IES de Curtis

IES de Curtis Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de IES de Curtis, Instituto, Rúa Germán de Castro, S/N, Curtis.

-Educación Secundaria Obrigatoria.
-Bacharelato Científico-Tecnolóxico e de Humanidades e Ciencias Sociais.
-Formación Profesional Básica de Mantemento de Vehículos e de Servizos Administrativos.
-Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles.
-Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes.

Hoxe chegounos un paquetiño aos talleres de Automoción do noso centro, que andarán argallando os profes para o curso 23/...
14/07/2023

Hoxe chegounos un paquetiño aos talleres de Automoción do noso centro, que andarán argallando os profes para o curso 23/24? 🤫

https://www.calameo.com/books/007409606543ff1921135Queremos presentarvos a  revista do noso centro: Aldahir. Creada por ...
30/06/2023

https://www.calameo.com/books/007409606543ff1921135
Queremos presentarvos a revista do noso centro: Aldahir. Creada por iniciativa do profesor Isaac Valiña Lema xunto coa inestimable colaboración de varios profesores.
Esperamos que sexa do voso interese. A propia denominación da revista é un bo punto de partida para aprender sobre a nosa cultura e comunidade.
Feliz lectura de verán.

QUE ORGULLOSOS ESTAMOS!!!! Tres alumnos do noso centro: María, Xeila e Nuno recibiron o merecidísimo recoñecemento que s...
25/06/2023

QUE ORGULLOSOS ESTAMOS!!!! Tres alumnos do noso centro: María, Xeila e Nuno recibiron o merecidísimo recoñecemento que se lles fai a aqueles alumnos que obtiveron os mellores expedientes en 2º de Bacharelato. Os tres son alumnos de Humanidades e na foto posan cos seus diplomas.

PARABÉNS ÁS FAMILIAS E AO ALUMNADO

O Club de Lectura Fendetestas do IES realizou o último día de clase unha saída didáctica pola cidade de Lugo. O alumnado...
25/06/2023

O Club de Lectura Fendetestas do IES realizou o último día de clase unha saída didáctica pola cidade de Lugo. O alumnado puido g***r dunha cidade fermosísima totalmente preparada para celebrar o Arde Lucus. Non só g***ron da cidade e dos seus preparativos festeiros, tamén se fixo unha visita guiada da man de Guido, un excelente cicerone que nos ensinou os lugares máis destacados e narrou a historia desta antiquísima cidade. Foi un día inesquecible e moi ben aproveitado.

O venres 16 celebrouse o Acto de Graduación do alumnado de Bacharlelato e Ciclos. Foi un acto moi emotivo no que as fami...
15/06/2023

O venres 16 celebrouse o Acto de Graduación do alumnado de Bacharlelato e Ciclos. Foi un acto moi emotivo no que as familias e profesorado puidemos ver como eses pequenos que estiveron con nós seis anos ( algúns máis e outros menos), agora xa non son tan pequenos e comezan unha nova andaina.
A nós tan só nos queda desexarlles a mellor sorte posible e lembrarlles que o traballo ben feito e o esforzo sempre teñen recompensa.
Sodes parte da nosa comunidade e esperamos que, aínda que os nosos camiños se separen, non deixedes de pensarnos e sentirnos un anaquiño dentro de vós.

O alumnado de 1º ESO asistiu hoxe a unha charla moi interesante e necesaria. Esta charla denominada " Uso responsable de...
12/06/2023

O alumnado de 1º ESO asistiu hoxe a unha charla moi interesante e necesaria. Esta charla denominada " Uso responsable de internet e as redes sociais" insírese dentro do programa Navega con Rumbo. Esta actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Hoxe no IES tivemos o pracer de recibir o alumnado do CEIP de Curtis. A maioría formará parte do noso centro o próximo c...
12/06/2023

Hoxe no IES tivemos o pracer de recibir o alumnado do CEIP de Curtis. A maioría formará parte do noso centro o próximo curso académico e para agasallalos da mellor maneira posible fíxolles un pequeno percorrido polo centro guiados por antigo/as compañeiro/as e futuro profesorado. Asistiron a unha charla no Salón de Actos, entraron en aulas, fixeron experimentos no laboratorio de Química e coñeceron a Biblioteca, a cafetería e o pavillón deportivo así como os talleres de Automoción.
Esperamos que marchasen moito máis contento/as do que xa viñeron.

O alumnado de 2º ESO puido realizar unha andaina, tras varios adiamentos, pola recoñecida Ruta dos Faros. En concreto,fi...
08/06/2023

O alumnado de 2º ESO puido realizar unha andaina, tras varios adiamentos, pola recoñecida Ruta dos Faros. En concreto,fixéronse sobre uns 14 quilómetros desde Camariñas a Laxe. A paisaxe destes fermosísimos lugares da nosa terra non nos deixou indiferentes e para o próximo curso, moi probablemente, repetiremos.
A saída foi organizada polo departamento de Educación Física.

27/05/2023
"Talento Mozo 2023" é un obradoiro convocado pola Consellería de Educación para o alumnado de 4º ESO. Neste obradoiro mo...
27/05/2023

"Talento Mozo 2023" é un obradoiro convocado pola Consellería de Educación para o alumnado de 4º ESO. Neste obradoiro mozos e mozas relatan a súa experiencia vital e laboral coa finalidade de orientar, estimular e presentar as posibilidades do mundo laboral. Este obradoiro foi organizado polos departamentos de Orientación e Fol.

Dirección

Rúa Germán De Castro, S/N
Curtis
15310

Horario de Apertura

Lunes 08:45 - 18:00
Martes 08:30 - 18:00
Miércoles 08:30 - 14:15
Jueves 08:30 - 14:15
Viernes 08:45 - 14:15

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES de Curtis publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a IES de Curtis:

Compartir

Categoría