14/11/2021
SATÉLITES
Durante estas semanas temos a oportunidade de observar un par de cometas no ceo. Iso si, para facelo precisaremos prismáticos ou telescopio (mais cabe a posibilidade de que o mes que vén, poidamos ver un deles a simple vista). 🔭👀
O cometa para o cal precisaremos de seguro algún instrumento de observación é o 67p/Churyumov-Gerasimenko, que este mes acada a súa máxima previsión de brillo, xa que estes días é o momento no que máis preto está da Terra (isto significa a máis de 61 millóns de quilómetros).
Se cadra, o nome deste cometa resulta familiar, xa que esta semana cumpríronse 7 anos de que fixese historia na exploración espacial: visitouno a sonda Rosetta e o módulo Philae conseguiu aterrar nel. Era a primeira vez que se conseguía un logro deste estilo, pero hai que recoñecer que foi un tanto accidentado. Aínda que Philae chegou ao punto no que estaba previsto aterrar, os arpóns deste robot non se despregaron debidamente e non foi capaz de quedar ancorado ao cometa. Rebotou debido á baixa gravidade e terminou chegando a un lugar onde os seus paneis solares non recibían a cantidade necesaria de enerxía, así que estivo meses hibernando. Non foi ata dous anos despois da súa chegada que os científicos conseguiron localizar o punto exacto no que Philae estaba “escondido” pero, aínda así, grazas a esta misión recompiláronse unha morea de datos interesantes para coñecer mellor a 67p/Churyumov-Gerasimenko, que estes días temos “cerca”. 💫🛰
Así que para celebrar esta visita queremos volver compartir con vós unha maqueta moi sinxela para montar a Rosetta e Philae, que atopamos na web da ESA - European Space Agency e que seguro vai interesar aos pequenxs astrónomxs que tedes na casa. Podedes descargala directamente dende o seguinte enlace ⬇️⬇️⬇️
https://esamultimedia.esa.int/docs/rosetta/RosettaModel.pdf