02/09/2026
Hoxe iníciase o prazo de inscrición nas probas libres para a obtención do ComDix-Intermedio, probas a celebrar presencialmente a mediados do mes de Outubro nas aulas CeMIT.
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/
Esta convocatoria publicouse onte no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260901/AnuncioG0177-130826-0001_gl.html
Datos principais da convocatoria:
Inicio do prazo de inscricións: mércores, 02 de setembro, ás 00:01 horas
Remate do prazo de inscricións: venres, 11 de setembro, ás 23:59 horas
Onde inscribirse (na Aula CeMIT de Cuntis): Concello de Cuntis
Mércores 7 Outubro ás 12:00h: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/55623
Mércores 7 Outubro ás 16:30h: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/55630
Mércores 14 Outubro ás 12:00h: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/55711
Mércores 14 Outubro ás 16:30h: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/55724
Soamente unha inscrición por persoa participante: unha única localidade, día u hora.
Antes do remate do prazo de inscrición é recomendable que as persoas participantes comproben que figura correctamente rexistrada a súa inscrición na dirección electrónica https://aulascemit.xunta.es/usuarios, así como os seus datos persoais, que serán os que figuren na certificación de competencias dixitais que se obteña e que emitirá a Amtega.
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Unha vez rematado o prazo: A partir do 14 de setembro realizarase o sorteo para seleccionar a orde provisional das persoas con dereito a realizar a proba (terán preferencia aquelas que teñan realizado o curso de competencias dixitais intermedias convocado pola Amtega), a publicación na web da listaxe provisional e a comunicación por correo electrónico as persoas participantes da súa situación (admisión provisional, excluída, reserva ...)
Unha vez publicada a listaxe provisional: prazo de 10 días para renuncias e chamamento de reservas para cubrir as prazas das persoas que comuniquen a non asistencia; se non renuncian, son admitidas definitivamente sen posibilidade de renunciar despois sen ser penalizadas (excepto xustificación documental)
Certifícate en el Marco Europeo de Competencias Digitales DIGCOMP