13/08/2026
San Sadurniño Enerxía constituirase este xoves como primeiro paso para crear unha comunidade enerxética local
San Sadurniño Enerxía, ese é o nome elixido para a nova entidade asociativa que se vai poñer en marcha coa finalidade de crear unha comunidade enerxética no municipio. O colectivo constituirase formalmente o próximo xoves 13 de agosto ás 20:00h na Casa da Cultura nunha asemblea aberta a todas...
06/08/2026
🤝Dende 𝐍𝐨́ 𝐑𝐮𝐫𝐚𝐥 continuamos traballando a favor da remuda xeracional no agro. Estamos a identificar explotacións próximas a finalizar a súa actividade nos vindeiros anos co ánimo de ofrecerlles un acompañamento co que facilitar a chegada de persoas emprendedoras dispostas a tomar o relevo.
🙂Se estás nesta situación, e tes 5 minutos, animámoste a cubrir unha breve enquisa coa que empezar a pensar no futuro para asegurar a continuidade da explotación. Tamén nos podes axudar compartindo esta publicación.
🤳Aí vai o enlace ao formulario: https://norural.gal/enquisas/
🖱️E na nosa web podes ampliar info
-
-
Limia Arnoia GDR 10 Asociación GDR Seitura22 GDR Terra Chá Aterra Galicia Suroeste Asociación Montes e Vales Orientais- GDR3
29/07/2026
No marco da convocatoria , que lanzamos este ano para apoiar a presencia de produtoras e produtores locais nas feiras da comarca, e un gusto poder colaborar cunha edición tan especial da .
🧅 A Feira da Cebola Chata de Miño celebra este ano o seu 2️⃣5️⃣ aniversario cun amplo programa de actividades para poñer en valor un dos produtos máis emblemáticos do noso municipio.
Tradición, gastronomía, música e artesanía protagonizarán unha xornada que terá lugar este 🗓️ domingo, 2 de agosto, e que inclúe unha gran novidade: a estrea dun 🍧 xeado de Cebola Chata caramelizada elaborado por Bico de Xeado.
Consulta o programa en detalle 🔗: https://www.concellodemino.gal/gl/post/xxv-feira-da-cebola-chata-de-mino-25-anos-tecendo-tradicion
27/07/2026
Seguindo co futuro do Leader, algunha reflexión ao respecto;
El error político de olvidar a quienes construyen el desarrollo rural
La reciente aprobación de la II Estrategia Nacional para la Equidad Territorial y el Reto Demográfico, impulsada por el Ministerio para la...
09/07/2026
🤝🌿Consciente de que sen remuda xeracional no agro galego a súa supervivencia será só unha quimera, Nó Rural dá un paso adiante, e apostamos por identificar as explotacións que finalizarán a súa actividade nos próximos anos e ofrecerlles un acompañamento que facilite a chegada de persoas emprendedoras que vexan o seu futuro no rural tomando o relevo.
🤳Para a creación desta base de datos, lanzamos unha enquisa dirixida a persoas próximas á xubilación, que poden empezar a pensar no futuro de cara a asegurar a continuidade da explotación e a xestión territorial que esta vén desempeñando.
🙂Se é o voso caso, cubrir o formulario apenas vos levará 5 minutos: https://norural.gal/enquisas/, e se coñecedes a alguén que se atope nesta situación, vos agradecemos que nos axudedes compartíndolle o enlace
🖱️Na nosa web, tamén podedes ampliar info sobre a iniciativa!
-
-
08/07/2026
O proxecto de cooperación Leader permítenos seguir dando apoio a constitución de comunidades enerxéticas;
San Sadurniño avanza na creación dunha comunidade enerxética local
A Casa da Xuventude acolleu onte á tardiña unha reunión informativa promovida polo GDR Seitura 22 e o Concello para explicar que son as comunidades enerxéticas e como funcionan. O encontro serviu tamén para avanzar no proxecto que San Sadurniño leva preparando desde o ano pasado coa intención...
07/07/2026
👋Seitura 22 ponse diante dos micros de Cadena Cope Ferrol para falar dos diferentes proxectos que estamos a impulsar en materia de comunidades enerxéticas, remuda no agro e alimentación de proximidade. Compartimos con vós enlace á entrevista co noso xerente, Miguel Teixido 👇
Seitura 22 impulsa el relevo agrario, la alimentación de proximidad y las comunidades energéticas en Ferrolterra
La entidad aprueba sus cuentas y presenta nuevos proyectos para fortalecer el medio rural, mejorar los comedores escolares y fomentar la...