Asociación Paseniño

Asociación Paseniño ASOCIACIÓN PASENIÑO
Asociación De Personas Con Diversidade E Familias

⚽️💙 PARTIDO SOLIDARIO DE XUVENÍS 💙⚽️Este sábado 5 ás 12:00 h temos unha cita moi especial en San Paio de Refoxos.💙 S.R.D...
01/09/2026

⚽️💙 PARTIDO SOLIDARIO DE XUVENÍS 💙⚽️

Este sábado 5 ás 12:00 h temos unha cita moi especial en San Paio de Refoxos.

💙 S.R.D. Unión Club Cee
🆚
💙 Escola de Fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo

Un partido diferente, porque o máis importante non será o resultado, senón sumar todos xuntos por unha boa causa.

Por segundo ano consecutivo, os xuvenís do Unión Club Cee levan de forma solidaria o logo de Paseniño nas súas camisetas, axudándonos a dar visibilidade á nosa labor e á importancia da inclusión.

Todo o noso agradecemento aos dous equipos por facer posible este partido e demostrar que o deporte tamén pode ser solidariedade, compromiso e inclusión.

💙 Xuntos marcamos a diferenza!

FútbolBase Xuventude Solidariedade Camariñas Cee

💙 UNHAS SEMANAS CHEAS DE EXPERIENCIAS EN PASENIÑO 💙Estas semanas vivimos un montón de momentos especiais: aprendemos, cr...
30/08/2026

💙 UNHAS SEMANAS CHEAS DE EXPERIENCIAS EN PASENIÑO 💙

Estas semanas vivimos un montón de momentos especiais: aprendemos, creamos, xogamos, fixemos deporte e, sobre todo, divertímonos xuntos 🥰

🔨 Obradoiro de madeira
🏄‍♀️ Pádel surf en Fisterra
🏅 Deporte e xogos libres
💪 Actividades con DaFIT
🎨 Obradoiro de bolsas e pintura
🔎 Búsqueda do tesouro
🧪 Obradoiro de experimentos
🏡 Visita guiada para os maiores
🎨 Manualidades para os máis pequenos

Unhas semanas para descubrir, experimentar, compartir e crear recordos que quedan. ✨

Grazas a todas as familias por confiar en nós e acompañarnos nesta aventura. 💙

En Paseniño seguimos medrando xuntos, paseniño a paseniño. 🌱💙

Fisterra Cee CostaDaMorte

💙 Pequenos xestos, grandes corazóns.Hoxe queremos compartir convosco unha iniciativa moi especial. Roí é un rapaz empáti...
13/08/2026

💙 Pequenos xestos, grandes corazóns.

Hoxe queremos compartir convosco unha iniciativa moi especial. Roí é un rapaz empático, sensible e solidario que decidiu poñer o seu gran de area para axudar a outros nenos e nenas con discapacidade.

Colleu os seus debuxos e púxoos á venda para recadar fondos. Non hai un prezo: cada persoa achega o que pode e o que lle nace.

Desde PASENIÑO só podemos dicirche: grazas, Roí, por ensinarnos que a solidariedade non ten idade. 💙

Porque cando se axuda desde o corazón, calquera xesto pode facer a diferenza.

Grazas Zaira Trillo
PequenosXestosGrandesCorazóns

💙 UN PEQUENO CACHIÑO DE TODA A NOSA XENTE SOLIDARIAEstas son só algunhas das moitas persoas que se achegan ao noso posto...
11/08/2026

💙 UN PEQUENO CACHIÑO DE TODA A NOSA XENTE SOLIDARIA

Estas son só algunhas das moitas persoas que se achegan ao noso posto, mercan e colaboran con Paseniño.

Son só un pequeno cachiño de todas as persoas que, dun xeito ou doutro, nos apoian e poñen o seu gran de area para que o noso proxecto siga adiante.

A cada persoa que merca, colabora, participa ou simplemente nos anima a continuar: GRAZAS.

Porque detrás de cada compra hai moito máis: hai solidariedade, apoio e compromiso coa inclusión.

💙 Grazas por formar parte de Paseniño.

