09/06/2026
Hai uns días coñecemos a noticia de que o CEIP Os Casais obtuvo un accésit no Certame de Cooperativismo no Ensino 2026, na categoría de 3° e 4° co proxecto «Cooperando por un patio feliz».
Ainda que o premio se concedeu nesta categoría, a nosa escola presentouse a todas as demáis categorías con diferentes proxectos, que partiron da necesidade de dar solución a unha inquedanza xeral: a necesidade de transformar o patio da escola nun espazo máis inclusivo, participativo e significativo: "O Noso Patio Soñado".
As crianzas debateron de forma asamblearia e idearon o patio que querían construir, deseñaron e fixeron maquetas do mesmo e, xunto coas familias do centro, puxeron en marcha unha feira de segunda man para recadar fondos cos que facer realidade eses soños no seu patio.
Foi, ademáis, un proxecto de moito calado, que implicou traballo en varias materias escolares e unha cooperación global da comunidade e o seu entorno. Nos próximos días, faremos máis publicacións para que vexades a transformación que o proxecto fixo no patio.
Queremos expresar un agradecemento moi especial a Marta, mamá do noso cole, e verdadeira impulsora e coordinadora deste proxecto. A súa ilusión, entrega e compromiso foron fundamentais para converter unha idea nunha realidade que hoxe recibe este recoñecemento.
A través deste traballo, conseguiu implicar a toda a comunidade educativa, amosar que a sociedade pode cambiar dende dentro e que escoitando ás crianzas podemos facer cambios profundos no mundo actual e futuro.
Especial parabéns tamén ao que levou o primeiro premio en todas as categorias así coma ao resto de escolas premiadas. Aquí o enlace á resolución do certame:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260604/AnuncioG0767-260526-0003_gl.html