02/03/2022
Danos moitísima mágoa ter que facer esta publicación... pero non temos máis remedio, 😢. O 16 de marzo será o último día que abramos a Ludoteca Trasniños. Ata ese día podedes traer aos rapaces por horas, pero logo teremos que pechar.
Non foi unha decisión doada e, dende logo, é moi triste, pero cremos firmemente que tentar cumplir os teus soños é o que debe guiarnos nesta vida. Desta non foi... pero seguro que o seguinte proxecto sí irá!
Queremos agradecervos de corazón a confianza e o cariño que recibimos de vós nestes dous anos: foi marabilloso traballar cos vosos nenos e nenas, seres máxicos e únicos, cos que cada minuto que pasamos foi unha preciosa aventura! Vémonos na seguinte!