CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro Páxina de Facebook oficial do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

🚀 COMEZAMOS!O próximo 5 de outubro comeza o Curso de Especialización en Redacción de Contidos Dixitais para Márketing e ...
01/10/2026

🚀 COMEZAMOS!

O próximo 5 de outubro comeza o Curso de Especialización en Redacción de Contidos Dixitais para Márketing e Vendas no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

Se formas parte desta nova promoción, toma nota da presentación do curso:

📅 5 de outubro
🕔 17.00 horas
📍 Aula 120

Nesta primeira sesión coñecerás o profesorado, os módulos, a organización do curso e as claves para comezar esta nova etapa formativa.

✍️ Creatividade, copywriting, redes sociais, SEO, comercio electrónico e estratexia dixital: prepárate para converter as palabras en contidos que conectan, persuaden e venden.

Agardámoste!

29/09/2026

Así rematamos en CSEAS o traballo sobre accidentes de traballo e enfermidades profesionais no módulo de IPE I.

O alumnado puxo creatividade e coñecementos en práctica elaborando un vídeo en formato TikTok para repasar os conceptos máis importantes dunha maneira diferente.

🩸 DOA SANGUE, DOA VIDA 🩸O próximo xoves, 1 de outubro, a unidade móbil de doazón estará diante do CIFP Rodolfo Ucha Piñe...
29/09/2026

🩸 DOA SANGUE, DOA VIDA 🩸

O próximo xoves, 1 de outubro, a unidade móbil de doazón estará diante do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

📍 Unidade móbil diante do centro:
🕤 09:30 - 14:30 h
🕞 15:30 - 21:00 h

Cada doazón pode axudar a varias persoas e só leva uns minutos. Nos hospitais necesítase sangue todos os días para intervencións cirúrxicas, tratamentos oncolóxicos, accidentes e moitas outras situacións.

Podes doar se:
✔ Tes entre 18 e 70 anos
✔ Pesas máis de 50 kg
✔ Gozas dun bo estado de saúde

Lembra:
✅ Traer o DNI ou documento identificativo
✅ Estar ben hidratado/a
✅ Non acudir en xaxún
✅ Agardar 2 horas despois de xantar

Un pequeno xesto pode marcar unha gran diferenza.

Anímaste a regalar un alento de vida? ❤️

🚨 DATA LÍMITE: 25 SETEMBROTes creatividade, gústache escribir e queres orientar o teu futuro profesional cara ao mundo d...
22/09/2026

🚨 DATA LÍMITE: 25 SETEMBRO
Tes creatividade, gústache escribir e queres orientar o teu futuro profesional cara ao mundo dixital?
No Curso de Especialización en Redacción de Contidos Dixitais para Márketing e Vendas aprenderás a crear contidos capaces de informar, persuadir, conectar co público e contribuír aos obxectivos comerciais dunha marca.
📱 Contidos para redes sociais
✍️ Copywriting e escritura persuasiva
🔎 Redacción orientada ao SEO
📧 Email márketing
🛒 Contidos para comercio electrónico
📊 Estratexias de comunicación
⏳ Última chamada para matricularte!

🌍 O teu futuro tamén fala inglésParticipa no programa CUALE e mellora as túas competencias lingüísticas con clases gratu...
15/09/2026

🌍 O teu futuro tamén fala inglés

Participa no programa CUALE e mellora as túas competencias lingüísticas con clases gratuítas impartidas polo profesorado do centro.

📚 Certificación B1
🗣️ Comunicación oral
✈️ Preparación para mobilidades e prácticas no estranxeiro

📚✨ COMEZA O CURSO 2026-2027 NO CIFP RODOLFO UCHA PIÑEIRO ✨📚O próximo 9 de setembro daremos a benvida ao novo alumnado na...
02/09/2026

📚✨ COMEZA O CURSO 2026-2027 NO CIFP RODOLFO UCHA PIÑEIRO ✨📚

O próximo 9 de setembro daremos a benvida ao novo alumnado na nosa tradicional Xornada de Acollemento, unha oportunidade para coñecer o centro, resolver dúbidas e iniciar esta nova etapa con toda a información necesaria.