Outra semana chea de aprendizaxes, creatividade e diversión no Campamento Inclusivo de PASENIÑO! 💙☀️Esta semana seguimos...
07/08/2026

Outra semana chea de aprendizaxes, creatividade e diversión no Campamento Inclusivo de PASENIÑO! 💙☀️

Esta semana seguimos enchendo o noso campamento de experiencias inesquecibles, compartindo momentos que fomentan a inclusión, a convivencia e o desfrute de todas as persoas participantes.

Comezamos a semana cun obradoiro de arxila branca, no que demos renda solta á creatividade, modelando diferentes figuras e traballando a motricidade fina, a imaxinación e a expresión artística.

Continuamos cunha xornada de deporte e xogo libre, na que o movemento, a cooperación e a diversión foron os grandes protagonistas. A través do xogo reforzamos valores como o respecto, o compañeirismo e a participación.

A emoción chegou tamén coa nosa Bingo Party, unha actividade moi esperada na que non faltaron as risas, a ilusión e os bos momentos compartidos, favorecendo a atención, a concentración e a interacción entre o grupo.

Nos últimos días realizamos un obradoiro de cartón-pedra, creando figuras con diferentes materiais e desenvolvendo a creatividade, a paciencia e o traballo en equipo. Grazas o equipo de Aspadex-Más que un regalo

E para despedir esta fantástica semana celebramos unha divertida festa de baile de disfraces, na que a música, o baile, os disfraces e as risas encheron a mañá de alegría. Unha xornada especial para expresarnos libremente, compartir e celebrar todo o vivido durante estes días.

Cada actividade é unha oportunidade para aprender, medrar e crear recordos inesquecibles nun espazo onde a inclusión, a diversidade e o respecto son sempre os verdadeiros protagonistas.

Grazas ás familias pola confianza e ás nosas rapazas e rapaces por encher cada día de ilusión, entusiasmo e sorrisos. Seguimos facendo do noso Campamento Inclusivo un lugar onde cada persoa pode ser ela mesma e desfrutar dun verán único.

💙 Seguimos creando experiencias, amizades e momentos que quedarán para sempre no recordo.

Verán2026

Esta semana no Campamento Inclusivo de Verán de PASENIÑO seguimos desfrutando de novas experiencias cheas de aprendizaxe...
24/07/2026

Esta semana no Campamento Inclusivo de Verán de PASENIÑO seguimos desfrutando de novas experiencias cheas de aprendizaxe, creatividade e diversión.

🧺 Comezamos a semana cun Obradoiro de Cestería da man de ADISBISMUR, no que descubrimos esta técnica artesanal e elaboramos as nosas propias creacións. Adisbismur

🎨 Tamén participamos nun Obradoiro de Vinilo impartido por ÍNTEGRO, desenvolvendo a creatividade e a motricidade fina a través dunha actividade moi especial. Integro

🐠 O mércores realizamos unha saída ao Aquarium Finisterrae da Coruña, onde coñecemos de preto a fauna mariña e aprendemos máis sobre os ecosistemas do océano.

📚 Para rematar a semana visitamos a Biblioteca Pública Don Francisco Mayán do Concello de Cee, compartindo un tempo de lectura, contos e descubrimento do mundo dos libros.

Cada semana seguimos creando espazos de inclusión, convivencia e aprendizaxe, nos que cada participante pode medrar, descubrir e desfrutar ao seu ritmo.

💙 Grazas ás familias por seguir confiando en PASENIÑO. Seguimos sumando experiencias inesquecibles.

📢 Ofertas de emprego para persoas con discapacidade – Cee, Corcubión, Fisterra e Terra de SoneiraDende Inserta Emprego –...
15/07/2026

📢 Ofertas de emprego para persoas con discapacidade – Cee, Corcubión, Fisterra e Terra de Soneira

Dende Inserta Emprego – Fundación ONCE difúndense novas ofertas de emprego para persoas con discapacidade na zona de Cee, Corcubión, Fisterra e Terra de Soneira.

🔹 Posto ofertado: Persoal de limpeza, con diferentes horarios e xornadas.

