10/07/2026
Unha viaxe de aprendizaxe e biotecnoloxía rural en Italia co programa Erasmus+.
Rematamos unha semana intensa e incrible de visitas de estudo para coñecer o sector produtivo do medio rural de Lombardía e os seus arredores. Unha experiencia única que nos levou dende o manexo tradicional ata a biotecnoloxía de vangarda.
Durante estes días de aprendizaxe práctica tivemos a oportunidade de visitar:
Unha explotación de cabras: Para ver de preto a xestión gandeira directa e a produción artesanal .
A fabricación do Parmigiano Reggiano: Todo un referente mundial en tradición, calidade e procesos de maduración.
A Denominación de Orixe Franciacorta: Onde descubrimos o valor engadido e o coidado do territorio na vitivinicultura de elite. Bodega Bersi Serlini Francicorta.
A sede de Inseme (Semen Italia): Onde nos adentramos na innovación xenética bovina e visitamos o seu laboratorio de sexado espermático de alta tecnoloxía (en colaboración con Sexing Technologies).
Todo isto foi posible grazas ao excelente traballo, acompañamento e guía dos profesores da , que fixeron desta viaxe unha formación práctica inesquecible. Volvemos cs maletas cheas de ideas para o futuro!