LENDA Educativa

LENDA Educativa 🍃Centro educativo cunha oferta única adaptada e individualizada 🍃Pedagoxía vivencial e experimental

🍃EXPLORANDO A CALMA🍃Un espazo para parar, sentir… e respirar!O pasado sábado, no obradoiro de Mindfulness  exploramos to...
13/06/2026

🍃EXPLORANDO A CALMA🍃

Un espazo para parar, sentir… e respirar!
O pasado sábado, no obradoiro de Mindfulness exploramos todos os sentidos e deixámonos levar pola experiencia.

Risas, conexión e momentos moi especiais 💫

Grazas de corazón por formar parte 💚
Seguimos creando xuntos 🌿
🍃Seguimos medrando en común 🍃

🍃 VISITAS PARA APRENDER 🍃Hai uns días tivemos unha visita dentro do programa Plan Director 😊A Garda Civil de Tráfico 🚓ac...
05/06/2026

🍃 VISITAS PARA APRENDER 🍃

Hai uns días tivemos unha visita dentro do programa Plan Director 😊

A Garda Civil de Tráfico 🚓achegouse ata o noso centro para falarnos de educación viaria e aprender un montón de cousas importantes para o día a día na estrada 🚸

Queremos dar as grazas a Rubén, por compartir este tempo con nós, pola cercanía e explicalo todo tan ben e facelo tan ameno 🙌

Este programa axúdanos a coñecer mellor as nomas para ir con mais seguridade e confianza pola rúa, prepáranos para vivir en comunidade dun xeito mais seguro💚

🍃VISITA A  CASAS NOVAS 🐎🍃Esta semana visitamos a Hípica Casas Novas. Achegámonos aos cabalos, coñecémolos de preto e pux...
29/05/2026

🍃VISITA A CASAS NOVAS 🐎🍃

Esta semana visitamos a Hípica Casas Novas.

Achegámonos aos cabalos, coñecémolos de preto e puxémonos mans á obra: almorzo listo con cenorias e mazás 🥕🍎 e fixemos o reparto con moita ilusión.

Despois, tempo de coidados: cepillos, mimo e conexión con cada un deles 🤎

Para rematar, un paseo tranquilo ata a zona verde de pasto 🌿, gozando da calma e da natureza.

Un día diferente, cheo de aprendizaxe, respecto polos animais e momentos para lembrar.
Grazas pola acollida e por esta experiencia tan especial !💚

🍃EXPLORANDOA CALMA🍃Un espazo para parar, sentir… e respirar!Mindfulness a través dos sentidos para nenos/as de 6 a 21 an...
25/05/2026

🍃EXPLORANDO
A CALMA🍃

Un espazo para parar, sentir… e respirar!

Mindfulness a través dos sentidos para nenos/as de 6 a 21 anos

📅 6 de xuño | ⏰ 11:00–12:30

Xogaremos, moverémonos e escoitaremos o corpo para descubrir ferramentas que nos axuden a relaxarnos e entender as nosas emocións 💚
✨ Un pequeno refuxio de calma no día a día ✨

📩 Prazas limitadas

🍃 17 MAIO 💙 LETRAS GALEGAS EN LENDA🍃En Lenda celebramos o Día das Letras Galegas 2026 💙💚Este ano dedicado a Begoña Caama...
17/05/2026

🍃 17 MAIO 💙 LETRAS GALEGAS EN LENDA🍃
En Lenda celebramos o Día das Letras Galegas 2026 💙💚
Este ano dedicado a Begoña Caamaño, referente da nosa cultura e da nosa lingua.
Grazas ao Concello de Carballo polo material achegado, encántanos 🙌
Sigamos facendo medrar a nosa lingua cada día!