Requisitos:

* Ter un certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
* Estar inscrito/a como demandante de emprego.
* Estar rexistrado/a como candidato/a en Portalento.

Paseniño non xestiona estas ofertas; simplemente comparte esta información para facilitar a súa difusión e achegar oportunidades laborais ás persoas interesadas.

🚒 ¡Gracias, Bomberos del Parque de Cee! ❤️Un año más, queremos agradecer de corazón al equipo del Parque de Bomberos de ...
14/07/2026

🚒 ¡Gracias, Bomberos del Parque de Cee! ❤️

Un año más, queremos agradecer de corazón al equipo del Parque de Bomberos de Cee por abrirnos sus puertas y compartir una jornada tan especial con las familias de PASENIÑO.

Gracias por vuestra cercanía, paciencia y dedicación, por enseñarnos de una forma tan divertida e interactiva el importante trabajo que realizáis cada día y por hacer que nuestros niños, niñas y jóvenes con diversidad funcional disfrutaran de una experiencia inolvidable.

Vuestra implicación va mucho más allá de una visita: ayudáis a crear confianza, a romper barreras y a mostrar que detrás del uniforme hay personas comprometidas, cercanas y siempre dispuestas a ayudar.

Es un orgullo contar con profesionales como vosotros. Gracias por colaborar, un año más, con PASENIÑO y por contribuir a que nuestro campamento inclusivo siga dejando recuerdos imborrables.

¡Nos vemos el próximo verano! 💙🚒 ADC Bombeiros Costa da Morte

Gracias Cee CostaDaMorte

Desde la Asociación PASENIÑO queremos expresar nuestro más sincero agradecimiento a la Guardia Civil por compartir con n...
14/07/2026

Desde la Asociación PASENIÑO queremos expresar nuestro más sincero agradecimiento a la Guardia Civil por compartir con nosotros una jornada tan especial.

Gracias a todos los agentes que participaron, acercando su labor a nuestros niños, niñas y jóvenes con diversidad funcional y a sus familias de una forma cercana, accesible y llena de cariño. Fue una oportunidad única para conocer su trabajo, resolver dudas, descubrir sus medios y, sobre todo, reforzar la confianza en quienes velan por nuestra seguridad.

Queremos agradecer especialmente la participación de los agentes de la Policía Judicial de la Comandancia de la Guardia Civil de A Coruña, de los especialistas del SEPRONA de Corcubión, de la Unidad de Seguridad Ciudadana de la Comandancia (USECIC), del Subsector de Tráfico de Corcubión y del equipo del Plan Director.

Gracias por vuestra profesionalidad, vuestra sensibilidad y por hacer de esta actividad una experiencia inolvidable para todas las personas asistentes. Iniciativas como esta contribuyen a construir una sociedad más cercana, inclusiva y comprometida.

¡Esperamos volver a compartir muchas más jornadas con vosotros!

💙 203 KM POR ASFEGA. CADA QUILÓMETRO CONTA.Dani e Iago afrontan un reto extraordinario: percorrer os 203 quilómetros do ...
11/07/2026

💙 203 KM POR ASFEGA. CADA QUILÓMETRO CONTA.

Dani e Iago afrontan un reto extraordinario: percorrer os 203 quilómetros do Camiño dos Faros, de Malpica a Fisterra, sen parar, para dar visibilidade e recadar fondos para ASFEGA, a Asociación Fenilcetonúrica e OTM de Galicia.

Detrás de cada quilómetro hai familias que conviven con enfermidades metabólicas raras e que precisan apoio, orientación, alimentación especial e unha comunidade que as acompañe.

Ti tamén podes formar parte deste reto adoptando un quilómetro. Podes facelo a título persoal, en nome da túa familia ou da túa empresa. Cada achega, por pequena que sexa, suma e destínase integramente a ASFEGA.

Porque hai camiños que non se percorren só cos pés, senón tamén coa solidariedade.

💙 Axudemos entre todos a completar os 203 quilómetros.

ASFEGA

Dirección

Cee

Horario de Apertura

10:30 - 12:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Paseniño publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Asociación Paseniño:

Atajos

Compartir