17/06/2026
O IES de Fene continúa a impulsar iniciativas que reforzan o seu compromiso cunha educación innovadora e conectada coa realidade profesional. Un exemplo destacado é o proxecto “Optimización do proceso de atornillado con cobot e visión artificial”, desenvolvido no marco da convocatoria do Ministerio de Educación e Formación Profesional, e que conta coa colaboración de empresas como Universal Robots Spain e Wetron Automación, así como doutros centros educativos como o CIFP Canastell.
Este proxecto sitúa ao noso alumnado no centro do proceso de aprendizaxe, ofrecéndolle a oportunidade de traballar con tecnoloxías avanzadas propias da industria actual, como a robótica colaborativa e os sistemas de visión artificial. Trátase dunha experiencia formativa que vai máis alá da aula, permitindo aplicar coñecementos teóricos en contextos reais e desenvolvendo competencias clave como o traballo en equipo, a resolución de problemas e o pensamento crítico, aspectos fundamentais nos proxectos educativos de carácter práctico.
Desde a perspectiva docente, este tipo de experiencias constitúe unha oportunidade de desenvolvemento profesional, ao fomentar o traballo colaborativo entre profesorado, a actualización de metodoloxías e a incorporación de recursos tecnolóxicos na práctica educativa. Así, as boas prácticas educativas, como a que representa este proxecto, caracterízanse pola súa innovación, eficacia e capacidade de mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe, ao tempo que implican a toda a comunidade educativa.
Nos seguintes enlaces pódense visualizar fragmentos de prácticas realizadas:
Ligazón ao vídeo de aparafusado en YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=3Ef2p2MJlHw
Ligazón ao vídeo de montaxe do cilindro: https://drive.google.com/file/d/1K2uPmTtXehsEAE9yM8oviKgcZXDFPbBa/view
Ligazón ao vídeo de recoñecemento de émbolos: https://drive.google.com/file/d/1l_heqgirGcyDv4-uhnysjPm6pEKg-7XG/view