02/09/2026
🎼✨ NOVO GRUPO DE INICIACIÓN Á PANDERETA PARA ADULTOS! ✨🎼
Sempre quixeches aprender a tocar a pandereta pero nunca te animaches? 💚 Agora é o momento!
En Asociación Cultural Cantodorxo abrimos un novo grupo de iniciación pensado para todas aquelas persoas que queiran achegarse á nosa música e á nosa tradición desde cero. 🎶
✨ Non precisas experiencia previa
🎵 Aprende ao teu ritmo
🤝 Comparte, coñece xente e desfruta da música
🌿 Mantemos viva a nosa cultura e tradición
Non o penses máis e anímate! As prazas son limitadas. 💙
📲 Máis información e inscricións:
639 822 646
Instagram: Asociación Cultural Cantodorxo