Casa Niño Os Paxariños

Casa Niño Os Paxariños Punto de atención a infancia de (0 - 3 anos). Iniciativa impulsada por a Xunta de Galicia e o Feder.

A casa niño ofrece unha atención integral e personalizada a nenos e nenas en idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos , a cal comprenderá a atención específica das súas necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coa súa idade e a contribución ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social. A este respecto deseñarase e organizarase un ambiente que faga posible a construción das primeiras aprendizaxes de identidade e autonomía persoal, de relación co contorno e de comunicación social, sempre en estreita colaboración coas familias. A atención prestada comprenderá o servizo de cociña (quentar alimentos), a hixiene dos nenos e nenas e o desenvolvemento de actividades de tipo educativo, como obradoiros e xogos e acompañamento no xogo libre. En todo caso serán achegados polas familias tanto o leite e alimentos xa cociñados como o material de hixiene (cueiros, toalliñas, cremas etc). A casa, propiedade do Concello, trátase da antiga casa do médico, que durante moitos anos foi destinada a uso sanitario. A principios de 2016 foi rehabilitada mantendo a súa distribución orixinal,con aseo e cociña, axustándose así as necesidades do proxecto. O local, totalmente equipado, busca satisfacer as necesidades dos cativos co fin de permitirlles desenvolver todo o seu potencial, tanto físico, motor, afectivo, intelectual e social. Para lograr este obxectivo, a conta con todo o equipamento necesario , como pode ser desde o mobiliario ata sistemas de protección infantil.

Saímos a camiñar, a explorar e a g***r de todo o que a natureza nos ofrece. Cada paso convértese nunha pequena aventura:...
10/09/2026

Saímos a camiñar, a explorar e a g***r de todo o que a natureza nos ofrece. Cada paso convértese nunha pequena aventura: correr, observar, descubrir e compartir momentos xuntos. 💚
Porque medrar tamén é isto: ter liberdade para explorar, tempo para xogar e un mundo enteiro por descubrir. ✨🍃

Hoxe deixámonos levar pola maxia da cor vermella 🔴✨.Unha proposta sensorial para tocar, experimentar, encher, baleirar, ...
09/09/2026

Hoxe deixámonos levar pola maxia da cor vermella 🔴✨.
Unha proposta sensorial para tocar, experimentar, encher, baleirar, mesturar e descubrir a través do xogo.
Pequenas mans que exploran, imaxinan e crean mentres os sentidos se enchen de novas experiencias. ❤️🌈
Porque aprender tamén é xogar, experimentar e g***r do proceso. ✨

Hoxe chegou a nosa última paxariña… 🐦✨E o único que quería era colo, agarimo e sentirse acompañada.Pouco a pouco, ao seu...
08/09/2026

Hoxe chegou a nosa última paxariña… 🐦✨
E o único que quería era colo, agarimo e sentirse acompañada.
Pouco a pouco, ao seu ritmo, iremos descubrindo xuntos este novo lugar, estas novas caras e todas as aventuras que nos agardan. Porque ás veces, para comezar a voar, primeiro necesitamos un colo no que sentirnos seguros. 🤗

Benvida á nosa casiña, pequena paxariña. Estamos felices de terte aquí. 💛


# PrimeirosDías

Pouco a pouco, paso a paso, a nosa casiña vaise enchendo de novas historias, novas amizades e moitos momentos compartido...
07/09/2026

Pouco a pouco, paso a paso, a nosa casiña vaise enchendo de novas historias, novas amizades e moitos momentos compartidos. 🌿✨
Hoxe tocou saír a pasear, axudarnos entre todos e descubrir que o camiño faise moito máis bonito cando o percorremos xuntos.
Porque medrar tamén é aprender a coidar, compartir e acompañarnos. 🥰🍃
Que bonito ver como, día a día, a nosa pequena familia vai medrando. 💛

Hoxe a nosa casiña encheuse de follas, acios e moita ilusión. 🌿🍇 Experimentamos, manipulamos e descubrimos a maxia da ve...
04/09/2026