🍃 OBRADOIRO LENDA  PRIMEROS AUXILIOS🍃 🆘  Unha mañá moi ben aproveitada 💪✨Aprendizaxe, participación e moitas ganas de se...
15/05/2026

🍃 OBRADOIRO LENDA PRIMEROS AUXILIOS🍃 🆘
Unha mañá moi ben aproveitada 💪✨
Aprendizaxe, participación e moitas ganas de seguir formándonos.
Grazas a todas as persoas participantes pola súa implicación 🙌❤️
No cole tamén aprendemos primeiros auxilios 🚑, adaptados ás nosas capacidades, porque estar preparados é fundamental.

🍃OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS CON LENDA EDUCATIVA🍃📅 Data: 9 de maio 2026📍 Lugar: Carballo⏰ Horario: 10:00 a 14:00hApr...
30/04/2026

🍃OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS CON LENDA EDUCATIVA🍃

📅 Data: 9 de maio 2026
📍 Lugar: Carballo
⏰ Horario: 10:00 a 14:00h

Aprende habilidades básicas que poden salvar vidas:
👥 Dirixido a todas as persoas, sen necesidade de experiencia previa.

💡 Praza limitada — inscrición previa obrigatoria. De balde.
📱 Whatsapp 671054806

Non perdas a oportunidade de formarte e gañar confianza para actuar en situacións de emerxencia.
A túa preparación pode salvar vidas|

🍃TALLER DE COCIÑA: TORTILLA DE PATACAS 🍃Hoxe no taller de cociña do cole puxémonos mans á obra... e menuda festa! 🥔🍳🎉Pel...
29/04/2026

🍃TALLER DE COCIÑA: TORTILLA DE PATACAS 🍃
Hoxe no taller de cociña do cole puxémonos mans á obra... e menuda festa! 🥔🍳🎉

Pelamos patacas, troceámolas e colaboramos entre todos para conseguir un resultado final que despois degustamos xuntos 😋

Con esta actividade traballamos a autonomía, a coordinación, o traballo en equipo e seguimos gañando confianza nas nosas habilidades 💪✨

Aprender, cociñar, pasalo xenial e comer… así dá gusto! 😄

🍃 📚23 de abril – Día do Libro en Lenda 📚🍃Hoxe celebramos o Día do Libro dunha forma moi especial e creativa.Transformamo...
23/04/2026

🍃 📚23 de abril – Día do Libro en Lenda 📚🍃
Hoxe celebramos o Día do Libro dunha forma moi especial e creativa.
Transformamos unha das nosas aulas nunha pequena imprenta, onde elaboramos libros personalizados para os compañeiros . Unha experiencia única que nos permitiu achegar o proceso de creación dos libros e poñer en valor o mundo da lectura e da escrita.
Ademais, gozamos dun fermoso contacontos, compartindo historias, risas e momentos que nos lembraron o poder que teñen os libros para unirnos e facernos viaxar sen saír do sitio.

🌊🍃Voltamos á nosa aventura no mar! 🍃🌊En Lenda Educativa damos comezo a unha nova tempada de surf adaptado, un espazo ond...
22/04/2026

🌊🍃Voltamos á nosa aventura no mar! 🍃🌊

En Lenda Educativa damos comezo a unha nova tempada de surf adaptado, un espazo onde o mar se converte en escenario de aprendizaxe, superación e goce compartido.

Arrincamos con ilusión este proxecto no que cada neno e nena terá a oportunidade de achegarse ao surf dende o seu propio ritmo, descubrindo as súas capacidades e conectando coa natureza dun xeito único e respectuoso.

O obxectivo vai moito máis alá de coller ondas: buscamos crear experiencias significativas, fomentar a autonomía, fortalecer a confianza e construír un vínculo real co entorno natural.

Durante as próximas semanas, a praia será o noso punto de encontro, un lugar onde medrar, experimentar e compartir momentos que deixan pegada.

Xunto con e iniciamos este camiño cheo de aprendizaxes, emocións e novas conquistas.

Imos ao mar! 🌊💙

Dirección

CEEPR Lenda Educativa. Gontade, Ardaña. Concello De Carballo
Carballo
15109

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando LENDA Educativa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a LENDA Educativa:

Atajos

Compartir

Categoría