09/07/2026
https://www.facebook.com/share/p/1PkLxzCLbD/
«XUNTANZA. DI-VERSOS. LECTURA DE MANIFESTO»
Desde a Plataforma Reiseñores NEE /NEAE Costa da Morte vimos de declarar o 12 de Xullo «Día da Diversidade da Costa da Morte» como unha data de celebración e reivindicación do diverso.
Queremos que este día sexa o día en que todas as familias berremos o orgullo de SER e o dereito a ESTAR
Queremos «Diversidade a toda Costa»
Esiximos respecto. Que non se escatime. Que non se recorte. Que non se regatee cos nosos dereitos.
Queremos recursos e queremos vida.
Queremos ter os recursos necesarios para vivir a vida coa maior autonomía posíbel en todas as etapas da nosa vida.
Imaxinemos un mundo onde as políticas inclusivas inclúan de verdade ás persoas que din incluír.
Imaxinemos un mundo onde collamos todas.
Imaxinémolo e construámolo entre todas.
Ven a deixar a túa pegada connosco.
Agardámosvos!
🗓️ 12 de Xullo Día da Diversidade.
🕦 11:30h
🛝 Parque de Sardiñeiro (Fisterra)
Plataforma "Reiseñores" NEE/NEAE Costa da Morte