Hoxe a nosa casiña encheuse de follas, acios e moita ilusión. 🌿🍇 Experimentamos, manipulamos e descubrimos a maxia da vendima a través do xogo e dos sentidos.
Entre pequenas mans e grandes descubrimentos, vivimos unha experiencia chea de natureza, creatividade e aprendizaxe. ✨
Porque cada experiencia compartida convértese nun recordo especial. 💛

Nestes primeiros días de adaptación imos descubrindo, con calma e curiosidade, cada recuncho da nosa casiña. 🏡✨Xogar, ob...
03/09/2026

Nestes primeiros días de adaptación imos descubrindo, con calma e curiosidade, cada recuncho da nosa casiña. 🏡✨
Xogar, observar, explorar, compartir e sentirse seguros… Pequenos momentos que pouco a pouco se transforman en confianza, sorrisos e novas rutinas. 🥰
Porque cada comezo merece o seu tempo, e nós acompañámolos con agarimo en cada paso. 🌱💫

Volvemos aos camiños, ás pequenas aventuras e a descubrir o mundo cos ollos ben abertos. 🍃✨Un primeiro paseo cheo de cal...
02/09/2026

Volvemos aos camiños, ás pequenas aventuras e a descubrir o mundo cos ollos ben abertos. 🍃✨
Un primeiro paseo cheo de calma, natureza e momentos compartidos, deses que pouco a pouco van construíndo os recordos máis bonitos da infancia.
Que este novo curso veña cargadiño de paseos, descubrimentos, xogos e moitas historias por vivir xuntos. 🐦🌱

Hoxe abrimos as portas de Casa Niño Os Paxariños e comezamos unha nova aventura chea de descubrimentos. ✨Un primeiro día...
01/09/2026

Hoxe abrimos as portas de Casa Niño Os Paxariños e comezamos unha nova aventura chea de descubrimentos. ✨
Un primeiro día de adaptación, de miradas curiosas, pequenos xogos, novos espazos e, sobre todo, de ir creando pouco a pouco un lugar onde sentirse seguros, queridos e acompañados. 🥰

Benvidos a esta fermosa viaxe, pequenos paxariños! 🐦💫

31/07/2026

🎓✨ E así, case sen decatarnos, chegou o momento de pechar unha etapa.
Entre xogos, risas, descubrimentos, abrazos e milleiros de pequenas aprendizaxes, medramos xuntos día a día. Hoxe celebramos todo o vivido e despedimos un curso cheo de momentos que quedarán para sempre nos nosos corazóns. 💙
Cada sorriso, cada paso e cada conquista forman parte desta fermosa aventura. Agora tócanlles abrir as ás e seguir voando cara a novos soños, levando con eles un anaquiño de Os Paxariños.
Grazas ás familias por acompañarnos, confiar en nós e formar parte deste camiño. Que o verán estea cheo de xogos, descubrimentos e moita felicidade. ☀️🦋
Ata pronto, pequenos paxariños. Sempre será a vosa casiña. 💛

Vémonos en septembro!!

O tempo voa cando os días están cheos de xogos, descubrimentos e pequenas aventuras. Hoxe a aula segue rebordando de mov...
30/07/2026

O tempo voa cando os días están cheos de xogos, descubrimentos e pequenas aventuras. Hoxe a aula segue rebordando de movemento, curiosidade e sorrisos, mentres cada recuncho invita a explorar, imaxinar e aprender ao seu propio ritmo.
Xa sentimos preto o descanso, pero tamén levamos connosco todo o vivido neste curso: amizades, aprendizaxes e momentos que quedarán gardados no corazón. Mañá despedirémonos por uns días, coa ilusión de volver a encontrarnos tras un verán cheo de novas experiencias. ☀️✨

Dirección

Lugar Prado, 11
Castrelo De Miño
32430

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 16:00
Martes 08:00 - 16:00
Miércoles 08:00 - 16:00
Jueves 08:00 - 16:00
Viernes 08:00 - 16:00

Teléfono

+34671467937

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Casa Niño Os Paxariños publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Casa Niño Os Paxariños:

Atajos

Compartir

Categoría