades Laura Castro Santos, investigadora do Centro de...
31/07/2026
🔬 Máis dun millón de euros para impulsar cinco novos proxectos de investigación no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni do Campus Industrial Ferrol.
💶 O financiamento da última convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento do Ministerio de Ciencia e Innovación permitirá avanzar en áreas de investigación que abordan retos científicos e tecnolóxicos moi diversos:
🌠 Física nuclear: novos detectores para estudar núcleos atómicos exóticos e avanzar no coñecemento da estrutura da materia.
⚙️ Enxeñaría mecánica: ferramentas baseadas en datos para coñecer en tempo real o estado da maquinaria industrial e anticipar posibles fallos.
🏃 Análise do movemento humano: tecnoloxías para levar o estudo do movemento humano fóra dos laboratorios e achegalo á saúde e á rehabilitación.
⚛️ Física de partículas: novas ferramentas para analizar os datos do LHCb Experiment at CERN e estudar partículas con quarks estraños na procura de indicios de nova física.
☀️ Materiais avanzados: novas técnicas para coñecer mellor a estrutura dos materiais das células solares orgánicas e contribuír a mellorar a súa eficiencia.
🧑🔬👩🔬 Dos cinco proxectos, dous contarán tamén con contratos predoutorais asociados, que permitirán incorporar novo persoal investigador aos equipos. 📰❗ Velaquí a nova.
O CITENI capta máis dun millón de euros do MICIU para impulsar cinco novos proxectos de investigación - CITENI
O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña desenvolverá cinco novas iniciativas de investigación tras obter financiamento na última convocatoria de proxectos de xeración de coñecemento da Axencia Estatal de Investigación (AEI), que depen...
30/07/2026
⚡ Máis flexible, lixeira e fácil de fabricar: a electrónica orgánica promete transformar o desenvolvemento de novos dispositivos, pero mellorar a súa resistencia segue a ser un dos seus grandes desafíos.
🔬 A tese de doutoramento de Jesika Asatryan, desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni dentro do Laboratorio de Polímeros Funcionais, achega novas claves para comprender como o proceso de fabricación inflúe no comportamento dos polímeros semicondutores e abre o camiño cara a materiais máis resistentes e duradeiros.
🎓 O traballo de investigación, dirixido polo investigador Jaime Martín e defendido o pasado xoves no Campus Industrial Ferrol, foi avaliado por un tribunal composto por:
🔹 Esther Barrena (ICMAB-CSIC ), presidenta.
🔹 Belén Montero (Universidade da Coruña ), secretaria.
🔹 Alberto Davide Scaccabarozzi (Politecnico di Milano), vogal.
👏 Parabéns a Jesika Asatryan polo seu doutoramento e ao equipo do Laboratorio de Polímeros Funcionais por este novo fito investigador. 📰❗ Velaquí a nova.
Unha tese do CITENI abre novas vías para desenvolver unha electrónica orgánica máis resistente e flexible - CITENI
Unha investigación do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) achega novas claves para desenvolver dispositivos de electrónica orgánica máis resistentes e duradeiros. A tese, desenvolvida pola investigadora Jesika Asatryan dentro do Laboratorio de Polímeros Funcio...
11/07/2026
🧵 Por que algúns tecidos liberan máis microfibras que outros? A tese de doutoramento de Mercedes Pereira axuda a responder esta pregunta.
🧪 A súa investigación, titulada «Estudo da susceptibilidade das estruturas téxtiles á liberación de microfibras» e desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni, analizou como as características dos tecidos condicionan a liberación de microfibras ao longo da súa vida útil, tanto durante os lavados como polo desgaste derivado do uso. Un fenómeno que constitúe un dos principais retos ambientais aos que se enfronta hoxe a industria téxtil.
♻️ Parte da solución pode comezar no propio deseño dos tecidos. Comprender como e por que se desprenden as microfibras permite avanzar cara ao desenvolvemento de materiais máis duradeiros e sostibles.
🎓 A tese, defendida o venres 10 de xullo no Campus Industrial Ferrol, foi realizada dentro do grupo en colaboración con e dirixida polos investigadores Ramón P. Artiaga e Jorge J. López.
👩⚖️ O tribunal estivo composto por:
🔹 Rossana Bellopede (Politecnico di Torino ), presidenta.
🔹 María Belén Montero (Universidade da Coruña ), secretaria.
🔹 Carlos Alberto Gracia (Waters Materials Sciences), vogal.
👏 Parabéns, Mercedes, polo teu doutoramento, e tamén ao equipo de por este novo avance cara a unha industria téxtil máis sostible. 📰❗ Velaquí a nova.
Unha tese do CITENI afonda na liberación de microfibras nos téxtiles para reducir o seu impacto ambiental - CITENI
Mercedes Pereira, investigadora do grupo PROTERM, presentou a tese «Estudo da susceptibilidade das estruturas téxtiles á liberación de microfibras», desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) Por que algúns tecidos liberan máis microfibras ca outros...
09/07/2026
A coordinadora da Alianza SUNRISE no Instituto Politécnico de Viana do Castelo , Mariana Oliveira, achegouse, este mércores 8/XULLO, ata o Campus Industrial Ferrol e ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais - Citeni, onde puido coñecer as súas capacidades investigadoras. Tamén aproveitou a súa visita para participar no acto de peche do Campus Tecnolóxico Interuniversitario Inclusivo "Compartindo o Norte".