Omix Coiros

Omix Coiros Infomación das actividades do Concello de Coirós e outras novas de interese para a mocidade Puedes enviar un watsapp al 628801576

Presentamos «As tolas que non o eran», de Carmen V. Valiña, un proxecto que recupera e reivindica as historias de muller...
28/08/2026

Presentamos «As tolas que non o eran», de Carmen V. Valiña, un proxecto que recupera e reivindica as historias de mulleres que, ao longo da historia, foron etiquetadas por non encaixar nos roles e nas expectativas que a sociedade lles impoñía.

📞 É necesaria inscrición previa no 981 796 088.
✏ Prazas limitadas.

🎉Festas en Espenuca e Caresma En setembro celébranse en Coirós as últimas das festas parroquias da tempada. Boas festas!...
25/08/2026

🎉Festas en Espenuca e Caresma
En setembro celébranse en Coirós as últimas das festas parroquias da tempada.
Boas festas!!😍

🌿✨ OBRADOIRO DE COSMÉTICA ECOLÓXICA ✨🌿Aprende a elaborar os teus propios produtos cosméticos de maneira natural, sinxela...
24/08/2026

🌿✨ OBRADOIRO DE COSMÉTICA ECOLÓXICA ✨🌿

Aprende a elaborar os teus propios produtos cosméticos de maneira natural, sinxela e respectuosa co medio ambiente. 🌱🧴

Un espazo para descubrir os beneficios da cosmética ecolóxica, aprender novas técnicas e g***r dun tempo para ti.

📅 Data: 2 de setembro
🕐 Hora: 17:00 – 19:00
📍 Lugar: Centro social
👥 Praza limitadas

👉 Inscricións e información: 981 796 088 – ext. 5

💚 Anímate a participar e descubre todo o que podes facer con ingredientes naturais!

🎊Festas na parroquia de Santa María de Ois. Venres 14 e sábado 15.Boas festas a toda a veciñanza 🥰
14/08/2026

🎊Festas na parroquia de Santa María de Ois. Venres 14 e sábado 15.
Boas festas a toda a veciñanza 🥰

🌞🌖Coirós será un lugar privilexiado para vivir un evento astronómico excepcional, o eclipse solar. Pero debes estar prep...
12/08/2026

🌞🌖Coirós será un lugar privilexiado para vivir un evento astronómico excepcional, o eclipse solar. Pero debes estar preparadx para o acontecemento.

⚠️Moi importante: non debes mirar directamente ao Sol sen protección ocular homolagada. As gafas deben ter marcado CE auténtico e incluir o código ISO 12312-2

Cómpre ter en conta que o eclipse se producirá co Sol xa relativamente baixo sobre o horizonte oeste, polo que é importante buscar un lugar con boa visibilidade e sen obstáculos.

O Concello de Coirós fai un chamamento á veciñanza para facer un consumo responsable dun ben limitado como é a auga.
11/08/2026

O Concello de Coirós fai un chamamento á veciñanza para facer un consumo responsable dun ben limitado como é a auga.

👉O Concello fai un chamamento ó consumo responsable e consciente da auga, especialmente durante os meses de maior consum...
11/08/2026

👉O Concello fai un chamamento ó consumo responsable e consciente da auga, especialmente durante os meses de maior consumo.
💧A auga é un recurso esencial e limitado, e a súa conservación require do compromiso de todas e todos.

O Concello de Coirós quere amosar o seu máis sincero agradecemento a Protección Civil de Betanzos e Abegondo, á Garda Ci...
10/08/2026

O Concello de Coirós quere amosar o seu máis sincero agradecemento a Protección Civil de Betanzos e Abegondo, á Garda Civil e a toda a veciñanza que participou de forma desinteresada nas labores de busca para localizar ao veciño que se atopaba desaparecido no noso municipio.
Grazas ao traballo coordinado, á profesionalidade dos efectivos e á rápida e xenerosa resposta da veciñanza, que non dubidou en botar unha man dende o primeiro momento, foi posible dar con el.
Dende o Concello queremos poñer en valor este exemplo de solidariedade e compromiso coa comunidade.

‼️Debido á alta demanda de información con respecto ó emprego de maquinaria agrícola e forestal durante a época de risco...
07/08/2026

‼️Debido á alta demanda de información con respecto ó emprego de maquinaria agrícola e forestal durante a época de risco de incendios, aclaramos:

👉A Consellería publica a Orde do 23 de xuño de 2026, que regula o emprego de maquinaria agrícola e forestal durante a época de perigo alto cando o Índice de Risco Diario de Incendio (IRDI) alcance os niveis de moi alto ou extremo. A norma permite a realización de traballos preventivos, silvícolas e agrícolas, pero establece medidas adicionais de prevención entre as 12:00 e as 18:00 horas, como a presenza dunha persoa auxiliar e a dispoñibilidade inmediata de medios de extinción.

Estas medidas teñen como obxectivo compatibilizar o desenvolvemento das actividades agrícolas e forestais coa máxima prevención fronte aos incendios, reforzando a seguridade das persoas, do territorio e do patrimonio natural.

Dirección

Coirós De Arriba, 55a
Coirós
15316

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Omix Coiros publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Omix Coiros:

Atajos

Compartir