10/01/2025
Fin dunha etapa de moita aprendizaxe! A recollida de lixo, a clasificación do mesmo nos colectores feitos por eles, o concurso sobre as 3 R, a elaboración de xogos e dunha árbore de nadal con materiais reutilizados, a confección de papel reciclado...foron algunhas das dinámicas que fixeron que istes cativos se convertisen en expertos do tema. Sempre coa diversión en primeiro plano, por suposto!. Xa todos preparados para traballar en SOGAMA!!!