13/05/2026
Desde o 11 de maio, unha profesora
do noso IES, Laura Gonzalo, está a facer unha visita profesional a algúns centros no distrito de Matosinhos, no norte de Portugal, xunto a profesorado doutros centros do radio de acción do CFR da Coruña.
A primeira visita tivo lugar na mañá do martes 12, na que tivo a oportunidade de coñecer a Escola Secundaria da Boa Nova, na que se imparten estudos de 3º Ciclo de Ensino Básico, Cursos Científicos- Humanísticos e Cursos Profesionais a un total de 938 estudantes.
Resultou unha experiencia moi enriquecedora na que se poideron aprezar similitudes e diferenzas co sistema educativo galego e observar diferentes situacións de aprendizaxe, asícomo a estrutura organizativa e de espazos dunha escola secundaria de Portugal.