09/09/2026
🏫 Hoxe comeza un novo curso… e hai 40 anos tamén comezaba unha nova historia.
Coincidindo co inicio deste curso, viaxamos atrás no tempo ata aquel día de hai 40 anos no que o noso colexio abría as súas portas por primeira vez.
📸 Esta fotografía da inauguración lévanos a aquel momento no que todo estaba por vivir: os primeiros alumnos, os primeiros profesores, os primeiros días de clase…
Hoxe volvemos abrir as portas para comezar un novo curso e un novo capítulo desta historia que xa suma catro décadas.
💙 40 anos despois, seguimos comezando xuntos.
🎒 Bo comezo de curso a toda a comunidade educativa!