Asociación Cultural Lumieira

Asociación Cultural Lumieira Asociación Cultural Lumieira

O 9  de setembro de 1872 nace en Carballo o escritor Xesús San Luís Romero. Con vinte anos emigra á Arxentina onde empez...
09/09/2026

O 9 de setembro de 1872 nace en Carballo o escritor Xesús San Luís Romero. Con vinte anos emigra á Arxentina onde empeza a publicar os primeiros versos e a representar pezas teatrais entre a colonia galega de Bos Aires. En 1902 volveu a Galiza, establecendo en Santiago o seu obradoiro de zapateiro, e retoma a escrita con composicións anticaciquís no espírito da loita agraria. Publica en diversos xornais, sobre todo no semanario do Centro Republicano. Compuxo e estreou numerosas obras dramáticas, unha delas o seu drama en verso O fidalgo, estreado en 1918 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a peza teatral galega que atinxiu maior éxito na época.

08/09/2026

O 8 de setembro de 2004 morre na Coruña Manuel María, poeta, articulista e autor de textos dramáticos e narrativos. Aos 19 anos publica o seu primeiro libro Muiñeiro de brétemas. Instalado en Monforte como procurador dos tribunais, nos difíciles anos sesenta e setenta Manuel María participa na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas.
Autor dunha das obras máis extensas da historia da nosa literatura, Manuel María foi, sobre todo, poeta. O seu primeiro poemario foi Muiñeiro de brétemas publicado en 1950. Na súa moi extensa obra esta sempre presente un forte compromiso coa súa xente, coa súa lingua e coa realidade social de Galiza. A editorial Xistral, fundada por el, publicou entre 1968 e 1975 obras de autores consagrados e dá a coñecer escritores novos que publicarán aí os seus primeiros libros.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.

Tiña que ser precisamente eu:
a voz máis feble e cativa
que deu o noso pobo,
a menos autorizada e harmoniosa
a que clame na tebra,
no deserto,
no ermo e no baleiro.
Sobor desta terra vella,
raigaña de onde vimos
dende a orixe do tempo,
lembro a historia dos meus
que sucumbiron ao ferro
dos conqueridores,
ás razóns dos poderosos,
á avaricia dos máis fortes...
(Aldraxe contra a Xistra, 1973)
Fotografía de Xurxo Lobato da serie Galegos na Escaleira

Lembrade que está á venda o libro Crónicas de Carballo V de Xan Fraga. Na A.C. Lumieira e librarías de Carballo.
20/08/2026

Lembrade que está á venda o libro Crónicas de Carballo V de Xan Fraga. Na A.C. Lumieira e librarías de Carballo.

Crónicas de Carballo V, de Xan Fraga, á venda en librarías de Carballo
18/07/2026

Crónicas de Carballo V, de Xan Fraga, á venda en librarías de Carballo

Os nosos Parabéns á  organización. Todo un éxito!!👏🏾
14/07/2026

Os nosos Parabéns á organización. Todo un éxito!!👏🏾

Os ingresos aproximados: 33.680 euros. O Concello fai balance da 20.ª edición da PLIC e reafirma o impacto cultural e económico da cita, concluída este domingo

13/07/2026
Parabéns ao concello de Carballo por unha exitosa 20 edición da Praza dos Libros e moitas grazas por concedernos unha ca...
12/07/2026

Parabéns ao concello de Carballo por unha exitosa 20 edición da Praza dos Libros e moitas grazas por concedernos unha caseta na neste ano no que celebramos o 50 aniversario da Asociación, polo traballo, compromiso e colaboracion en prol da cultura que ambos compartimos. Moitas grazas por acoller a nosa proposta de incluír a taberna O Bodegón no roteiro literario e por facer unha fermosa edición do relato de Xurxo Borrazás. Parabéns tamén a todas as persoas que participaron na programación, autoras e autores que presentaron e asinaron libros, librarías, etc.

Longa vida á Praza dos Libros!

mola❤️



O pasado venres 10 de xullo vivimos unha desas xornadas que quedan gravadas na memoria. Neste 50 aniversario da asociaci...
12/07/2026

O pasado venres 10 de xullo vivimos unha desas xornadas que quedan gravadas na memoria. Neste 50 aniversario da asociación agardabamos con tanta emoción a presentación do último libro de Xan Fraga, "Crónicas de Carballo V", que o acto pasóusenos voando. Porén, o seu eco permanece e aínda hoxe seguimos a lembrar e debater sobre todo o que alí transmitiu o autor.
O valor deste libro vai máis alá do puramente académico, Xan Fraga consegue rescatar a intrahistoria de Carballo. En cada unha das súas crónicas brila a voz da xente sinxela, esas testemuñas directas que viviron ou lembran de primeira man os acontecementos que foron moldeando a nosa identidade. É a historia contada desde o corazón do pobo.
Queremos expresar o noso máis fondo agradecemento a Xan por:
- A súa entrega absoluta á recuperación da memoria local.
- O seu rigoroso e incansable traballo de investigación.
- O seu altruísmo e xenerosidade, ao ceder os dereitos de autor desta obra á Asociación Cultural Lumieira, un proxecto do que foi socio fundador e do que, con gran orgullo para nós, segue a ser parte activa na actualidade.
Grazas Xan por seguir iluminando o pasado de Carballo para que non esquezamos quen somos.❤️

Lumieira na PLIC. Tarde-noite intensa a do pasado venres para a A.C. Lumieira, dentro do programación da Praza dos Libro...
12/07/2026

Lumieira na PLIC. Tarde-noite intensa a do pasado venres para a A.C. Lumieira, dentro do programación da Praza dos Libros 2026. Ás 20:00 presentouse a agardada publicación do Crónicas de Carballo V, polo seu autor Xan Fraga e Desireé Domínguez. Logo, ás 22:00, fíxose efectiva unha nova proposta de Lumieira, colocándose unha placa na taberna "O Bodegón" e engadíndoa deste xeito ao rueiro literario de Carballo, cun texto de Xurxo Borrazás. Moitísimas grazas ao Concello de Carballo e a organización da PLIC!



María Solar ou Cecilia F. Santomé pecharán as presentacións dunha Praza inzada de talento local. As chuvias obrigaron a suspender onte a última das presentacións

11/07/2026

PLIC! 📖📚 | O sábado na Praza dos Libros agárdate unha xornada chea ata arriba de actividades: encontros con autoras e autores e moitas historias por descubrir. Presentacións, sinaturas, retratos con retranca, regueifa ou circo dan forma a un día para desfrutar da literatura no Xardín Municipal. Agardámoste!

⏬️ Programa completo en PDF clicando aquí:https://carballo.gal/.../upl.../2026/07/ProgramaPlic2026.pdf

Dirección

Carballo
15100

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Cultural Lumieira publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Asociación Cultural Lumieira:

Atajos

Compartir

Categoría