10/06/2024
¡Xa está aquí a Festa de Fin de Curso 2023-2024!
Este ano as tres ANPA's decidiron unir forzas para que a comunidade educativa de Chapela teña a Gran Festa que se merece. Esperamos que todos os nenos e nenas incluíd@s os máis pequen@s o disfruten en grande.
Este evento levaráse a cabo no Paseo de Cardona e a forma de inscribirse será xestionada por cada ANPA. No CEIP de Laredo será a través deste formulario:
WWWWWW
Para evitar na medida do posible calquer tipo de incidencia, fixáronse unhas normas de seguridade, moi importantes e de obrigado cumprimento, para conseguir un óptimo e agradable desenvolvemento da festa, polo que contamos coa vosa colaboración:
• Cada nen@ debe estar acompañado por un adulto responsable, non podendo abandonar o recinto deixando aos nenos sen tutela en ningún momento.
• As ANPA's non se farán responsables dos nen@s que non se atopen baixo o coidado dun adulto polo que, se se detecta que un neno/a atópase só sen un responsable, as ANPA´s veranse obrigadas a separar ao menor da festa pola súa seguridade, dado que entre os tres centros o número de asistentes será moi elevado.
• Procederase do mesmo xeito se algún neno/a traspasa as zonas valadas ou delimitadas con cinta de seguridade, por considerar que existe algún tipo de perigo sendo obrigatorio respectar as sinalizacións.
• Se se tivese coñecemento ou aviso dunha queixa dalgún monitor/a por un comportamento incívico dalgún asistente, tamén se procederá a separal@ da festa.
As merendas serán a cargo das ANPA's, dispoñeremos de servizo de Cantina, dun Photocall, inchables, casetas de xogos, sorteos, concurso de talento "con Xeito", Toro mecánico, Festa da escuma e moitas sorpresas máis…., estará permitido traer pistolas de auga e poderase xogar con elas na zona asignada.
Se tes calquera dúbida podes preguntarnos a través do correo común das ANPA´s: [email protected]
Data limite para anotarse xoves 13 de xuño as 14:00