IES Val do Asma Chantada

IES Val do Asma Chantada Instituto de Ensino Secundario situado en Chantada (Lugo) no que se imparte ESO, BAC e FP.

Profesorado do IES Val do Asma listo para iniciar o curso! Non queda nada familia! Desfrutade o que queda de verán, en n...
01/09/2026

Profesorado do IES Val do Asma listo para iniciar o curso!

Non queda nada familia! Desfrutade o que queda de verán, en nada publicamos horarios das presentacions!! 😅

Profesorado e alumnado en prácticas en A Xanela .🙌🏽
26/06/2026

Profesorado e alumnado en prácticas en A Xanela .

🙌🏽

📊 O Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES Val do Asma acada preto do 80 % de inserción e continuidade de es...
23/06/2026

📊 O Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES Val do Asma acada preto do 80 % de inserción e continuidade de estudos superiores
🎓 A promoción 2024-2026 do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES Val do Asma pecha o curso con resultados moi positivos. Preto do 80 % do alumnado incorporouse ao mercado laboral ou continúa a súa formación en estudos superiores universitarios ao rematar o segundo curso.
💼 Estes datos confirman a elevada empregabilidade do ciclo e a utilidade da formación recibida, especialmente a través da modalidade de FP Dual, que permitiu ao alumnado completar unha parte importante da súa aprendizaxe en empresas da contorna.
🤝 A equipa docente valora moi positivamente estes resultados, que reflicten a estreita relación entre o centro educativo e o tecido empresarial, así como as múltiples oportunidades profesionais e académicas que ofrece o ciclo.
📢 O prazo de matrícula para o vindeiro curso permanece aberto.
🚀 O Ciclo Superior de Administración e Finanzas constitúe unha excelente opción para quen desexe acceder ao mercado laboral ou continuar posteriormente estudos universitarios.
FormaciónProfesional Chantada MatrículaAberta

O alumnado de 2º e 3º da ESO participou nun obradoiro de Xestión Emocional a través de Educalecrín, no que puido reflexi...
23/06/2026

O alumnado de 2º e 3º da ESO participou nun obradoiro de Xestión Emocional a través de Educalecrín, no que puido reflexionar sobre as emocións e adquirir estratexias para mellorar o seu benestar emocional.

Recopilación dalgúns dos traballos realizados por 1ºESO este curso en Bioloxía e Xeoloxía
19/06/2026

Recopilación dalgúns dos traballos realizados por 1ºESO este curso en Bioloxía e Xeoloxía

Hoxe viñeron dous membros da asociación Manuel Jorge para ver a proposta de traballo sobre esta figura chantadesa que fi...
17/06/2026

Hoxe viñeron dous membros da asociación Manuel Jorge para ver a proposta de traballo sobre esta figura chantadesa que fixo o noso alumnado de 1 ESO con Lola, a profesora de Plástica.

Noraboa polo gran traballo!

O pasado venres, o alumnado de 1.º ESO gozou dunha xornada moi especial. Primeiro realizou unha viaxe en catamarán polo ...
17/06/2026

O pasado venres, o alumnado de 1.º ESO gozou dunha xornada moi especial. Primeiro realizou unha viaxe en catamarán polo río Miño e, despois, achegouse ao Ecomuseo Pazo de Arxeriz para asistir á entrega de premios do I Certame Literario Escolar Xosé de Arxeriz.

A razón da nosa visita foi acompañar ao noso compañeiro Yassin Amarante El Hakimy, gañador do primeiro premio na categoría de Secundaria co relato “A Pedra”.

Parabéns, Yassin! Foi un orgullo compartir contigo este momento e celebrar xuntos este merecido recoñecemento 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻

A preinscripción a través do aplicativo NERTA para a universidade farase do 12 ao 25 de xuño.Logo teredes que estar aten...
11/06/2026

A preinscripción a través do aplicativo NERTA para a universidade farase do 12 ao 25 de xuño.
Logo teredes que estar atentos aos 9 chamamentos e picar no botón “manterse na lista de espera” ata conseguir praza. Unha vez obtida praza teredes dous días para matricularvos.

PAU - Convocatoria extraordinaria.Non vos despistedes!
11/06/2026

PAU - Convocatoria extraordinaria.
Non vos despistedes!

A partir do 15 abre o prazo para facer a admisión a ciclos! Faise a través do aplicativo CiclosAdmisión.
11/06/2026

A partir do 15 abre o prazo para facer a admisión a ciclos! Faise a través do aplicativo CiclosAdmisión.

Dirección

Avenida Monforte, S/N
Chantada
27500

Horario de Apertura

Miércoles 08:45 - 14:15
Jueves 08:45 - 14:15

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando IES Val do Asma Chantada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a IES Val do Asma Chantada:

Atajos

Compartir