🕘 Horario de mañá
▪️ 09:00 h → 2º cursos de ciclos medios e superiores (agás DAW)
▪️ 10:00 h → 1º cursos de ciclos superiores (agás DAW)
▪️ 11:30 h → 1º cursos de ciclos medios
▪️ 13:00 h → FP Básica (1º e 2º curso)

🕗 Horario de tarde
▪️ 16:00 h → CS DAW vespertino (1º e 2º curso)
▪️ 17:00 h → FP Dual (todos os grupos)
▪️ 18:00 h → Oferta a distancia (presencial no centro ou vía Webex)

💙 Agardámosvos con ilusión para comezar un novo curso cheo de aprendizaxe, proxectos e oportunidades.

🎯 ¡Comezan as entrevistas de selección para a FP Dual!Nos vindeiros días, o noso alumnado afrontará unha das etapas máis...
30/06/2026

🎯 ¡Comezan as entrevistas de selección para a FP Dual!

Nos vindeiros días, o noso alumnado afrontará unha das etapas máis importantes da súa formación: as entrevistas coas empresas colaboradoras. Mañá vémonos na reunión ás 10:30 no salón de actos do centro.

📅 Calendario das entrevistas:
✅ 2 de xullo: CA Administracion e Finanzas e CM Comercialización de Produto Alimentario
✅ 3 de xullo: CS DAW e CS Xestion de Vendas e Espazos Comerciais.
✅ 6 de xullo: CS Proxectos de Edificación

Desexámoslles moita sorte a todas e todos. Agardamos que o esforzo, a preparación e a ilusión se vexan recompensados.

Moito ánimo nesta nova experiencia profesional! 💼🍀

🎓✨ Graduación da quenda da tarde ✨🎓O pasado 17 de xuño celebramos a graduación do alumnado dos ciclos da quenda da tarde...
26/06/2026

🎓✨ Graduación da quenda da tarde ✨🎓
O pasado 17 de xuño celebramos a graduación do alumnado dos ciclos da quenda da tarde, unha xornada moi especial chea de emocións, conducida por O Casamenteiro by Dani Rios
🎓 O alumnado graduado pertence ás seguintes familias profesionais:
📦 Comercio e márketing
• COPAL (dual intensiva)
• XVEC (dual intensiva)
🏗️ Edificación e obra civil
• PE (dual intensiva)
💻 Informática e comunicacións
• DAW (ordinario)
• DAW (dual intensiva)
• C.E. en Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías da Información
O acto contou coas intervencións do director, don Fernando López; da docente do departamento de Dinamización de Idiomas, dona Chefa Martelo; e do alumnado representante de cada familia profesional.
Foi unha tarde de aplausos e moitas lembranzas compartidas.
Pechades unha etapa importante, pero tamén abrídesvos a un futuro cheo de oportunidades 🚀
Parabéns, promoción 2026! Moita sorte no camiño que comeza agora! 🩷

🌍✈️ Gustaríache converter a túa paixón por viaxar nunha profesión?No Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencias T...
26/06/2026

🌍✈️ Gustaríache converter a túa paixón por viaxar nunha profesión?

No Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencias Turísticas aprenderás a:
🧭 Deseñar e guiar rutas e visitas.
🏛️ Poñer en valor o patrimonio cultural e natural.
🌐 Informar e atender visitantes en diferentes idiomas.
🤝 Organizar experiencias turísticas inesquecibles.

Un ciclo pensado para persoas con ganas de descubrir o mundo, comunicar, traballar con xente e formar parte dun sector con grandes oportunidades laborais.

📍 Se o teu destino é o turismo, o primeiro paso comeza aquí.

💙 Fórmate connosco no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

🚀 Queres traballar creando contidos que conecten, posicionen e vendan?Converte a túa creatividade nunha profesión co Cur...
19/06/2026

🚀 Queres traballar creando contidos que conecten, posicionen e vendan?

Converte a túa creatividade nunha profesión co Curso de Especialización en Redacción de Contidos Dixitais para Marketing e Vendas.

💡 Aprende a:
✅ Planificar estratexias dixitais
✅ Crear contidos para redes sociais e web
✅ Aplicar técnicas de copywriting, SEO e storytelling
✅ Traballar con WordPress
✅ Analizar resultados e optimizar campañas

🎯 Formación práctica, actual e orientada ao mercado laboral do marketing dixital, a comunicación e as vendas.

📍 410 horas | Presencial

Dálle forma ao teu perfil dixital e prepárate para comunicar marcas, proxectos e ideas con impacto.

🔗 Máis información en: contenidosmarketing.cifprodolfoucha.es

Dirección

Ferrol

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro:

Atajos

Compartir

Categoría