ANPA CPI A Xunqueira nuevo

ANPA CPI A Xunqueira nuevo Asociación de Nais Pais e Alumnos do CPI A Xunqueira

Ola familias,Nos vindeiros días comezaremos un ciclo de charlas-coloquios de balde con profesionais relevantes do mundo ...
14/04/2023

Ola familias,
Nos vindeiros días comezaremos un ciclo de charlas-coloquios de balde con profesionais relevantes do mundo da educación a nivel nacional e internacional (levaranse a cabo en castelán por este motivo) que agardamos sexan do voso interese.
As charlas ofertaránse online ás 19:30 horas e están pensadas para que as familias poidades participar e preguntar as vosas dúbidas.
Os profesionais que as imparten solicitan que teñan un mínimo de 20 participantes (pode haber varios participantes na mesma familia) para que se leven a cabo.
Para inscribirse tedes unha ligazón para un formulario web, a inscripción se deberá efectuar con a lo menos 7 días de antelación.

https://forms.gle/eGB74E6ME9KJnSin8

Adxuntamos o listado de temas que se tratarán en cada unha das sesións.
A actividade é gratuita para as familias. Agradecemos difusión.
Moitas grazas a Mari Carmen Díez Navarro, Laura Sánchez, Joana Pavía Molina, Cristina Torres Penalva e Clara Álvarez (ponentes), así como á Asociación Infancias de Alicante por facilitarnos esta proposta.

Dende o Concello nos achegan a convocatoria deste concurso "UN INTRUSO NO MEU CEREBRO" que adxuntamos, por desgracia, ti...
14/12/2022

Dende o Concello nos achegan a convocatoria deste concurso "UN INTRUSO NO MEU CEREBRO" que adxuntamos, por desgracia, tivemos constancia hoxe mesmo da súa existencia e o prazo remata o día 19 de decembro, de calquera xeito, animámosvos a participar.

14/12/2022

Ola familias,
Hoxe asistimos a unha reunión coa pedagoga do Concello e a Concelleira de Servizos Sociais de Fene para presentar ós representantes das ANPAS e dos centros educativos de Fene algúns dos programas educativos que teñen en marcha.

Destacamos entre eles os orientados ás familias:

"Más que un teito", que se engloba dentro das actividades de escolas de familias do propio Concello. Un programa de educación familiar conxunto con outras familias con carácter divulgativo.

" Entre todos", programa máis orientado ás dificultades concretas de familias en situacións de vulnerabilidade e/ou adiccións que consta dunha axuda máis personalizada, onde se tratan os problemas específicos dun xeito máis privado cos servizos sociais.

Sobre estos dous programas orientados ás familias podedes preguntar no propio Concello se tedes necesidade, así como consultar a súa info na web corporativa.

En canto ó vindeiro ano 2023, levarase a cabo un programa por parte do Concello chamado REFORZAR-T.
Neste novo programa, que constará de dous grupos de nenos/as, un de 10 prazas para educación primaria e un de 10 prazas para educación secundaria/fp básica promóvese por un lado a atención educativa dos nenos/as en especial situación de vulnerabilidade por diferentes factores de risco que abarcan dende un ambiente familiar desfavorecido a dificultades específicas de aprendizaxe e por outro una parte cunha orientación máis lúdica orientada á prevención de adiccións e conductas non saudables no futuro (adicción a sustancias, pantallas, xogos de azar...)
A proposta exposta polo Concello constaría dun cronograma de Enero a Decembro para os 20 afortunados que poidan formar parte do programa.

A selección dos candidatos levarase a cabo a través dos equipos de dirección e orientación dos centros educativos, polo que aquelas familias que estedes interesadas os aconsellamos que iniciedes os trámites precisos no centro para que a vosa candidatura sexa tida en conta no proceso selectivo.

O grupo de 10 nenos/as de primaria asistiría ó programa os martes e xoves, en horario de tarde, a 1 hora de atención educativa e seguidamente 1 hora dedicada ó ocio saudable. Consistiría polo tanto dunha actividade de 4 horas semanais repartidas en 2 xornadas.

O grupo de 10 nenos/as de secundaria asitirá ó programa os luns e xoves, en horario de tarde, 1,5 horas/día de atención educativa e 1 hora ó ocio saudable. Consistiría polo tanto dunha actividade de 5 horas semanais repartidas en 2 xornadas.

Dende a ANPA comentouse ó Concello que as prazas nos resultan insuficientes para cubrir a totalidade das necesidades que existen nos centros de Fene, tendo en conta que son 20 prazas para repartir entre todos os centros.

Indicouse tamén que o noso ANPA solicitou unha subvención para poder levar a cabo a actividade que actualmente se atopa en funcionamento nas instalacións do CPI A XUNQUEIRA, orientada a todos os alumnos/as dos centros docentes do Concello, consistente en o reforzo educativo de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica. Actualmente esta actividade ten cubertos varios grupos xa que superan as expectativas de prazas deste novo programa REFORZA-T do Concello. Nos indicou a Concelleira que o seu programa é unha cousa distinta e que por parte dos centros consultados (incluido específicamente A Xunqueira) o equipo directivo informóulles de que tiñan cubertas as necesidades educativas, é dicir, que NON CONTAN CON ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE ATENCIÓN EDUCATIVA que non teña cuberta a súas necesidades por un especialista de PT ou AL.
Poñemos este dato en coñecemento das familias para aquelas que, tras solicitar apoios para os seus fillos/as no centro han recibido negativas alegando a falta de profesionais no corpo de mestres asignados ó centro. Igualmente vos indicamos que dende a ANPA procederase a realizar cantas reclamacións sexan necesarias neste sentido ata que se lle poña solución a esta situación crónica de falta de asignación de recursos.
Igualmente se vos informa que os especialistas de AL e PT están habilitados pola lexislación vixente a impartir apoios educativos tanto en infantil, como en primaria E SECUNDARIA. Motivo polo que animamos tamén a todos os afectados da etapa de secundaria a que se poñan en contacto coa ANPA para cursar as reclamacións pertinentes.

A Lei de proteccion de datos ampara o dereito do centro de non facilitar ás ANPAS unha listaxe coas familias que poidesen precisar deste tipo de asesoramento. Por este motivo utilizamos este medio para darlle difusión e respaldo á situación existente no centro e que as familias poidan poñerse voluntariamente en contacto coa ANPA para facer valer os seus dereitos.

Indicar ás familias en secundaria ademáis que, en reunión do ANPA o pasado mes de novembro co representante do equipo directivo, na etapa de secundaria directamente non se contempla o apoio de AL (contrariamente ó que establece a normativa) e o apoio de PT redúcese paulatinamente ó chegar á etapa e elimínase completamente en 3º e 4º de ESO (contrario tamén ó especificado na normativa).

Por último indicarvos que no día de onte constituiuse o Consello Escolar desta renovación, cos novos representantes das familias e do ANPA. Podedes contactar con calquera de nos para consultar/propoñer calquera cuestión ó respecto.

Boa tarde!!

Hoxe comparte connosco o Museo do Humor esta info sobre a súa nova exposición. Animádevos!
30/06/2022

Hoxe comparte connosco o Museo do Humor esta info sobre a súa nova exposición. Animádevos!

14/06/2022

Dirección

Avenida Do Mar S/N
Fene
15500

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ANPA CPI A Xunqueira nuevo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a ANPA CPI A Xunqueira nuevo:

Atajos

Compartir

Categoría