Escola de Verán Concello do Grove

Escola de Verán Concello do Grove Eduación Concello do Grove é un espazo donde compartimos información de interese relacionados coa

Subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeir...
11/10/2024

Subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de novembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode aceptalas no botón "De acordo", así como obter máis información, configura...

11/10/2024
Obradoiro de Educación Emocional, técnicas de relaxaciónInformación e Inscrición: Oficinas de Servizos Sociais, 98673333...
08/10/2024

Obradoiro de Educación Emocional, técnicas de relaxación
Información e Inscrición: Oficinas de Servizos Sociais, 986733334.

Axudas económicas destinadas ás asociacións, federacións ouconfederacións de nais e pais de alumnado legalmente constitu...
09/09/2024

Axudas económicas destinadas ás asociacións, federacións ou
confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería
de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria e/ou segundo ciclo de educación infantil.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.
xunta.gal

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240909/AnuncioG0761-020924-0001_gl.pdf

APERTURA DUN NOVO PRAZO PARA A INSCRICIÓN DAS PRAZAS DISPOÑIBLES NA ESCOLA DE MÚSICA PARA O CURSO 24/25Desde a Conceller...
01/08/2024

APERTURA DUN NOVO PRAZO PARA A INSCRICIÓN DAS PRAZAS DISPOÑIBLES NA ESCOLA DE MÚSICA PARA O CURSO 24/25

Desde a Concellería de Educación, infórmase da apertura dun novo prazo para a inscrición nas prazas dispoñibles na escola de música para o curso 2024-2025, que se detallan a continuación:
Instrumento
Nº de Prazas
Piano 3
Saxofón 2
Guitarra 4
Canto 2
Violonchelo 2
Violín 2
Percusión/Batería 1
Frauta 1
Música e movemento 1
Estimulación Musical 1
Clarinete 1
A inscrición realizarase no Rexistro do Concello, no Edificio Administrativo na Rúa Alcalde Xacobe Barral, 3, en horario de 9.00 a 14.00 h, ou ben a través da sede electrónica.

O prazo abreuse hoxe, sen prazo de peche. Tódalas persoas que queden sen praza pasarán a unha lista de agarda por orde de entrada no Rexistro.

Poderanse recoller os impresos en papel a partir de hoxe, martes 30 de xullo, na planta baixa do Edificio Administrativo ou ben descargalos na páxina web.

As clases comezarán no mes de outubro. Publicarase unha listaxe cos alumnos admitidos a comezos de setembro, e outra listaxe cos alumnos en lista de agarda.

A finais de setembro, a dirección da escola poñerase en contacto cos alumnos para confirmar os horarios e a data de inicio do curso.

IMPORTANTE: Só se terán en conta as solicitudes presentadas no rexistro por cada alumno, non admitíndose a presentación na mesma solicitude de dúas ou máis inscricións.

ESTAREMOS PECHADOS POR VACACIÓNS.VOLTAMOS O 30 DE XULLO.Disfrutade do verán!!!🌞🌞
15/07/2024

ESTAREMOS PECHADOS POR VACACIÓNS.
VOLTAMOS O 30 DE XULLO.
Disfrutade do verán!!!🌞🌞

Programa das Festas do Carme que empezan hoxe. Que as disfrutedes moito!!!
12/07/2024

Programa das Festas do Carme que empezan hoxe.
Que as disfrutedes moito!!!

PREMIOS DE EDUCACION SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO) AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOALA Xunta de Galicia convoca os premios...
04/07/2024

PREMIOS DE EDUCACION SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO) AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL
A Xunta de Galicia convoca os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24 co obxecto de dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa.
Requisitos:
1. Ter rematado os estudos de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no curso 2023/24 nun centro docente de Galicia no réxime ordinario.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Os alumnos e alumnas que sexan candidatos/as ao premio deberán merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrados ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo que se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios.
O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta para conseguir rematar os seus estudos ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
Cada premio estará dotado con 1.000 €
O prazo de solicitudes comezará o día 19 de agosto de 2024 e rematará o día 18 de setembro de 2024.
As solicitudes poden tramitarse a través do formulario ED311E dispoñible en https://sede.xunta.es
Máis información no DOG do 28 de xuño de 2024 e en https://www.edu.xunta.gal/premiosedu
[email protected]

Xestión de premios ESO, Bacharelato e FP

PLAN MADRUGA📌No caso da ludoteca non se xuntaron as solicitudes mínimas para poñer o servizo do Plan Madruga.📌Para o cam...
17/06/2024

PLAN MADRUGA
📌No caso da ludoteca non se xuntaron as solicitudes mínimas para poñer o servizo do Plan Madruga.
📌Para o campamento deportivo haberá Plan Madruga por cubrirse o mínimo esixido de prazas, polo que, todas aquelas familias que o solicitaran poden abonar o coste no prazao establecido.

Dirección

El Grove

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola de Verán Concello do Grove publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría