20/06/2026
Isto non é unha despedida.
Porque se o fose poríame moi triste por botarvos xa de menos.
Porque se o fose tería que dicirvos o orgullo que é formar parte dun anaquiño das vosas vidas.
Porque se o fose diría que foi un honor.
Porque se o fose tería que dicir as clásicas de "sorte na vida".
Porque se o fose significaría que non vos imos ver máis.
Pero isto non é unha despedida, a nosa porta sempre a teredes aberta.
Deica logo 🌿🫰🏼